CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


PORTAS ABERTAS CO VOLUNTARIADO DIXITAL
Dende o CDR Portas Abertas xa levamos anos no rural tratando de rachar coa fenda dixital, dinamizando unha aula multimedia en Vilardevós no Centro do Contrabando, formación itinerante en novas tecnoloxías por diferentes aldeas da Comarca, e en colaboración con outras entidades coma Fundación Esplai e Femuro en proxectos coma o Red Conecta e Conecta Xoven.

Agora acabamos de asinar un convenio coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, para traballar con Voluntariado Dixital.

Para chegar a isto a entidade formou, a través xa deste programa da Xunta a persoas maiores de idade coma voluntarios dixitais, para que sexan capaces de axudar cos seus coñecementos e sentido da solidariedade á alfabetización dixital no entorno rural, e sobre todo coas persoas que sofren maior exclusión social.

ENTIDADES COLABORADORAS DE GALICIA

FOTOS DA SINATURA DE ADHESIÓN

WEB DO VOLUNTARIADO DIXITAL DA XUNTA



Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 26-06-2012 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA MULTICULTURAL PARA DESPEDIR OS CURSOS DE ALFABETIZACIÓN E INICIACIÓN Á INFORMÁTICA.
O pasado venres alumnado inmigrante dos cursos de castelán, galego e alfabetización, organizaron unha xornada gastronómica multicultural, na que cociñaron un prato típico do seu país.
Probamos sabores de Brasil, Marrocos e República Dominicana, de todo tipo: arroces, empanadas, cuscús, cordeiro, pan, doces, té?. ¡¡e todo boísimo!!

O alumnado invitou a familiares e amizades e pasamos unha xornada na que ademáis entregamos os diplomas dos diferentes cursos: alfabetización, castelán (nivel I e nivel II), e iniciación á informática.

Todos e todas quedaron moi satisfeitos pola recompensa ao seu esforzo e prometeron voltar en setembro?

¡Agora toca desfrutar das vacacións!

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-06-2012 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
VERÁN ABERTO en Vilardevós e Verín.

O Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" ofrece dende hai xa varios anos actividades no VERÁN ABERTO en Vilardevós no Centro de Interpretación, e agora tamén en Verín na "Casiña" de Rúa Mariano Carrero 10, para rapaces e rapazas en idade escolar.

Estas actividades son apoiadas polo seu aspecto pedagóxico e lúdico pola Fundación SM (Fundación Santa María-www.fundacion-sm.com ) e terán horario de mañán de 10.00 a 13.00h e pola tarde de 16.00 a 18.30 h, durante os meses de xullo e agosto.

Combinaranse xogos e aprendizaxe en áreas coma a lectura e escritura, idiomas, xogos matemáticos e de estratexia coma os xogos de mesa (xadrez, dominó, parchís...), obradoiros de consumo responsable, de supervivencia doméstica, exploracións polo pobo e vila, medioambientais e de ecoloxía, multiculturais, tradicionais, novas tecnoloxías, videoteca, etc.

Tamén se traballará reforzo escolar cos menores pertencentes a familias mais desfavorecidas.

Poden inscribirse previamente chamando o 988417232, ou acudir libremente se hai prazas dispoñibles, cada tarde ou mañá custará 1,00?.

www.cdrportasabertas.org rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 20-06-2012 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
ANDAINAS POLO RURAL NOS PRÓXIMOS DOMINGOS

Rutas das Augas Verín:600410018
Cruz Vermella Gudiña:988096001
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 18-06-2012 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPA NAS LIMPEZAS, MÓLLATE.
PARTICIPA COMO VOLUNTARIO/A!

O vindeiro sábado 23 de xuño e o seguinte 30 de xuño levaranse a cabo limpezas do río Támega:

23 xuño ás 11:00h_dende Tintores a Castrelo.

30 de xuño ás 11:00h_dende Pazos dirección Queizás.

Estas limpezas consistirán na retirada de residuos existentes no río, na medida do posible, e nas súas beiras.

Infórmate e inscríbete no tlfn. 988417232.

LIMPEZA DO TÁMEGA POR TINTORES.


LIMPEZA DO TÁMEGA POR PAZOS.


BLOG ACHÉGATE O RÍO
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 18-06-2012 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
SENSACIÓNS DA CONVIVENCIA E ENCONTRO BLOGS E FOTÓGRAFOS
Imos ir deixando as impresións do XVII Encontro de Blogs e Fotógrafos celebrado o sábado 16 de xuño POLO TÁMEGA ACIMA ATÉ O NASCENTE, imos colocando os distintos enlaces e fotografías:

BLOG DE CHAVES

BLOG SEGIREI

FOTOS DO BLOG SEGIREI EN FACEBOOK

MOMENTOS NUN OLLAR

BLOG OUTEIRO SECO

Do encontro hai fotos dos lugares emblemáticos percorridos (nacemento do Támega, Alberguería, Laza, Casa do Escudo, Camiño Real e Castelo de Monterrei), as mellores serán para concursos, para divulgar con sinatura do autor ou autora, para difundir polo Plan Turístico Puertas de Galicia que nos apoiou, namentras deixamos aiquí un resumen do gran día - Fotografiando aos fotógrafos - bombeiros, mestras, avogados, arquitectos, alcaides, historiadores, soñadores, pasteleiras... lumbudus e amigos/as.
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 18-06-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
ACCIÓN DENDE CASA


Comeza a actividade "Acción dende casa" coa finalidade de fomentar o aforro de auga nos fogares para contribuir a defensa dos nosos ríos así como ensinar os mellores hábitos de consumo e tecnoloxías que podemos aplicar no fogar para un consumo responsable.
Coa colaboración de FEMURO concretáronse as asociación de mulleres rurais que participarán na actividad:
Martes 5 xuño- Asociación "A Esperanza" (A Salgueira)
Xoves 7 xuño- Asociación "San Salvador de Roza" (Medeiros)
Venres 8- Asociación "A Lama" (Queirugás)
Xoves 14- Asociación "O recuncho" (Tamaguelos)
Venres 15- Asociación "3 de maio" (Laza)
Martes 19- Asociación "O Toural" (Mandín)
Mércores 20- Asociación "Patio de Melo" (Ábedes) e Asociación "Fonte do Sapo" (A Rasela).
FAI CASO... COIDA A AUGA!
MAIS INFORMACIÓN NO BLOG ACHÉGATE Ó RÍO


Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 07-06-2012 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
XVII ENCONTRO DE BLOGUES E FOTÓGRAFOS, 16 XUÑO, Polo Támega acima ata o nacente.
A asociación de blogs e fotógrafos LUMBUDUS de Chaves organiza tódolos anos un encontro para os seus asociados así coma para xente nova que queira compartir e participar dunha convivencia interxeracional e transfronteiriza, nunha rexión distinta da Comarca de Tras os Montes e a de Monterrei.
Hai dous anos compartiron esta iniciativa por terras de Vilardevós, e este ano conxuntamente con Portas Abertas vamos descubrir o nacemento e a columna vertebral do Val de Monterrei a través do río Támega, por iso o título "POLO TÁMEGA ACIMA ATÉ O NACENTE!!, contamos co apoio dos Concellos de Laza, Verín e Monterrei así coma do Plan Turístico Puertas de Galicia.

As persoas que queiran participar soamente han de inscribirse por mail lumbudus@gmail.com antes do 9 de Xuño e pagar o día do encontro 20? da manutención.

PROGRAMA - HORARIO DE PORTUGAL

8H15 ? Concentração no Largo da Estação (Centro Cultural), em Chaves.
8H30 ? Partida.
9H00 ? Verin ? Recolha dos participantes galegos.
9H15 ? Partida em direção à nascente do Tâmega.
10H15 ? Visita à nascente do Rio Tâmega, Rio Lima e Rio Arnoya - Reforço alimentar.
11H00 ? Visita à povoação de Albergaria, incluindo uma visita ao Albergue do Peregrino dos Caminhos de Santiago da Via da Prata e/ou Caminho Sanabres.
11H45 ? Visita a Tamicelas (afluentes do Rio Tâmega).
12H15 ? Visita a Laza com receção pelo Alcalde de Laza.
13H30 ? Almoço en Casa Elena Souteliño. Visita a Souteliño.
16H00 ? Partida em direção ao Castelo de Monterrei, com paragens fotográficas.
16H30 ? Verin ? Caminhada (facultativa) - receção e acompanhamento do Alcalde de Verín desde a Casa do Escudo, polo reabilitado Caminho Real, até ao Castelo de Monterrei.
17H00 ? Castelo de Monterrei e receção pelo Alcalde de Monterrei.
- Visita guiada ao castelo
- Entrega de prémios do concurso de fotografia do XVI Encontro
- Lanche no Albergue de Peregrinos do Castelo.
- Animação pela Xuntanza Internacional de Gaiteiros no Castelo.
20H00 ? Encerramento do Encontro.
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 04-06-2012 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURA DE XADREZ para o verán.
O Sábado 2 de xuño vai ser o último SÁBADO DE ENCONTRO DE XADREZ, na Casiña de Rúa Mariano Carrero 10, por esta tempada, voltaremos os sábados a partires do 29 de setembro, aínda que no VERÁN ABERTO que organizamos para nenas e nenos tódolos anos está previsto profundizar neste xogo e consolidar o club que xa temos en marcha.

E para reforzar lectura durante as vacacións deixámosvos cunha guía de lectura desta temática facilitada por un dos voluntarios do xadrez, e que podedes buscar nas bibliotecas públicas antes de mercar, quedamos en tablas:

Novela de ajedrez / Stefan Zweig (El Acantilado, 2009) Sin capacidad para cualquier otra actividad intelectual, Mirko Czentovicz se reveló, ya desde niño, como un genio del ajedrez, del que ha llegado a ser campeón del mundo. Pero, en un viaje en barco de Nueva York a Buenos Aires, se le presenta un enigmático contrincante: el señor B.,noble vienés que huye de los nazis.

El ocho / Katherine Neville (Plaza & Janés, 2009)Catherine Velis, experta en ordenadores, se ve involucrada en la peligrosa búsqueda de un legendario ajedrez que perteneció a Carlomagno. En sus piezas se halla una fórmula vinculada a la alquimia, la masonería y las fuerzas cósmicas y, al parecer, quienes intentan recuperarlas sufren amenaza de muerte.

Sabor a chocolate / José Carlos Carmona (Punto de Lectura, 2008)Hace más de sesenta años, Adrian Troadec vio a una chica salir de una clase de música. Dos guerras mundiales después, aún funciona la fábrica de chocolate que abrió para conquistarla. Entre dos continentes, partidas de ajedrez y notas de violín se desarrolla una novela sinfónica de amor y sueños.

Zugzwang / Ronan Bennett (Mondadori, 2008) San Petersburgo 1914, en vísperas de la Iª Guerra Mundial y de la Revolución rusa. Dos asesinatos brutales hacen temblar a la ciudad. El psicoanalítico Spethmann es el sospechoso y se vale del genio de ajedrez Avrom Rozenthal para hacer pesquisas por su cuenta descubriendo un complot de sobre el zar.

La jugadora de ajedrez / Bertina Henrichs (Alianza, 2007)Es la historia de un matrimonio con una vida rutinaria en la que todo cambia por causa de una sencilla pieza de ajedrez. Eleni, que vive con su marido y sus hijos en la isla de Náxos, descoloca sin querer una pieza de un tablero de ajedrez con una posición concreta. No sabe recolocarla y a partir de ese momento toda su vida se descoloca.

La máquina de ajedrez
/ Robert Lorh (Grijalbo, 2007) En el siglo XVIII la nobleza del imperio austríaco queda deslumbrada por una máquina capaz de pensar y jugar al ajedrez. ¿Invento genial o estafa? En el palacio de Schönbrunn tiene lugar la presentación. El sorprendente artefacto, que tiene la apariencia externa de un gran turco de penetrantes ojos azules, guarda en sus entrañas un misterio que guía sus manos y su mente.

Jaque a la reina blanca
/ José Miguel Carrillo de Albornoz (Belacqva, 2005) Novela histórica que narra la intensa vida de María Luisa Gabriela de Saboya (1688-1714), primera esposa de Felipe V. Esta novela es un homenaje a UNAM ujer muy querida, además de un excelente retrato de la España de principios del siglo XVIII, las intrigas de la corte, las conspiraciones, las luchas y las batallas que provocaron el cambio de dinastía.

La Defensa / Vladimir Nabokov (Anagrama, 2002) El descubrimiento del ajedrez supone para el gran maestro Luzhin la revelación de un orden de impecable armonía donde encontrar refugio contra las tribulaciones de su desdichada adolescencia. A partir de ese momento da comienzo su brillante carrera como campeón en ese juego, que pronto se convierte en una obsesión que absorbe su vida por completo.

La vida que se va / Vicente Leñero (Alfaguara, 2000) Bajo los recuerdos de partidas de ajedrez y románticas aventuras, una abuela decide sacar de su memoria la historia de su vida a través de unos relatos en los que, además de contar sus andanzas de juventud, incluye, cuando se ve obligada a decidir por dos caminos, qué habría sido de ella si en vez de decidirse por uno, hubiese optado por otra opción.

La Tabla de Flandes
/ Arturo Pérez-Reverte (Alfaguara, 1997)A finales del siglo XV un viejo maestro flamenco introduce en uno de sus cuadros, en forma de partida de ajedrez, la clave de un secreto que pudo cambiar la historia de Europa. Cinco siglos después, una joven restauradora de arte, un anticuario homosexual y un excéntrico jugador de ajedrez unen sus fuerzas para tratar de resolver el enigma.

La Variante Lüneburg / Paolo Maurening (Tusquets, 1995) Todo comienza con la muerte de un refinado industrial, un tal Frisch, en los jardines de su mansión, en un espacio en forma de ajedrez, tras intentar durante la noche, en su mesa de trabajo, una última partida. ¿Es un accidente? ¿Un suicidio? ¿Un homicidio? ¿La ejecución de una sentencia?, y ¿por qué delito? La respuesta está en un movimiento de ajedrez.

La torre herida por el rayo / Fernando Arrabal (Destino, 1983) Premio Nadal 1984. Dos personajes separados por un tablero de ajedrez, dos mundos enfrentados pero ambos presentes en la aventura de la Historia. Tharsis y Amary se enfrentan ante un tablero a una memorable partida de ajedrez, a través de sus temperamentos dispares; el uno es sangre, sudor y lágrimas, el otro, ciencia, razón y revolución, la locura o el misticismo.

Cuentos de ajedrez: alrededor de un tablero / E. Anderson Imbert ... [et al.] Selección y presentación de los cuentos por David Vivancos (Páginas de Espuma, 2005) La originalidad de esta recopilación radica en que cada uno de los cuentos se ilustra con una partida clásica relacionada con la narración que permite disfrutar de las creaciones de grandes genios como Karpov, Alekhine, Capablanca, Steinitz, Polgar, Najdorf o Tolstoi.

El Hechizo de Caissa
/ Fernando Ortega (Editorial Viceversa, 2011)Marcos era solo un niño cuando abandonó su país. Él ansiaba tener una madre afectuosa, pero en su lugar fue adoptado por un hombre severo, solitario y envuelto en un halo de misterio. Fascinado por las partidas de ajedrez que juegan su padre y su abuelo, Marcos se rebelará ante la negativa de a enseñarle a jugar y se volcará en el aprendizaje por su cuenta.

Die Mauer ist offen / Néstor Biosca (Alhulia, 2010)Esta novela, ambientada en la Europa que vio caer el Telón de Acero, narra la historia de un muchacho que huyendo de su hogar y en su camino hacia occidente conoce sus orígenes compartiendo viaje con un maestro de ajedrez y una bella enfermera. Los tres recorrerán toda la Europa del Este buscando su verdad y su destino.

Perdido en Buenos Aires /Antonio Álvarez Universidad de Murcia, 2010)Entre los meses de septiembre y noviembre de 1927, la ciudad de Buenos Aires fue escenario de uno de los encuentros más apasionantes de la historia del ajedrez mundial. El cubano José Raúl Capablanca deferendía el título de campeón del orbe ante el jugador francés de origen ruso Alesxander Alekhine. La novela recrea aquellos días porteños de Capablanca y narra, desde la óptica del cubano, su estancia en la ciudad de La Plata.

Cadenas Magiares / Rafael Pulido (Alhulia, 2009) El joven Marco Orellana, estudiante de psicología de la Universidad de Granada, lleva a cabo una investigación biográfica sobre los hermanos del antiguo campeón mundial de ajedrez, Bobby Fischer, animado por uno de sus profesores, el doctor y ex agente de la CIA Víctor Estrada. A medida que avanza la investigación, crecen en él una extraña obsesión por el escritor húngaro Frigyes Karinthy y una sospecha sobre las auténticas intenciones del doctor Estrada.


Podedes comentar no blog o que vos parece esta recomendación.

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 01-06-2012 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0