CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


PORTAS ABERTAS A INTEGRACIÓN

Nenos/as e nenas de 7 nacionalidades diferentes participan nas actividades de verán que o CDR Portas Abertas está a levar a cabo en Verín e Vilardevós co apoio da Fundación Santamaria.
Contamos con nenos/as do Sáhara, Colombia, Brasil, Venezuela, España, Inglaterra e Ecuador que cada día comparten xogos e aprendizaxe.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 31-07-2012 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Vacacións pedagóxicas e divertidas no VERÁN ABERTO.
VERÁN ABERTO en Verín e en Vilardevós.
Combinaranse en Verín xogos e aprendizaxe en áreas coma a lectura e escritura, idiomas (o mércores pola mañá), xogos matemáticos e de estratexia coma os xogos de mesa (xadrez, dominó, parchís...os martes e xoves), obradoiros de consumo responsable, supervivencia doméstica, exploracións polo pobo e vila, medioambientais e de ecoloxía, multiculturais, tradicionais, novas tecnoloxías (luns), videoteca (venres), etc.

Tamén traballaremos tódolos días algo de reforzo escolar.

Contamos con persoas voluntarias que aportan a súa sabiduría e tempo nas distintas actividades da entidade: medioambientais, sociais, de formación...

VERÍN



En Verín, Rúa Mariano Carrero 10.

VILARDEVÓS


CO APOIO DE FUNDACIÓN SM
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 05-07-2012 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXE DIDÁCTICA E FIN DE CURSO A BAIONA
Cos nenos e nenas que ao longo do curso escolar participaron nas actividades extraescolares de reforzo, xadrez, medioambiente, ocio, etc, levamos a cabo, coma tódolos anos, unha merecida excursión á praia.
Fomos a Virxe da Roca e a praia en Baiona, foi tamén unha convivencia intercultural, empatizaron todos, algúns sen coñecerse, e xogamos e rimos un montón.

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 02-07-2012 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
VACACIÓNS DO CLUB DE LECTURA
Tras a lectura de El Abanico de Seda da escritora Lisa See, o club de lectura Portas Abertas pon vacacións ata setembro.

Esta lectura levounos ata unha remota provincia de China, onde as mulleres crearon fai séculos unha linguaxe secreta para comunicarse libremente entre si: o nu shu. Aisladas nas súas casas e sometidas a férrea autoridade masculina, o nu shu era a súa única vía de escape. Mediante as súas mensaxes, escritos e bordados en telas, abanos e outros obxectos, daban testemuña dun mundo tan sofisticado como implacable.
El abanico de seda contounos a historia sobre a amizade entre dúas mulleres, Lirio Blanco e Flor de Nieve, as que por unha ceremonia ancestral, ambas se converten en laotong ("o meu outro eu" ou "Alma xemelga"), un vínculo que perdurará toda a vida. Así, ao longo dos anos, estas mulleres comunicaranse gracias a esa linguaxe secreta, compartindo os seus máis íntimos pensamentos e emocións, e consolándose das penalidades do matrimonio e a maternidade. O nu shu unirá a Lirio Blanco e Flor de Nieve, ata que un erro de interpretación ameazará con truncar a súa profunda amizade.

Se queres compartir con nos a túa paixón polos libros, os teus gustos literarios, as lecturas que facemos en conxunto..., anímate e participa no club de lectura Portas Abertas que volve en setembro. Información e inscricións no teléfono 988417232
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 02-07-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0