CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CURSO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS con saídas laborais na forestal. XA NON HAI PRAZAS

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-08-2009 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
+ E + RUTAS DO CONTRABANDO 2009 - XOVES 27 AGOSTO
Entre as mais de 70 persoas que participaron o sábado 22 na Ruta do Contrabando organizada polo CDR Portas Abertas, no camiñar daquel día, xurdíu a idea de querer seguir coñecendo as rutas existentes, sobre todo entre un grupo de persoas que a maior parte do ano están fóra.

Para revivir o ben que o pasaron decidiron pola súa propia conta organizar unha andaina o XOVES 27 DE AGOSTO ás 8 da mañá, saída diante do Concello de Vilardevós, dirección AS PICOTAS-FLORDERREI-ERMIDA DE PORTAS ABERTAS-SERRA DE PEÑAS LIBRES-SALTO DO CABALO-VILARDEVÓS-CENTRO DO CONTRABANDO.

Dende o CDR Portas Abertas publicitamos esta iniciativa surxida espontaneamente, que contará con voluntarios/as da entidade como guías, e sobre todo conta con ganas de camiñar, explorar o noso entorno e compartir pasos.


ANIMÁDEVOS QUENES ESTEDES AÍNDA DE VACACIÓNS E ACUDIDE ÁS 8 O XOVES A VILARDEVÓS,
BOA ANDAINA.
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 25-08-2009 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO PARA PERSOAS ACTIVAS puntuable en contratacións da administración ¡¡ XA NON HAI PRAZAS !!

GRATUÍTO, pero con seguemento de asistencia xa que inspeccionan dende a Subdelegación do Goberno.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-08-2009 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
ALGUNHAS FOTOS...GRAZAS POLA PARTICIPACION...VÉMONOS PRONTO NOUTRA

FOTOS NOLI

RUTAS DO CONTRABANCO VILARDEVÓS

NOVA NA REGIÓN

Comentarios (3) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 11-08-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZARON A RODAR...

14 rapazas e rapaces de Vilardevós, comezaron o martes a patinar.
A pesares dalgunhas caídas no primeiro día o empeño e as ganas farán que ao longo do mes de agosto roden polas costas de Vilardevós ou das súas aldeas.

Itziar a monitora, con paciencia e motivación está a facer desta unha iniciativa divertida.

Grazas á colaboración do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós polo préstamo das súas instalacións deportivas.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-08-2009 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
VOLTAMOS EN SETEMBRO
Durante o mes de agosto o club de lectura "Portas Abertas" está de vacacións.
Dende o ano pasado un grupo de persoas reunímonos cada quince días para comentar a un mesmo tempo libros que estabamos a ler. O noso fin foi manter o amor pola lectura, coñecer libros e autores, compartir a lectura e coñecer a mirada doutro/a. Foi tamén un espazo de socialización, coñecendo xente e compartindo lecturas, onde os demais tamén contan.

No mes de setembro voltamos con novas lecturas e animamos a participar a todo/a aquel/a que o desexe. Para máis información no C.D.R. Portas Abertas-Centro de Interpretación do Contrabando, Vilardevós. Teléfono: 988417232
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 04-08-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0