CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS



O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas en colaboración coa Asociación para o Desenvolvemento Rural Sostible "O Grelo Verde", en mostra do su compromiso a prol do medio ambiente, durante o mes de maio levarán a cabo en varias aldeas da Comarca unhas charlas sobre agricultura ecolóxica e compostaxe. Estas serán impartidas por unha enxeñeira técnica agrícola experta na materia.
Coas mesmas preténdese dar coñecer a poboación prácticas alternativas de producción dos alimentos de autoconsumo.

Días 2 e 3 de maio na Veiga das Meás e días 10 e 11 de maio na escola de Arzádegos, en horario de 15:30h a 17:30h.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 26-04-2011 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
X SOLIDARIA

COCEDER e o CDR Portas Abertas apoiando a campaña da X SOLIDARIA



X SOLIDARIA from xsolidaria on Vimeo.

NON CHE COSTA NADA.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-04-2011 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Charla sobre seguridade no fogar en Vilardevós

O día 18 de abril ás 17:00 horas no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós, levarase a cabo unha charla de seguridade no fogar impartida polos axentes da Garda Civil e dirixida prioritariamente ás persoas maiores co obxectivo de evitar os roubos e as estafas dos que están sendo vítimas.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-04-2011 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
VENRES SANTO: RUTA DO CAMIÑO PORTUGUÉS (VERÍN-CIDADELLA)

Dende hai varios anos xa ven sendo unha tradicción os PASOS EN SEMANA SANTA por Vilardevós e Comarca, así coma desfrutar da nosa natureza e entorno rural no ALBERGUE EN VILARELLO DA COTA.

De ALBERGUE RURAL VILARELLO

De ALBERGUE RURAL VILARELLO


A PESARES DA AMEAZA DE CHOIVA OS PASOS DE 200 PERSOAS NON PARECEN RESIGNARSE, CONTAMOS CON VARIOS AUTOBUSES PARA A VOLTA E ANTES O XANTAR NA ESCOLA DE SOUTOCHAO.

BOA PEREGRINAXE.



Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 06-04-2011 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
ESPAZO MULTICULTURAL NO LÁZARO DE VERÍN

Dentro do Programa da Feira do Lázaro levada a cabo no Concello de Verín, desenvolvemos a seguintes actividades multiculturais para visibilizar aos nosos veciños e veciñas de todas as partes do mundo.




MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN DESINTERESADA, VIAXAMOS COA VISTA, OIDO, TACTO, OLFATO E GUSTO POR TODO O MUNDO, SO FALTA UN SENTIDO MAIS O DA TOLERANCIA, ESA FOI A CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN QUE O CONCELLO DE VERÍN QUIXO DESENVOLVER A TRAVÉS DESTA ENTIDADE.
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 06-04-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
BALZAC Y LA JOVEN COSTURERA CHINA
Esta extraodinaria novela de éxito internacional escrita polo autor chinés Dai Sijie, é a nova obra que estamos a ler no clube de lectura.

Dous adolescentes chineses son enviados a unha aldea cerca da fronteira co Tíbet para cumprir co proceso de reeducación implantado por Mao Zedong. Mentres soportan unhas condicións de vida infrahumanas, o único alivio xurde coa aparición dunha maleta chea de obras emblemáticas da literatura occidental. Así pois, gracias a lectura de Balzac, Dumas e Stendhal, os mozos descubrirán un mundo cheo de poesía, sentimentos e paixóns descoñecidas, o cal será un instrumento valiosísimo a hora de conquistar a atractiva Costureira, a xoven filla do xastre da aldea veciña.
Coa cruda sinceridade de quen sobreviviu a unha situación límite, Dai Sijie escribiu este relato autobrográfico que sorprenderá ó lector polo lixeireza do seu tono narrativo, case de fábula, capaz de facernos sorrir a pesar da dureza dos feitos narrados.

Unha vez máis queremos convidar a todo o que o desexe a participar neste clube de lectura, no que ademais de compartir obras, compartimos reflexións, ilusións e debatimos ampla e libremente.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 05-04-2011 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0