CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


MEMORIA DE ACTIVIDADES 2010



Comentarios (0) - Categoría: MEMORIAS - Publicado o 29-06-2011 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
VERÁN ABERTO NO RURAL..Naturalmente.

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 29-06-2011 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
PORTUGAL: CULTURA E PRAIA dende Vilardevós.
Despois dun curso escolar, apoiado dende o CDR Portas Abertas con actividades extraescolares de novas tecnoloxías e reforzo educativo no Centro do Contrabando en Vilardevós, chegou a merecida escapada e excursión de fin de curso.

Xa había moitos anos que non traspasábamos fronteiras, e no verán de 2011 programamos a visita cultural e de praia a ESPOSENDE (PORTUGAL), as súas praias e ao CASTRO DE SAN LORENZO clasificado de Ben de Interese Turístico e rehabilitado non hai moito tempo.

Deixámosvos unha mostra das caras do divertimento e do ben que o pasamos.



Vémonos no Verán Aberto.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 29-06-2011 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
ENVELLECEMENTO ACTIVO NO RURAL: Estimulación cognitiva e Alfabetización dixital
A través do proxecto de ENVELLECEMENTO ACTIVO de COCEDER (Confederación de Centros de Desarrollo Rural) financiado por OBRA SOCIAL CAJA MADRID, dende o CDR Portas Abertas tratamos de favorecer a través do exercizo físico e mental hábitos de vida saudables nas aldeas do rural mais despoboadas.

O obxectivo é motivar ás persoas maiores cara a participación en actividades culturais e de ocio, estilos de vida saudables, coidado da imaxe exterior, potenciar a saúde física e sobre todo mental para mellorar a súa calidade de vida.

Con actividades de recuperación da memoria e manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación melloramos a estimulación cognitiva, e mantemos as capacidades físicas e psíquicas.

Mostra do traballo personalizado deste proxecto en Servoi.

Seguiremos por mais aldeas da Comarca de Monterrei. Grupos interesados poñerse en contacto co CDR Portas Abertas 988417232.






EN SERVOI TAMÉN SE PODE DISFRUTAR DO CENTRO MEDIOAMBIENTAL O PARAPETO (ANTIGA ESCOLA REHABILITADA), DONDE SE REALIZAN AS ACTIVIDADES SINALADAS E PÓDENSE ALOXAR GRUPOS PARA DISFRUTAR DE ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NUN ENTORNO ESPECTACULAR.




NAS ALDEAS DE VERÍN

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 27-06-2011 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
PORTAS ABERTAS NA XXI ASAMBLEA ANUAL DE COCEDER
O 27 de maio de 2011 representantes dos Centros de Desenvolvemento Rural de diversas rexións españolas reuníronse en Carrión de los Condes, para valorar a actuación de COCEDER no ano 2010 e planificar as actuacións no 2011.

Durante o 2010 cabe destacar o traballo realizado en pro da eficacia e eficiencia na xestión da Confederación, para o cal completouse un primeiro proceso de autoavaliación, obtendo un informe de homologación en EFQM cunha puntuación entre 225-250, que permitiru definir tres plans de acción.

Tamén se traballou na cohesión e o fortalecemento, coa participación de membros dos CDRs, voluntariado e equipo técnico, definindo e elaborando diversos documentos base de axuda metodolóxica para traballar no medio rural.

Despois da XXI Asamblea realizamos unha visita ao CDR "Carrión de los Condes? e aos programas que leva esta entidade.

Por último asistimos ao Foro ?La otra historia del mundo rural?, celebrado no Municipio Ecolóxico "Amayuelas de Abaixo", que tivo como ponente a Félix Rodrigo Mora, estudoso do mundo rural, escritor e autor do libro ?Naturaleza, ruralidad y civilización?, co que polemizamos, debatimos e pasamos unha entrañable noite.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-06-2011 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0