CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


COÑECENDO O CONCELLO DE VILARDEVÓS


Andaina pola parte baixa do Concello de Vilardevós o domingo día 9 de xuño ás 8:15., quedamos no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.
Inscribete nos teléfonos 988417232 ou 988989508.


Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 30-05-2013 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
OLIMPÍADAS COLEXIO LA MERCED-TORNEO XADREZ
Tivemos o pracer de colaborar co colexio La Merced na organización dun torneo de XADREZ, con motivo da celebración do 8º centenario da orde. Coa participación de alumnos do centro e alumnos do CEIP Amaro Refojo.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-05-2013 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
AMAYUELAS. POBO ECOLÓXICO


O martes 4 de xuño ás 20:30h na rúa Mariano Carrero, nº 10 en Verín, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas en colaboración ca Asociación para o Desenvolvemento Sostible o Grelo Verde proxectan o documental La Tierra Asoma sobre o pobo ecolóxico de Amayuelas en Palencia (Castilla y León) despois do cal haberá tempo para reflexionar...
Dende comenzos dos anos 90 un grupo de persoas vinculadas ao movemento campesino e cultural da Comarca iniciou o compromiso de traballar neste pequeno núcleo rural co ánimo de devolverlle parte da vida que tivo. A súa aposta consistiu en xerar pequenas actividades económicas, sociais e produtivas, aproveitando os recursos locais ociosos e sendo a súa vez moi respetuosos co medio natural. É así como xurde a idea de MUNICIPIO ECOLÓXICO.
Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS DE INTERESE - Publicado o 27-05-2013 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
O MISTERIO DA CRIPTA EMBRUXADA. EDUARDO MENDOZA


O vindeiro xoves 30 de maio o club de lectura Portas Abertas reúnese de novo no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós ás 16:00h para comentar a novela O misterio da cripta embruxada de Eduardo Mendoza.

O misterio da cripta embruxada é a vez unha apaixoante historia de crimes e enigmas, unha farsa burlesca e unha sátira moral e social que ten as súas raíces últimas na picaresca e no modelo cervantino. A acción relátase en estricto orden cronolóxico, dende a perspectiva dun único narrador -a persoaxe principal, detective improvidado e delirante cuxa creación é un dos máis felices achados da obra- e atópase comprimida nun marco temporla moi reducido, no seu interior precipítanse e encadéanse acontecementos, tan pronto cercanos ao esperpento como a novela gótica ou a máis desaforada parodia da serie negra. Aparentemente nivelada e lisa, a escritura de Mendoza constitúe un espléndido exemplo de investigación literaria persoal, axena a todo mimetismo, que afonda nas posibilidades de volver do revés, sin infrinxilas a primeira viesta, as posibilidades do relato tradicional, e indagar así -como un bo detective- no debuxo que se nos mostra ao dorso do tapiz da trama.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 24-05-2013 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
ESTIMULACIÓN COGNITIVA A TRAVÉS DO ORDENADOR

Os martes de 16:00h a 18:00h impartimos un curso de informática na antiga escola de Servoi dirixido a persoas maiores.
Ensinamos a manexar o ordenador, procesador de texto e intentaremos achegar a internet coa finalidade de mellorar a estimulación cognitiva e facilitar instrumentos de comunicación e ocio entre os maiores.


Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 24-05-2013 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
CHARLA SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Unha veintena de persoas asisten a charla coloquio impartida por Xerardo Dasairas sobre Roberto Vidal Bolaño, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.

"Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma de "amador" que parara sempre sobre a historia do noso teatro.
A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público.
A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.
A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-05-2013 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ROBERTO VIDAL BOLAÑO.


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza unha charla coloquio acerca da vida e obra do autor o que está adicado tal día, ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Esta charla é impartida por Xerando Dasairas Balsa e terá lugar o venres 17 de maio ás 19:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-05-2013 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE CESTERÍA

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas está a organizar obradoiros de cestería para todas aquelas persoas interesadas en coñecer uns dos oficios tradicionais na nosa cultura; aprendendo a elaborar cestos empregando materiais como o mimbre e a tireta.
Cunha duración de 30 horas e un horario por convir cos/as interesados/as.

Os primeiros obradoiros terán lugar no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós e no Centro situado na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.

Para máis información e matrícula nos teléfonos 988717232 ou 988989508
Comentarios (0) - Categoría: OBRADOIROS TEAR E CESTERÍA - Publicado o 06-05-2013 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO XADREZ. OPEN DE REBORDOCHAO

O vindeiro domingo 12 de maio celébrase o torneo de xadrez organizado pola Associaçao Cultural e Desportiva de Rebordochao e a Associaçao de Xadrez de Vila Real con apoio da Junta de Freguesia de Bornes de Aguiar e a colaboración do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.

A competición realizase no Salón Nobre da Junta de Freguesia nas Pedras Salgadas. As inscricións son gratuitas e o xogo realizase polo sistema suízo de 7 sesións, no ritmo semirápido de 12 minutos.

Información e inscricións no Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 Verín ou no teléfono 988989508
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2013 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0