CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


XOVES 1 E XOVES 8 DE OUTUBRO-----OBRADOIRO MULLERES II----
Despois de formarnos con éxito os anos anteriores a través do Programa TEMPOS DE MULLERES da SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE (Xunta de Galicia), este segundo módulo procura por medio de dinámicas agradables e divertidas traballar o autocoñecemento, pautas para mellorar a autoestima, a toma de decisións, os usos do tempos das mulleres, e o reparto de responsabilidades.

Tamén analizará a imaxe da muller na publicidade.

O papel das mulleres no Século XXI.


ESTES RATOS AMENO DE APRENDIZAXE, LEVARASE A CABO NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO EN VILARDEVÓS.

A PARTIRES DAS 19.15 horas.

Mais información e inscricións no 988 41 72 32.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-09-2009 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
GRAN ANDAINA - VISTA PINTORESCA- e outras propostas para Outubro
ANDAINA VISTA PINTORESCA, poderás ver dende as alturas gran parte da provincia de Ourense.

Comenzará no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós e enlazará este concello co de Castrelo do Val..

DÍA: SÁBADO 10 de outubro de 2009

SAÍDA E PERCORRIDO:

8.30H Centro de Interpretación do Contrabando. (A 730m de altura aprox).

- San Roque 1,4 km.

- Nacional 525 (a través da Flaira, Devesa, Osoño): 6,8km.

- Monteveloso (por Valdeguas, Portozón e Penavoeira): 6,4 km.

- Fontefría (polo alto de Servoi e Vilar) : 5,3 km.

- Alto do Foxo (ao carón de Peña Nofre): 2,5 km. (A 1.200m de altura aprox).

TOTAL: 22,4 KILÓMETROS

Tempo estimado 5 horas.

DIFICULTADE MEDIA.

RECOMENDACIÓNS:
Levar bo calzado, bebida, comida, ganas de camiñar e cámara de fotos.


Ter apoio propio para a volta (non hai autobuses).

ANIMÁDEVOS o esforzo merece a pena.

FOTOS D@S VALIENTES CAMIÑANTES POLA VISTA PINTORESCA:
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 16-09-2009 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES NA AULA RED CONECTA DE VERÍN

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 16-09-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
FORMACIÓN PARA PERSOAS CON DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL
CAMBIO DE UBICACIÓN:
Celebrarase o Curso na AULA 22 da CASA DA MÚSICA de Verín.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-09-2009 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE SETEMBRO, VOLTA O CLUB DE LECTURA
O vindeiro 25 de setembro ás 17:30h o Club de Lectura "Portas Abertas" vólvese a reunir tras suspenderse a actividade durante o mes de agosto.

Se che gusta ler e compartir as túas lecturas, achégate polo Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós ou ben infórmate no teléfono 988417232.

Coñeceremos máis libros, máis autores e autoras, compartiremos lecturas, coñeceremos xente e maila "súa mirada"... Algúns dos títulos que se seleccionarán: Madame Bovary de Flaubert, El niño con el pijama de rayas de John Boyne, Brooklyn Follies de Paul Auster, As palabras da néboa de Francisco Castro... e moitos máis!

ADEMÁIS SE TAMÉN CHE GUSTA ESCRIBIR REALIZARÁNSE NO MES DE OUTUBRO -OBRADOIROS DE ESCRITURA-.

TAMÉN ORGANIZAREMOS ECONCONTROS CON OUTRAS CLUBS E VISITAS DE ESCRITORES/AS A VILARDEVÓS.

INFÓRMATE.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 08-09-2009 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0