CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


LA ELEGANCIA DEL ERIZO, Muriel Barbery.
Seguimos a ler no club de lectura "Portas Abertas", esta vez a elección entre tódalas persoas participantes foi La elegancia del erizo da escritora francesa Muriel Barbery.

Con máis dun ano nas listas dos máis vendidos, La elegancia del erizo comeza no número 7 da rúa Grenelle, un inmoble burgués de París, onde nada é o que parece. Dous dos seus habitantes agochan un segredo. Renée, a porteira, leva moito tempo finxindo ser unha muller común. Paloma ten doce anos e oculta unha intelixencia extraordinaria. Ambas levan unha vida solitaria, mentras se esforzan por sobrevivir e vencer a desesperanza. A chegada dun home misterioso ao edificio propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas.

Xuntas, Renée e Paloma descubrirán a beleza das pequenas cousas. Invocarán a maxia dos praceres efímeros e inventarán un mundo mellor. La elegancia del erizo é un pequeno tesouro que nos revela como acadar a felicidade grazas á amizade, ao amor e á arte. Mentres pasamos as páxinas cun sorriso, as voces de Renée e Paloma texen, cunha linguaxe melodiosa, un cautivador himno á vida.

Quedamos o venres 30 de abril ás 18:00h para recoller o libro e falar sobre a autora, no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.


SE ALGUÉN QUERE PARTICIPAR POR PRIMEIRA VEZ SOAMENTE TEN QUE ACUDIR Á CITA.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 29-04-2010 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
ANALIZANDO ANFIBIOS E REPTIS POR VILARDEVÓS
Saramaganta galegaSocios/as da Asociación Saramaganta voltaron a estar esta fin de semana no ALBERGUE DE VILARELLO DA COTA analizando os anfibios e reptis existentes por Vilardevós e Comarca.

Podedes adentrarvos no seu blog con contido sobre este tema moi interesante, SARAMAGANTA
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 26-04-2010 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZARON AS PRÁCTICAS DE AXUDA A PERSOAS DEPENDENTES NO FOGAR
12 ALUMNAS DO CURSO DE COCEDER DE "AXUDA A PERSOAS DEPENDENTES NO FOGAR" CELEBRADO EN VILARDEVÓS COMEZARON A FACER PRÁCTICAS NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR COA EMPRESA DA COMARCA ALPIXENDRA.


DESPOIS DA TEORÍA ESPERAMOS QUE COAS PRÁCTICAS COMPLETEN A FORMACIÓN E LLES SIRVA DE SAÍDA LABORAL.

ESTA FORMACIÓN ESTÁ FINANCIADA POLO SERVICIO PÚBLICO DE EMPLEO PARA MULLERES DESEMPREGADAS.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 26-04-2010 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DO PREMIO AGADER 2008 - UN BO AGASALLO CANDO COMPRIMOS 20 ANOS
O Presidente José Paz participa de xurado na elección do PREMIO AGADER 2010



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-04-2010 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
REFORESTACIÓN ÁREAS DEGRADADAS EN SOUTOCHAO-O.S. CAIXA GALICIA
A comunidade de montes de SOUTOCHAO-Vilardevós e
OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA, a través dun proxecto de Educación Ambiental e fomento da participación na reforestación de áreas degradadas, están levando a cabo, con centros de ensino de toda Galicia, a plantación de castiñeiros nos montes de Soutochao.

Portas Abertas como entidade de información e orientación no emprego (Apoiada por Obra Social Caixa Galicia) colaborou na búsqueda de monitores/as locais para que participaran coa empresa Terranova no desenvolvemento desta iniciativa.

Esperamos que as plantacións de castiñeiros duren moitos anos e non sexan pasto dos incendios forestais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-04-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0