CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CELGA 4 EN VILARDEVÓS


A Consellería de Educación concedeu o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas o curso de galego CELGA 4 que se comezará a impartir o luns 18 de marzo no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.

A pesares de ter numerosas inscricións hai algunha vacante de última hora que se pode cubrir, así que non deixedes pasar esta oportunidade, agora máis que nunca, de formarse na porta da casa.

Chamade para informarvos.

Quen non poida realizar o CELGA 4 pode comezar polo CELGA 2 que o imparte o Concello de Verín.

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 09-03-2013 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS. PAOLO GIORDANO


O vindeiro mércores 6 de marzo ás 16:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós reúnese o club de lectura Portas Abertas para compartir a ópera prima de Paolo Giordando La soledad de los números primos.

Entre os números primos hai algúns aínda máis especiais. Son aqueles que os matemáticos chaman xemelgos, pois, aínda que permanecen próximos, entre eles interponse sempre un número par. Esta verdade matemática é a fermosa metáfora que o autor escolleu para narrar a historia de Alice e Mattia, dúas persoas cuxas vidas quedaron condicionadas polas consecuencias de sendos episodios acontecidos na súa nenez. Pese a forte atracción que os une, a vida erixirá entre eles barreiras invisibles que porán a proba a solidez da súa relación.
A sutileza dos rasgos psicolóxicos das personaxes, así como a fondura e complexidade dunha historia que suscita nos lectores as reaccións máis variadas, resaltan a admirable madurez literaria deste xoven autor a hora de asomarse, nada máis e nada menos, a esencia da soidade.

La soledad de los números primos foi galardoada con numerosos premios, entre os que destacan el Campiello Opera Prima y, especialmente, o Premio Strega 2008 -o máis importante de Italia-, ademais de colleitar un éxito sen precedentes para un autor novel: máis dun millón de exemplares vendidos. En España recibiu o Premio dos Lectores 2009 da resvista Qué leer.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 04-03-2013 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0