CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


VERÁN ABERTO e VIAXE DIDÁCTICA



O sábado 26 de xuño de 2010, coma complemento ás actividades de educación compensatoria que levábamos realizando "Ao sair de clase" no Centro de Interpretación do Contrabando con rapaces de Vilardevós e Comarca, realizamos unha viaxe didáctica a ILLA DE SAN SIMÓN na ría de Vigo enfrente de Redondela, disfrutamos da praia en Cesantes enfrente da ENSENADA DE SAN SIMÓN, e coma remate participamos da historia e historias que nos contaron no CASTELO DE SOUTOMAIOR, aprendemos, disfrutamos e pasámolo moi ben.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 23-06-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
CONECTA XOVEN OUTRO ANO MAIS (FEMURO-PORTAS)
UNIDOS E UNIDAS POLA TECNOLOXÍA

ENTREVISTA Á PRESIDENTA DE FEMURO POLO PROGRAMA EN REDE CONECTA XOVEN


Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 22-06-2010 11:34
# Ligazón permanente a este artigo

PRESENTACION ADXUNTADA NA XORNADA
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 14-06-2010 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 14-06-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
ASAMBLEA DE COCEDER E HOMENAXE A DIGNO, 20 ANOS DE PORTAS ABERTAS
A Asamblea Xeral de COCEDER do 2010 celebrouse en Vivares (Badajoz, no 2009 fora en Vilardevós), e ata alá nos desprazamos os 20 CDRs de toda España, e a maiores de aprobar contas, ver programacións, etc, coñecemos a experiencia do CDR CERUJOVI con actuación de parte da poboación de Vivares (mulleres maiores-Las Chicas de oro- xóvenes, infancia...), fixoselles unha homenaxe a membros xa xubilados pero activos coma MIGUEL do CDR EIRADA, a JESULE do CDR LA HALLADERA, EMILIO do CDR LA SAFOR, e a DIGNO do CDR PORTAS ABERTAS que recolleu o agasallo en exclusiva dun escultor vallisoletano.
O próximo ano iremos a Palencia, a Amayuelas.

Serviu para analizar ao medio rural e a súa exclusión, para comprobar novas accións a desenvolver de COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO EN GUINEA BISSEU, para compartir, para coordinarnos, e para coñecernos entidades rurais dos distintos puntos do territorio español.





NOVA DA ASEMBLEA EN "EXTREMADURA AL DÍA"

DESCUBRIMOS XUNTO CO C.D.R. CERUJOVI-Centro Rural Joven Vida- UN MEDIO RURAL DISTINTO AO GALEGO, VIMOS COMO SE TRANSFORMOU NA POSTGUERRA UNHA TERRA CO "PLAN BADAJOZ" (HOXE HAI QUEN AFIRMA QUE FOI POSITIVO E QUEN AFIRMA QUE NON), AMOSAMOS UNS VIDEOS CURIOSOS FEITOS POR UNHA TELEVISIÓN DE ALEMAÑA:




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-06-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
FUNDACIÓN GALICIA EUROPA apoia a iniciativa de VACACIÓNS EUROPEAS
FUNDACIÓN GALICIA EUROPA apoia o proxecto presentado polo C.D.R.Portas Abertas para este verán:
VACACIÓNS EUROPEAS, que iremos desenvolvendo e informando conxutamente coas actividades de VERÁN ABERTO que levamos a cabo dende hai anos.
Máis información 988417232, en Vilardevós no Centro de Interpretación do Contrabando.


FUNDACIÓN GALICIA EUROPA ata o 15 de xuño ten un
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA interesante sobre a LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 07-06-2010 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
RAPACES E RAPAZAS DE VERÍN PATEXANDO POLO MONTE
24 persoas en total patexando polo monte da Cidadella, Segirei e no Albergue de Vilarello da Cota, as súas caras xa nos dicen o que desconectaron da vida diaria, compartiron e disfrutaron. Actividade organizada por Educación Familiar do CONCELLO DE VERÍN



Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 04-06-2010 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
EL ERIZO, Mona Achache

O luns 7 de xuño o club de lectura "Portas Abertas" reúnese para comentar o final da novela La elegancia del erizo así como a súa adaptación cinematográfica El erizo dirixida por Mona Achache que reflexa moi ben a esencia do libro.
A novela deixanos esta reflexión final:"...,a partir de agora buscarei os sempres nos xamáis. A beleza neste mundo".

Ánimovos a participar o luns 7 de xuño ás 17:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 03-06-2010 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0