CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


ROMPENDO A FENDA DIXITAL NO RURAL


A fenda dixital afecta a unha gran parte da poboación que por mor dos avances tecnolóxicos quedan relegados ao analfabetismo dixital. Con ensinanzas axeitadas e personalizadas dende Portas Abertas tratamos de que cada vez mais xente adquira coñecementos básicos que lle sirvan para logo seguir avanzando por eles mesmo.

Así o están a acadar este grupo de Feces de Abaixo, aplicado e moi constante.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 31-08-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO PARA NENOS E NENAS


O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas inscribiuse nos Obradoiros da Escola de Consumo, que o luns 29 de agosto achegouse ao Centro de Interpretación do Contrabando(Vilardevós), para ofrecerlles aos nenos e nenas do medio rural o Obradorio "A nosa fábrica de xoguetes" e "Imos crear un videoxogo".

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-08-2011 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
RUTA DO CONTRABANDO VERÁN 2011

Ruta pensada para as persoas que están a desfrutar do seu pobo ou están de turismo polo Concello de Vilardevós, así coma amigos e familiares da zona que tamén queiran acompañar.

Colleremos forzas con chocolate e churros ás 7.30h no Centro do Contrabando en Vilardevós, e ata agotar existencias levarán unha camiseta de agasallo cortesía do Centro Veterinario Albeitar de Verín.

Despois da Ruta queda todo o día para desfrutar das Festas na Honra de San Roque en Vilardevós.

__________________________________________________





O Domingo 21 de agosto 90 persoas levantáronse para percorrer pola fresca 13 km da Ruta do Contrabando.

Para coller forzas tomamos chocolate con churros e coma agasallo unha camiseta este ano patrocinada polo CENTRO VETERINARIO ALBEITAR DE VERÍN, ata agotar existencias.

Sobre as 12h xa rematáramos o percorrido pola Ribeira de Vilardevós, o alto de Penas Ceibes, a Ermida de Portas Abertas a baixada ata as Picotas, as vistas, a paisaxe, as conversas, e as anecdotas coma a familia cos dous cativos dan fe da boa xornada que pasamos e mostrámolos nas fotos de varios colaboradores.

Agradecementos a Protección Civil do Concello de Vilardevós, ás persoas voluntarias do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas que fixeron posible que sexa xa o terceiro ano dunha actividade consolidada. Ata o próximo verán.
Comentarios (1) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 04-08-2011 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0