CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


GALEGO E ESPAÑOL PARA INMIGRANTES

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 25-09-2011 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO COA AUTORA DE ABSURDOS SENTIMENTOS. HILDA FERNÁNDEZ
Tras a lectura de Absurdos Sentimentos o club de lectura Portas Abertas reúnese o vindeiro venres 16 de setembro para compartir impresións, cuestións... coa súa autora, Hilda Fernández.
Ela mesma describe que o seu libro como "unha obra sumida na imperfección da miña curta idade. Un momento de reflexión cheo de sentimentos absurdos que un día brotaron da miña mente".
Apaixoada da literatura dende moi cativa, sempre en estreita relación co seu amor pola música; achegarnos este venres un pouco máis ao seu interior e compartirá con nos os seus "Absurdos sentimentos".

Blog de Hilda Fernández Rodríguez

Non o dubidedes, achegaros polo Centro de Interpretación do Contrabando o venres 16 de setembro ás 18:00h.




ENTRAÑABLE ENCONTRO CON HILDA.



Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 12-09-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
VOLTA DE VACACIÓNS DO CLUB DE LECTURA

No mes de setembro regresa o club de lectura Portas Abertas con novas lecturas e actividades complementarias.
Se che gusta ler e compartir o que les, anímate e participa! Coñeceremos libros, autores, compartiremos a nosa lectura, coñeceremos a "mirada do outro"... Títulos como Absurdos Sentimientos de Hilda Fernández, autora local; Merlín e Familia de Álvaro Cunqueiro, homenaxeando o seu 100 Aniversario; Calzados Lola e O sol de verán para seguir a coñecer autores galegos, Suso de Toro e Carlos Casares; Seda de Alessandro Baricco para mergullarnos no mercado e na ruta dos gusanos de seda... ademáis enriqueceremos as nosas lecturas con actividades complementarias como un encontro coa autora Hilda Fernández, viaxe a Vigo para facer o roteiro de Álvaro Cunqueiro e visitar a exposición "No niño novo do vento, Cen anos con Álvaro Cunqueiro 1911-2011", adaptacións cinematográficas...

Se queres participar ponte en contacto co Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.
Tlf. 988417232
E-mail:rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 01-09-2011 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0