CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


ENCONTROS E ENSINO DE XADREZ


Retomamos os sábados de ensino e encontros de Xadrez no Centro do CDR Portas Abertas na Rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.
O primeiro e último sábado de cada mes de 16:00h a 17:30h xuntarémonos para aprender, compartir, ensinar...
Comezamos o día 5 OUTUBRO.
Se queres participar inscribete nos teléfonos 988989508 ou 988417232, rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 26-09-2013 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
SIX E CARTOGRAFÍA. BASES DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO


Onte foi toda unha honra contar coa colaboración de Rodolfo Núñez de las Cuevas no Curso de Sistemas de Información Xeográfica.
Unha distendida e amena charla sobre a historia da cartografía, chea de recordos e experiencias propias que non deixou indeferente a ninguén.
Presentounos o seu libreto de 1977 sobre Sistemas de Información Geográfica del Instituto Geográfico y Catastral.
E deunos a noraboa por realizar un curso destas características na nosa Comarca, animando a todos os participantes a loitar polos seus obxectivos.

Grazas Rodolfo!
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 25-09-2013 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE ESPAÑOL PARA INMIGRANTES


Despois das vacacións de verán, retomamos o "Curso de español para inmigrantes" no Centro do CDR Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.
Comezamos o mércores 25 de setembro ás 16:00h ata ás 18:00h.
Todos os mércores clases de lectoescritura, de ortografía e gramática...

Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión e cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo.

Información e inscricións nos teléfonos 988417232, 988989508 ou centro do CDR en Verín.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 24-09-2013 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS


Despois de tres anos participando en limpezas de ríos a través do Programa de Voluntariado en ríos, esta vez sumámonos a iniciativa PROXECTO RÍOS da asociación ADEGA.
A través deste proxecto levarase a cabo unha limpeza de ríos simúltanea en toda Galicia para manter en bo estado de conservación os nosos ecosistemas fluviais.

ACHÉGATE E PARTICIPA: LIMPEZA DO RÍO TÁMEGA O DÍA 29 DE SETEMBRO ÁS 11:00H.
Para máis información e inscricións: 988417232 ou 988989508, rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (1) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 18-09-2013 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS!


Dende o CRD Portas Abertas encantaríanos que compartises con nós novas ideas.
Se tedes algo de tempo libre e algunha habilidade, ou simplemente che gustaría colaborar con nós... Animádevos!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-09-2013 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA

Curso online de 50h de duración do 27 de setembro ao 31 de outubro de 2013.
Dirixido a persoas ocupadas: traballadores/as e/ou propietarios de industrias do sector e agroalimentario.

Abordaranse os seguintes módulos formativos: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo (10h), Riscos xerais e a súa prevención (25h), Riscos específicos e a súa prevención no sector agroalimentario (5h), Elementos básicos de xestión da prevención de riscos (5h) e Primeiros Auxilios (5h).
Este programa formativo é financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Para máis información e inscricións: 988417232, 988989508 ou rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 03-09-2013 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
SIX E CARTOGRAFÍA. BASES DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O vindeiro 24 de setembro ás 19:30h terá lugar a charla "SIX e cartografía. Bases do desenvolvemento económico" impartida polo ilustre Rodolfo Núñez de las Cuevas.
A súa experiencia vai dende cargos como enxeñerio do Instituto Geográfico Nacional (IGN) na área de cartografía, Instituto do que despois sería director; Investigador principal en proxectos realizados coa Nasa e pioneiro na aplicación e desenvolvemento da teledetección espacial con fins cartográficos.
Durante o seu mandato como director xeral do IGN, entre outras actuacións relevantes, cabe sinalar o inicio da formación e publicación do Mapa Topográfico Nacional 1:25.000; rematáronse os mapas provinciais a 1:200.000; encetouse a formación de ortoimaxes con fins catastrais; comezouse o Sistema Nacional de Información Geográfica... e un sinfín máis de traballos, creación de instalacións, investigacións, docencia...

Esta charla está incluida dentro do "Curso de SIX", pero estará aberta a tódalas persoas interesadas tanto no tema como en coñecer a persoa de Rodolfo Núñez de las Cuevas. Non é necesario ser alumno/a do curso.
Para inscribirse: teléfonos 988417232 ou 988989508 ou ben no correo rural@cdrportasabertas.org

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 03-09-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0