CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


PROBAS AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE

O pasado venres 19 de abril saiu publicada no DOG a Resolución do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

A través da páxina da Consellería de Traballo e Benestar podedes acceder a tódala información ao respecto e descargar a solicitude para poder presentala ata o día 3 de maio. As listas de admitidos sairán o 30 de maio para as cais abrirase un periodo de alegacións ata o día 4 de xuño e finalmente os exames terán lugar no Recinto Feiral de Silleda o días 22 de xuño para as competencias clave de nivel 2 e 23 de xuño para as competencias clave de nivel 3.

O Centro de Desenvolvemento segue a preparar para ditas probas, os martes e xoves polas mañáns, as competencias de lingua galega, lingua castelán, tecnoloxía, ciencias, matemáticas e dixital. Para máis información 988417232 e 988989509.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-04-2013 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPACIÓN NO CURSO MEDIACIÓN E XESTIÓN DE CONFLICTOS


A pasada semana o CDR Portas Abertas colaborou no curso de "Mediación e xestión de conflictos" da Uned organizado polo Concello de Verín.
Tamara Balboa, traballadora social de esta entidade participou no obradoiro "Bullyng, mediación e violencia en imaxes" no que cuestionou os/as participantes e reflexionou acerca da película Precious.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-04-2013 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
A CAZA DO AMOR. NANCY MITFORD


O vindeiro martes 16 de abril ás 16:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós, o club de lectura Portas Abertas volve a reunirse para comentar a obra de Nancy Mitford, A caza do Amor.
Nesta novela, Nancy Mitford emprega elementos reais da súa extravagante e famosa familia para construir o relato.

A acción ábrese no salón de Alconleigh, a casa de campo dos Radlett. Ante os nosos ollos van desfilando os distintos membros da familia: o malhumorado pai, tío Matthew, cos seus violentos e cómicos estalidos de cólera e os seus curiosos pasatempos, como organizar cacerías nas que as pezas son algún dos fillos?; a ausente e devota nai, Sadie; e os sete fillos que xunto a súa prima Fanny forman unha estrafalaria e divertidísima familia. Pero realmente é a xoven Linda Radlett e a súa permanente busca do amor o auténtico centro desta historia. A través das súas páxinas acompañarémola nas súa azarosa conquista e coñeceremos ós distintos homes nos que pensou atopalo.

O texto desprega o famoso inxenio satírico e a extraordinaria capacidade da autora para reconstruir o ambiente, a vida e as persoas nos círculos aristocráticos ingleses de entreguerras. Un libro inteligente y divertido, que, aunque pudiera gustar simplemente por lo que es: una novela vibrante y mordaz, es también un verdadero trozo de vida.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 13-04-2013 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
PESCA SUSTENTABLE NO CENTRO COOPERATIVO DE PAZOS

Dende "Portas Abertas" e o "Grelo Verde" animamos ás persoas interesadas nunha alimentación responsable a que acudan o SÁBADO 13, ÁS 16.00H á presentación do grupo de biólogos/as O CANTO DA BALEA , no Centro de Cooperativismo de Pazos.
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 09-04-2013 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓNS DO GRELO VERDE NA CASIÑA DE PORTAS
Igual que outras asociacións e grupos O GRELO VERDE, asociación ecolóxica e de promoción do consumo responsable, reúnense en ocasións na Casiña céntrica e sita no casco vello de Verín de Portas Abertas, temos un convenio con esta asociación para promoción de actuacións relacionadas coa agricultura e alimentación ecolóxica e sostible.

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 09-04-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
DISTINCIÓN A PORTAS ABERTAS POLO PLAN TURÍSTICO

Analizado o traballo desenvolto polo CDR Portas Abertas na dinamización turística da Comarca de Monterrei, sobre todo das Rutas do Contrabando de Vilardevós e o Centro de Interpretación, con actividades medioambientais e de promoción do entorno entre grupos, cursos, centros de ensino...e poboación en xeral, recibimos unha distinción por este traballo dende PUERTAS DE GALICIA.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-04-2013 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DO CURSO DE RECURSOS TURISTICOS EN EL TERRITORIO CHAVES-VERÍN

Alumnado e profesorado do Curso da Eurocidade "Recursos turísticos no territorio Chaves-Verín" subiron ata Vilardevós para coñecer o traballo desenvolto polo Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" e tamén a misión dende o Centro de Interpretación do Contrabando de fomentar a dinamización do concello e das rutas da fronteira contrabandista.

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 04-04-2013 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
RUTA POSPOSTA
Ante as inclemencias do tempo, a ruta que tiñamos prevista para o domingo 14 de abril será suspendida, xa que a zona de Vilardevós que íamos pasear está moi encharcada.

Será levada a cabo mais adiante.
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 03-04-2013 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0