CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


DIARIO DA RECUPERACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA VÍA DA PRATA

22-05-2010: 9h da mañá en Soutochao.
Veciños de Soutochao (Moncho, Paco, José Antonio e Edesio) e de fora (Rosalía, José Antonio, Carlos e Pablo).

Unha vez visitadas as plantacións de castiñeiros realizadas na primavera por escolares de Galicia en Soutochao recollemos o avituallamento e emprendemos viaxe cara Vinhais (Portugal). Cun vehículo de apoio no que transportábamos o material a empregar. Unha hora mais tarde chegamos ás primeiras casas da poboación e alí comezou o noso PEREGRINAXE por terras do país veciño. Atopamos a primeira sinal do camiño nun poste de electricidade na última casa saíndo de Vinhais.
Comezamos un descenso pasando por un regueiro e a súa ponte de madeira. O noso traballo consistiu en repintar sinais antigas, poner outras novas, e en encrucilladas dubidosas poñer una estaca de madeira coa vieira e una frecha, sen estragar nada do entorno.
Emprendemos a subida a Soutelo, atopamos vexetación exuberante, pradería, carballeiras, piñeiros, e entre xaras e lavanda cantaban os reiseñores, así fíxosenos fascinante o camino emprendido. Cando o camiño chegaba novamente ao regueiro, atopamos dúas opción ben sinaladas (en función da canle íase por un lado ou por outro), ámbalas xuntábanse antes da primeira vivenda de Soutelo (una carpinteiría local).
Ao cruzar Soutelo iniciamos o descenso cara Sobreiro de Abaixo, por unha estrada local, e voltamos a cruzar una ponte, cun agasallo ao carón da igrexa (con campanario e reloxio) un niño de cigüeña, e no muro da igrexa estaba sinalado o camino. Os veciños dun pobo e doutro saludábannos e preguntaban, así Celia da Conceiçao contounos que pasaban moitos peregrinos, de Castela e o Sur de España. Ao pasar polos depósitos da auga de Sobreiro de Abaixo, inciciamos subida por un camiño de terra ata a Nacional que une Chaves e Vinhais e no cruce de Alveredos descansamos e tomamos un refrixerio, continuamos posteriormente subindo, sinalizando, e no alto comezamos a ver os pobos portugueses raianos, con paisaxes espectaculares. Voltamos a baixar, camiñando outro tramo pola Nacional.
Para non continuar cara Chaves e ir polo camiño mais antigo e recto hai que ter en conta no cruce que pon ?Santuario?-?Candedo-Aboá? que esta é a dirección axeitada, e hai que subir en dirección a estes pobos, descubrindo plantacións de castiñeiros a ambos lados do camiño.
Ao cruzar Candedo (con castiñeiros milenarios no centro do pobo) atopámonos co Santuario da ?Virxe Peregrina? nun entorno mimado e coidado, dirección do cemiterio de Candedo continúa o camiño e é aiquí onde se inicia a baixada caro o río Rabazal, baixada dura pero preciosa, onde se pintou nas rocas, no chan, para que ninguén se perda (á beira do río atópase o Santuario de Santiago). E á beira da ponte xantamos, iniciando despóis a gran subida de 3km con 30º de calor.
Chegamos a Edral cunha gran acollida polos veciños no Bar Central e no Centro de Día de Maiores, que xa noutras ocasións teñen amparado e auxiliado a peregrinos.
Dirección Ferreiros (ao carón dunha montaña de pedras) por un camiño de terra, pasamos por unhas praderías inmensas caro o río Mente, con cigüeñas polos arredores. De Ferreiros saímos cara Sandim pola estrada local e a uns 800m voltamos ao camiño de terra para cruzar Sandim, e comezar a baixada ao río Mente ata a súa área recreativa onde descansamos (despois de 30km) e nos felicitamos pola recuperación de gran parte do camiño, sabendo que demomento non haberá perda para os peregrinos, e quedamos para o día seguinte.

23-05-2010: 9h da mañá en Segirei.(Portugal)
Veciños de Soutochao (Moncho e José Antonio), de Segirei (Tania) e de fora (Toño, José, Carlos e Pablo).

Retomamos dende a área recreativa do río de Segirei arrincando o Camiño conxuntamente coas Rutas do Contrabando, pasando polo centro de Segirei e continuando polas horas, piñeiros cara a fervenza da Cidadella.
Marcamos (en rochas e en lugares que non inteririran), estacamos en lugares e cruces dubidosos.
Continuamos pola Ruta do Contrabando de Soutochao (España). O noso compañeiro Carlos de Toledo quedou moi impactado por tanta beleza no entorno da Cidadella e dende esta a vista inconfundible ao fondo de Segirei. E continuamos marcando entre auga, arboreda, muíños e fontes, con pausa para xantar neste maravilloso entorno.
Á altura do terceiro muíño o camiño sae á estrada, ata a igrexa de Soutochao, e ata a parada do autobús de Soutochao e segue a sinalización por un camiño de terra dirección a Lamardeite??..??.continuaremos???.para revivir e recuperar o paso por Vilardevós do Camiño Portugués da Vía da Prata. ? VINHAIS-SEGIREI-SOUTOCHAO- VILARDEVÓS-VERÍN-.
En todo este tramo percorrido non se atopa ningún albergue,
a hospitalidade dos veciños e os locais socias e particulares acollen aos peregrinos.
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 24-05-2010 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
VILARDEVOS NO CAMIÑO

LISTAXE DE CAMIÑOS A SANTIAGO
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 18-05-2010 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
ROMPENDO A FENDA DIXITAL AO REMATAR A XORNADA LABORAL
Dende a Aula sita no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós, cun equipamento informático de 15 ordenadores aportados polo CDR Portas Abertas e polo Concello de Vilardevós, máis impresora, escáner, webcan e software actualizado, con acceso a internet "rural", un grupo os luns e mércores e outro grupo os martes e xoves aprenden con facilidade a utilizar o ordenador e a familiarizarse coas novas tecnoloxías, dun xeito dinámico e personalizado.


É admirable a forza de vontade despois dun día de traballo e o aproveitamento que están a facer.


Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 10-05-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
REMÓLLATE POLO RÍO 2010

Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 10-05-2010 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
COCEDER en Galicia (CDR O VISO, CDR PORTAS ABERTAS e CDR EIRADA) xunto con ONGs Galegas.

As ONGs galegas veñen de presentar en Santiago a campaña de concienciación aos/ás contribuíntes para que marquen a X Solidaria de fins sociais na súa declaración da renda.

Co obxectivo de seguir aumentando o número de contribuíntes que apostan por marcar a X Solidaria, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), a Fundación Secretariado Gitano, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), únense este ano de novo para reforzar a información dirixida á cidadanía baixo o lema Non te esquezas. Marca a X Solidaria

O sector solidario impulsor desta Campaña considera vital que, nun contexto de crise financeira que actualmente afectados aos colectivos máis vulnerables e desprotexidos, se sega incrementando a recadación da cota íntegra dos contribuínte para Fins Sociais.

O sistema de asignación tributaria do IRPF é, polo tanto, un instrumento esencial da política social do Estado para a loita contra a exclusión social que, ademais, non custa nada ao contribuínte. É dicir, marcándoa non van cobrar máis nin van devolver unha cantidade de euros distinta, xa que a cifra destinada e eses fins sae unicamente dos impostos retidos polo Estado. O feito de marcar esta casiña de Fins Sociais non exclúe de marcar tamén a da Igrexa Católica. Neste caso, marcando as dúas, destinarase o 0,7% da cota a fins sociais e outro 0,7% á Igrexa.

No conxunto do estado español son catro as plataformas que apoian esta campaña: Plataforma de Voluntariado de España, Plataforma de Organizacións de Infancia, Plataforma de ONG de Acción Social e Coordinadora Española de Organizacións non Gubernamentais para o Desenvolvemento.

En Galicia as entidades que impulsan esta inicitiva son:

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Entidade sen ánimo de lucro posta en marcha en 1990, declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física. Está constituída por catro federacións provinciais e por preto de 50 asociacións comarcais e locais, o que a converte na entidade máis representativa do colectivo de persoas con discapacidade en Galicia.

Federación de Asoc. das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA). Cun total de 41 asociacións galegas federadas, FADEMGA FEAPS GALICIA está integrada na Confederación FEAPS (Confederación Española de Organizacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual). Conta con preto de 4.700 persoas con discapacidade intelectual, 10.000 asociados, 87 centros que ofertan máis de 170 servizos e 1.377 profesionais ademais de superar os 1.200 voluntarios.

Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD). Institución sen ánimo de lucro que nace en 1991 co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía galega o traballo das ONGD con presenza na nosa comunidade. En xaneiro de 2009, había inscritas no rexistro galego de ONGD 185 organizacións, das que 48 están integradas na Coordinadora.

Fundación Secretariado Gitano.
Entidade social sen ánimo de lucro que presta servizos para o desenvolvemento da comunidade xitana en todo o estado español e no ámbito europeo. Comezou a traballar nos anos 60 e constituíuse como Fundación en 2001.

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
É unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1979 e, na actualidade, está integrada por sete asociacións. A súa misión é asegurar o desenvolvemento global das persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades

Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER). Entidade sen ánimo de lucro formada por un conxunto de Centros de Desenvolvemento Rural (CDR que traballa en proxectos de desenvolvemento rural promovendo a participación activa da poboación local mediante a cooperación e o voluntariado social.

Convidamos a que nos espazos dos medios de comunicación, nas webs, blogs, etc, se visibilice esta información que se pode descargar na seguinte páxina MARCA FINES SOCIAIS

CUN PEQUENO XESTO AS COUSAS CAMBIAN: Non te esquezas, marca a X Solidaria
X SOLIDARIA



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-05-2010 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
AO SAIR DE CLASE..xutámonos
Luns, martes e venres dende o CDR Portas Abertas AO SAIR DE CLASE compartimos cos nenos e nenas de Vilardevós un tempo lúdico e educativo, levando a cabo actividades que potencian o desenvolvemento cognitivo, afectivo e social.
FOMENTAMOS: O hábito de estudar e facer os deberes, o xogo coma ferramenta de diversión, a familiarización coa tecnoloxía, os valores democráticos e solidarios, hábitos saudables e educación medioambiental e o desenvolvemento persoal e social, así coma a conciliación para as familias.
UTILIZAMOS: Espazos integrados do Centro de Interpretación do Contrabando (perto da escola) que conta cun ESPAZO DE INFORMÁTICA onde se busca información, levamos a cabo actividades lúdicas e comunícanse. ESPAZO DE LECTURA E AUDIOVISUAIS onde con materiais bibliográficos e audiovisuais se potencian o hábito da lectura, imaxinación e comunicación.
Tamén se empregan a AULAS DE USOS MÚLTIPLES DO COLE e espazos exteriores O PARQUE, O POBO, A FONTE, cando fai bo tempo.
SOMOS: Persoal de MAXISTERIO, EDUCACIÓN SOCIAL e OCIO E TEMPO LIBRE que acompañamos aos menores nas distintas actividades.

Moitos destes rapaces e rapazas atópanse sos nas súas aldeas, polo que estes tres días comparten tempo e coñecementos AO SAIR DE CLASE.

Esta iniciativa é apoiada puntualmente polo Ministerio de Educación, COCEDER, Consellería de Educación e Concello de Vilardevós.


Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 06-05-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
ENVELLECEMENTO ACTIVO, ratos saudables en Servoi
Nesta primavera estivemos desentumecendo aos veciños e veciñas de Servoi (Castrelo do Val), nas instalacións da antiga escola rehabilitada coma Centro Medioambiental "O Parapeto", remozada e equipada polo CDR Portas Abertas para actividades e estancia.

Compartimos tardes saudables, entretidas, divertidas e así rompemos o aillamento que existe nos pobos, onde en ocasións pasan semanas sen tropezarnos co veciño/a.

Compartimos charlas, xogos, formación, información, espazo, risas e amistade.

Imos seguir coñecendo e practicando o "ENVELLECEMENTO ACTIVO" por distintas aldeas.

En Servoi xa están activados preparándose para a Noite de San Xoan.



Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 05-05-2010 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0