CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


INNOVACIÓN NA XESTIÓN EMPRESARIAL DE PEQUENAS INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS NO MEDIO RURAL


Curso dirixido a persoas en activo do sector agroalimentario no que se aboradarán temas como: a innovación na xestión, o control contable, a xestión fiscal, as novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas a empresa, os novos procesos de comercialización, as novas fontes de financiación...
O curso impartirase no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós (beca de desprazamento) durante os meses de setembro e outubro en horario de tarde, cunha duración de 36 horas.
Financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Social Europeo

Inscricións e matrículas no teléfono 988417232 ou no 988989508 ou ben en rural@cdrportasabertas.org.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 29-07-2013 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA


Se estás interesado en coñecer as posibilidades que ofrece o SIX, actualmente moi extendido, tendo un papel clave en moitos sectores: dende o GPS do noso coche ata a xestión de incendios, a xestión de tuberías dunha empresa de gas, mapas de uso do chan, análise do territorio...

Informáte e inscríbete nos teléfonos 988417232 ou 988989508 ou ben en rural@cdrportasabertas.org

O curso está destinado a persoas en activo (prazas limitadas) e impartirase no Centro do CDR Portas Abertas en Verín nos meses de setembro e outubro, cunha duración de 40 horas.

Subvencionado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Fondo Social Europeo.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 29-07-2013 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos para persoas activas do sector agrogandeiro
Un ano máis o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas impartirá cursos para persoas activas do sector agrogandeiro, durante os meses de setembro e outubro, subvencionados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Fondo Social Europeo.
Concretamente as accións formativas son:
- "Sistemas de Información Xeográfica".
- "Innovación na xestión empresarial de pequenas industrias agroalimentarias no medio rural".

Interesados/as apuntarse no: 988417232/988989508
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 19-07-2013 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
COMPETENCIAS CLAVE NIVEL II
Dende o C.D.R Portas Abertas queremos felicitar os/as alumnos/as do curso de competencias clave do nivel II que se presentaron os exames do Instituto Galego de Cualificacións do 22 de xuño, polos bos resultados obtidos.
Así mesmo, informamos que no mes de setembro retomaremos esta actividade formativa cun novo grupo de alumnos/as.

Os/as interesados/as xa poden apuntarse nas oficinas da entidade ou chamando os teléfonos: 988989508/ 988417232.

Esta actividade está destinada a persoas en risco de exclusión social e realizase coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar no marco do II Plan Galego de Inclusión Social.
http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave;jsessionid=051E8C897DF54E21A49E5DEA173BA731
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 15-07-2013 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE LECTURA DE VACACIÓNS

O vindeiro xoves 11 de xullo o club de lectura vaise de vacacións, non sen antes reunirse no Centro de Interpretación do Contrabando ás 16:00h para comentar a novela de Almudena Grande, Los aires difíciles.

Nesta novela Juan Olmedo e Sara Gómez son dous estraños que se instalan na costa gaditana dispostos a reiniciar as súas vidas. Ambos arrastran un pasado ben diferente en Madrid, e, sen buscalo, intercambiarán confidencias e camaraderías. Mentras Sara sufre o estigma de quen o tivo todo e logo perdeuno, Juan Olmedo fuxe dunha traxedia familiar e un torturante amor segredo. Como nos aires difíciles que soplan bonancibles ou borrascosos na costa atlántica, as súas vidas axítanse ao ditado dun destino inhóspito, pero eles afirman a súa vontade de canalizalo ao seu favor.

VOLVEREMOS EN OUTUBRO CON NOVAS LECTURAS QUE COMPARTIR.
Se queres participar infórmate no teléfono 988417232
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 09-07-2013 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN MAGIKLAND
Como punto final as actividades "Ao saír de clase... Xuntámonos", levadas a cabo durante todo o curso escolar, realizamos unha excursión o venres 28 de xuño, cos nenos e nenas e mais os pais, a Magikland en Penafiel e a Scorpio en Guimaraes (Portugal).

Pasamos un divertido e gran día!




Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 09-07-2013 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0