CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CONVIVENCIA VERÁN ABERTO
Está a piques de rematar o verán e con el a actividade de VERÁN ABERTO, e como despedida o xoves 30 de agosto celebramos unha convivencia en Vilardevós entre todos os nenos/as participantes.

Pola mañá visitamos a Cidadella e a área recreativa de Segirei e pola tarde estivemos na piscina en Viladevós, onde nos bañamos e xogamos nas colchonetas.

So nos queda dar as grazas a todos/as participantes, os pais e nais, as monitoras, ao voluntariado e a Fundación SM por apoiarnos unha vez máis.

Pero as actividades non rematan, en breve retomares o reforzo escolar, a informática e o inglés polas tardes, para as que xa contamos tamén co apoio da Fundación Espadaña.


Ata pronto, vemonos no verán de 2013.




Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 31-08-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
COMPETENCIAS CLAVE

O pasado 6 de agosto retomamos a formación en Competencias Clave do Nivel II en colaboración cos equipos de Inserción Socio Laboral de Xinzo de Limia e co Servizo de Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar, cos que en breve poremos en marcha novas actividades formativas.

O día 1 de outubro en horario de mañá, comezará o Curso de Caixeiro destinado a persoas en risco ou situación de exclusión social para capacitalos en habilidades cara a atención ó cliente, no dominio das técnicas e aptitudes que permiten rexitrar e cobrar nas operacións de compra-venta mediante a utilización de distintos medios de pago, efectuar embalado/empaquetado de produtos, resolver e canalizar reclamacións, colabor no mantemento operativo do punto de venta...


Estas actividades formativas están subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinenciamento por parte do FSE do 80%.

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 31-08-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
A ECOLOXÍA E O GRELO VERDE NUNHA XORNADA
En Pazos celebrará esta asociación o 8 de setembro unha interesante xornada, ver información e cartel no seu blog:

APRENDEMOS A CONSUMIR PRODUTOS ECOLÓXICOS.

A consumir, a colleitar, a valorar...interesante.
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 23-08-2012 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
RUTA DO CONTRABANDO, VERÁN 2012

Camiñata ao amencer por terras de contrabandistas.
Saída e chegada a Arzádegos (Vilardevós, Ourense), perto de muiños e camiños con historias caladas de contrabando.

Inscribirse con anterioridade para facer previsión do chocolate e churros.

Esperámosvos.


Xa está a Ruta sinalada, guiaranos Beni "Cienfuegos", veciño de Florderrei, gran coñecedor destes camiños, en tempos tamén de noite. Traede auga, roupa e calzado cómodo.
Daranos apoio Protección civil de Vilardevós pero hai que facer caso das indicacións que repasaremos ao comezo.

--------FOTOS DA XENTE E DOS LUGARES DA ENTRAÑABLE MAÑÁN QUE PASAMOS POR TERRAS DE CONTRABANDISTAS
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 08-08-2012 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
CONTO DE CONSUMO RESPONSABLE
O pasado 2 de agosto pola mañá a escola galega de consumo, un ano máis colaborou nas actividades que o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas está levando a cabo cos nenos/as en Vilardevós e Verín, impartindo o obradoiro "Conto de Consumo Responsable".

O aprendido pode ser de moita utilidade sobre todo na situación actual, é preciso que os nenos/as aprendan que non sempre se pode conseguir todo o que se quere e os pais/nais que aprendan a dicir que non.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-08-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0