CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


AGROINDUSTRIA LOCAL E XUVENTUDE

O pasado dÍa 19 e 20 de Maio, a través dunha colaboración entre a Asociación CDR Portas Abertas e COLEXIO SEMINARIO APOTÓLICO MERCEDARIO DE VERÍN, fíxose unha actividade formativa de achegamento do Alumnado á Agroindustria Local.

Para iso, o Xoves pola tarde, celebrouse unha charla expositiva da realidade da Agroindustria da Comarca de Monterrei, e a sua proxección cara o Século XXI, e xa o Venres, co fin de que poideran acreditar ?in situ? o falado o día anterior, fíxose unha viaxe a tres iniciativa locais exemplarizantes, nas que os propietarios, explicaron a súa actividade e responderon as preguntas plantexadas polos alumnos.

As instalacions visitadas foron:

ECOAGRO S.L., productores e comercializadores de plantas hortícolas, forestais e ornamentais.

Agroalimentarias Antonio Martín S.L. industrias adicadas a curación e comercialización de Xamóns, derivados, e outros produtos agroalimentarios.

E a bodega Quinta do Buble S.L. bodega produtora e comercializadora de viñas de D.O. Monterrei.

A comunidade escolar, Portas Abertas e as empresas, remataron satisfeitas por esta pequena colaboración, nas que se trata de que todos sexamos moi conscientes do nosos texido productivo, das nosas potencialidades e oportunidades.

Portas Abertas, a través desta quere agradecer ao Colexio S. Apostólico Mercedario, e a Ecoagro, Antonio Martín e Quinta do Buble, as facilidades prestadas para o desenvolvemento desta actividade.




Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-05-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
2º PREMIO "OBSERVA E DESCRIBE O RÍO"

A Asociación para la defensa de la calidad de las aguas ADECAGUA otorgou o 2º premio "Observa e describe o río" a unha aluma do C.E.I.P. Rodolfo Núñez de Vilardevós, Laura Barja.

O CDR Portas Abertas implicou ao colexio de Vilardevós nesta actividade a través do Proxecto que levou acabo durante o pasado ano "REmóllate polo río" dentro do Programa de Voluntariado en Ríos 2010 financiado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a través da Confederación Hidrográfica do Douro.

ADECAGUA púxose en contacto con nós para comunicarnos o premio e entregarllo: un diploma e unha mochila con agasallos.

A entrega do premio tivo lugar o luns 23 de maio no C.E.I.P. Rodolfo Núñez por parte do CDR Portas Abertas.


NORABOA LAURA!!
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 24-05-2011 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
FUNDACION GALICIA EUROPA PROMOVE UN CONCURSO FOTOGRÁFICO
A Fundación Galicia Europa, que ten apoiado distintos proxectos do CDR PORTAS ABERTAS (no verán de 2010 Vacacións Europeas) convoca por terceiro ano consecutivo o seu certame fotográfico, neste 2011 sobre as diversas formas de participación social na nosa comunidade baixo o título ?Galeg@s: cidadanía activa?, unha temática ligada ao Ano Europeo do Voluntariado 2011.
As persoas fotógrafas afeccionadas galegas ou residentes en Galicia maiores de 18 anos poderán presentar ata o 17 de xuño unha única instantánea, en cor ou branco e negro, que xire arredor dun destes catro eixes:

Asociacionismo xuvenil: implicación da mocidade galega nos asuntos sociais.

Voluntariado: actividades que redunden no benestar das nosas comunidades.

Ecoloxismo: accións encamiñadas á defensa e conservación do medio ambiente.

Valores democráticos: actos de rexeitamento da violencia, de solidariedade cos desfavorecidos?

Un xurado composto por persoas do mundo da imaxe e da cultura elixirá unha serie de obras finalistas de entre as cales seleccionará tres gañadoras, ás que se concederán premios por valor de 500, 300 e 200 euros. Este conxunto de imaxes formará parte dunha exposición que organizará a FGE unha vez coñecido o fallo.


ATOPA NA WEB DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA AS BASES
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-05-2011 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
COCEDER EN SANTIAGO NA CAMPAÑA X SOLIDARIA
NOVA A PARTIRES DO MINUTO 12.


NA GALEGA




CUN PEQUENO XESTO AS COUSAS MUDAN...QUERES VELO
MARCA FINS SOCIAIS

EAPN - GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-05-2011 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
DE PARTE DE LA PRINCESA MUERTA, KENIZÉ MOURAD

Estamos a ler no club de lectura De parte de la princesa muerta que narra a historia da princesa Selma, exiliada de Turquía cando todavía era unha nena, emprendeu un camiño de sorpresas e inquedanzas que a levaron do Líbano á India e concluiu coa súa chegada a Francia ao comezo da II Guerra Mundia. Foi unha vida fugaz, dramática e, sen duda, tan extraordinaria como fascinate. En París deu a luz unha filla que sería o seu fruto máis valioso: a autora deste libro.

De parte de la princesa muerta é unha novela histórica, narrada de maneira viva e realista, que reflexa con gran interese e maestría os ambientes e as idiosincrasias da corte otomana, do pobo libanés e da India dos rajás, chea de grandeza e de miseria a vez. Ao mesmo tempo, describe de forma minuciosa a rica personalidade dunha muller que vive os acontecementos cunha gran sensibilidade, capaz de superar todos os fanatismos. Gran humanidade e auténtico e feminismo constituen unha personalidad concreta que, ao longo da historia, caracteriza tato a nai como a filla, tanto a protagonista como a autora da novela, escrita con sencillez pero con trazos innegables de verdadera literatura.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 09-05-2011 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0