O CDR O VISO de Lodoselo, Sarreaus foi premiado no VII Edición da Fundación para o Desenvolvemento Rural ?Macario Asenjo Ponce?.
O fin principal da Fundación "Macario Asenjo Ponce" para o D. Rural é promover o desenvolvemento social, económico e cultural do medio rural e a mellora da calidade de vida das persoas que viven nel, contribuíndo a superar o desequilibrio demográfico, as deficiencias de infraestruturas e servizos e optimizando o nivel de autoestima cultural, ata conseguir un equilibrio entre el desenvolvemento rural e urbano en orde a unha maior xustiza territorial.
Nace en 2005 coa clara e decidida intención de ser un instrumento máis que posibilite a revalorización do patrimonio que atesoura o medio rural así como motor de cambio nas deficiencias que sufre.
Traballa en catro liñas principais:
? Programa integral para la atención a maiores.
? Programa formativo para el asentamento da poboación nova.
? Programa ambiental.
? Programa de Promoción del medio rural.
Con motivo do décimo aniversario da morte de Carlos Casares (9 de marzo de 2002) o club de lectura Portas Abertas rinde unha pequena homenaxe ó escritor coa lectura da obra O sol do verán.
Hoxe, ás 16:30h a reunión versará sobre a biografía deste escritor, editor e catedrático de instituto así como da súa obra.
Comentaremos como O sol do verán "chega á percepción do lector/a coa forza e a madurez da grande arte de narrar. Historia de amor e morte, a enorme riqueza desta novela reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Literatura auténtica, froito dun inesquecible talento e dunha extraordinaria paixón por comprender o tecido íntimo da existencia".
A personaxe de Helena adentranos nas súas lembranzas de nenez e adolescencia ó lado do seu amigo Carlos, comenzando cunha "final tráxica".
O mércores 23 de maio ás 18.30 horas teremos a reunión para falar da lectura escollida para este mes: "El viejo y el mar" de Ernest Hemingway.
A reunión será na Rúa Mariano Carrero nº 10, en Verín.
Esta é unha historia sinxela, sobre un vello pescador cubano que ten unha mala época e decide saír a pescar unha boa peza. É o relato da loita que mantén o vello cun tiburón, co que ao mesmo tempo establece unha relación afectiva e de admiración.
Leron o libro 5 inmigrantes.
Adiantamos que a lectura escollida para o mes de xuño será "Veronika decide morir" de Paulo Coelho, escritor Brasileiro xa que a maioría das persoas integrantes deste clube son de Brasil. ¡A ver se gusta!
O vindeiro sábado 26 de maio o CDR Portas Abertas invita a os nenos e nenas a participar cos seus pais na actividade "Descubre a Ribeira" do proxecto Achégate o río que esta entidade está a levar a cabo dentro do Programa de Voluntariado en ríos.
Pola mañá achegarémonos a Cidadella, coñecerémonos, realizaremos o xogo "Descubre a Ribeira, un divertido xogo de identificación das especies vexetais que se atopa na beira do río Pontón, simularemos o río con xogos de paracaídas... e moito máis. ANÍMATE E PARTICIPA!
Infórmate no teléfono 988417232
O Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" esta a levar a cabo un proxecto financiado por OBRA SOCIAL LA CAIXARECURSOS PARA A INTEGRACIÓN NA COMARCA DE VERÍN .
Ten a finalidade de axudar aos colectivos mais desfavorecidos a integrarse social e laboralmente, a través de diferentes actuacións que atenúen as carencias, desenvolvan capacidades e habilidades e en definitiva propicien a consecución de emprego se fose posible.
Este proxecto foi aprobado por La Caixa na Convocatoria 2011 de Loita contra a pobreza e a exclusión social, dentro do programa "Promoción da participación e a inserción social".
Está dirixido a persoas con limitacións importantes para poder cubrir aspectos básicos da vida cotiá.
As persoas participantes reforzaron habilidades comunicativas, sociais, participativas, e convinouse o desenvolvemento persoal, rachando con estereotipos como o que aiquí amosamos: "Mulleres marroquinas aprenden a facer alfombras".
Durante os días, 24 e 25 de abril a localidade de Martín de la Jara convertiuse nun destacado centro do desenvolvemento do medio rural español acollendo a XXII Asamblea Xeral da Confederación de Confederación de Centros de Desarrollo Rural -COCEDER
Elexiuse a poboación de Martín de la Jara, municipio da Sierra Sur de Sevilla, aceptando a invitación da asociación SASTIPEN THAJ MESTAPEN, con sede nesta localidade, e como apoio a valiosa labor que esta ven desenvolvendo dende hai anos entre a poboación da zona.
Además de fortalecer o traballo en rede e mellorar a coordinación entre os CDRs, avaliáronse os diferentes programas e actividades que se xestionan (nun total de 9 comunidades autónomas, 17 provincias, e máis 500 municipios, 22 comarcas e con perto de 60.000 persoas beneficiarias directas).
Tamén se reflexionou sobre a marcha dos proxectos que se levan a cabo no 2012 e presentouse oficialmente o Plan Operativo que guiará a labor da entidade nos próximos meses. O Plan de Formación, a estratexia xeral de comunicación e aprobouse a Memoria Económica 2011, xunto coa realización de propostas por parte dos distintos centros.
O CDR SASTIPEN THAJ MESTAPEN (que en caló significa ?Saúde con Libertade?), anfitriona do encontro, funciona dende 2006 co obxectivo principal de fomentar o desenvolvemento integral dos pobos da Serra do Sur de Sevilla, realizando actividades de formación, protección do medio rural e dos recursos naturais, incidindo na educación, poñendo en valor a cultura local, a promoción do emprego e a reactivación económica, potenciando a agricultura ecolóxica e o consumo local, todo elo con fin de mellorar a calidade de vida nas poboacións desta comarca sevillana.
Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos este venres día 4 de maio a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector solidario para concienciar ás/aos contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.
Na situación actual, esta Campaña ten aínda maior relevancia. Os recortes en programas e servizos de acción social poñen en perigo a cohesión social e o benestar da poboación en situación de pobreza e exclusión, cada vez máis numerosa. As políticas solidarias teñen unha dimensión económica, e en consecuencia, non supoñen unicamente un gasto, senón tamén unha inversión.
No acto de presentación da Campaña X Solidario coordinada polas principais plataformas galegas que representan ás ONGs, estiveron presentes o Vicepresidente de EAPN Galicia, Xosé Cuns, o Tesoureiro de EAPN Galicia, Antonio Hernández e Solo Cámara, beneficiario dun dos programas financiados con cargo a esta asignación tributaria en Galicia, ademais de membros doutras entidades sociais.
O ano pasado, recadáronse en Galicia a través da cadro Fins Sociais 13,6 millóns de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran a casiña de fins sociais, a cantidade de cartos destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas incrementaría en 12 millóns de euros, co que a cantidade final destinada sería de 25,8 millóns de euros.
Grazas ao 0,7% do recadro Fins Sociais, en España hai máis de 5.000.000 persoas beneficiarias dos programas sociais que se desenvolven a través do recadado. Os colectivos aos que van destinados estes programas teñen que ver coa infancia, a mocidade, as mulleres, os maiores, as persoas con discapacidade, persoas con drogodependencia, persoas afectadas pola Sida, o pobo xitano, persoas reclusas e ex reclusas, programas para a inclusión social, migrantes e persoas beneficiarias de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Como sinalou Solo Cámara na rolda de prensa, participar nun destes programas ofreceulle a oportunidade de atopar un traballo e regularizar así a súa situación no noso país.
Co obxectivo de seguir aumentando o número de contribuíntes que apostan por marcar a X Solidaria, EAPN Galicia-Rede Galega contra a pobreza, a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), a Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), únense este ano de novo para reforzar a información dirixida á cidadanía baixo o lema: ?Cun pequeno xesto as cousas cambian... queres velo??
O sector solidario impulsor desta Campaña considera vital que, nun contexto de crise financeira que afecta aos colectivos máis vulnerables e desprotexidos, se siga incrementando a recadación da cota íntegra dos contribuínte para Fins Sociais.
O imposto da renda é o único que permite que a cidadanía poida decidir o destino dunha porcentaxe de impostos que xa lle foron retidos. Isto non quere dicir que se teña que pagar máis ou que se lle devolva menos.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.