Axúdasnos a difundir isto? Sabías que no Imposto da Renda, as casillas do 0,7% para Fins Socais + 0,7% da Iglesia Católica é 1,4% e que podes marcar ambas á vez? E que con ese simple xesto podes axudar a máis de 6.000.000 de persoas.
Durante ás vacacións de Semana Santa, os días 14, 15 e 16 de abril en horario de 10:00h a 13:00h os nenos e nenas poden achegarse pola "Casiña" de Verín para participar en diversos obradoiros de pascua con temas trasversais relacionados coa diversidade cultural.
Información e matrícula na Rúa Mariano Carrero, 10 en Verín ou nos teléfonos 988989508 ou 988417232.
O CDR Portas Abertas pon en marcha un curso de Iniciación ó árabe impartido por unha licenciada en filoloxía árabe.
Se queres aprender unha nova lingua e cultura, infórmate e inscríbete na "Casiña" na Rúa Mariano Carrero, 10 en Verín, teléfono 988989508.
Programa formativos que pretende aproveitar todo o coñecemento e a práctica de traballo nas distintas áreas (servizos sociais, empresas de inserción, produción ecolóxica, hostelería, etc.)dos CDRs e de iniciativas análogas e polas ao servizo dun programa de formación de emprendedores e fomento do emprendimento sostible no medio rural.
Constará dunha formación teórica e específica a través dunha plataforma on-line e de dous encontros presenciais. Ademais complétase esta formación coa práctica, individual e personalizada nun dos CDRs do interese do alumnado.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.