CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


VAMOS DE CONTRABANDO O DOMINGO 15 DE ABRIL.

Este ano os PASOS DE SEMANA SANTA dámolos no fin de semana seguinte conxuntamente con veciños e veciñas de Portugal, así que a parte de dar un paseo precioso será un encontro de confraternidade dende VILARDEVÓS a SEGIREI.

Con anterioridade pódese ir entrenando o día 1 de Abril na II Carreira-Andaina do Pozo do Demo.
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 23-03-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPAMOS NA FEIRA DO LÁZARO EN VERÍN XUNTO CO GRELO VERDE.
O Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" compartirá espazo na Feira do Lázaro nun stand coa Asociación O GRELO VERDE, no que mostraremos artesanía que fai xente do rural e faremos difusión das novas actividades que imos desenvolver, así coma dos servizos asistenciais e formativos que de sempre vimos desenvolvendo.


Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 23-03-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
COMPENSACIÓN EDUCATIVA 2011/2012
No que vai de curso 2011/2012 o Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" está a traballar cos rapaces e rapazas de Vilardevós ao sair da clase.

Son actividades de compensación educativa que tratan de reforzalos/as académicamente, que collan destreza e coñecemento de mecanografía e informática, e que se desenvolvan mellor en inglés, entre outras moitas iniciativas lúdicas que tamén se combinan.

Con estas actividades de paso préstase un servizo de conciliación continuado que lle ven ben as familias do rural de Vilardevós.

Deixámosvos coas súas caras de esforzo e divertimento.




Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 21-03-2012 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
EN VERÍN, MOVENDO FICHA. Primeiro encontro día 14 de abril.



Interesante coloquio sobre Xadrez en TVE, La 2, para saber mais deste deporte.

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 17-03-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
COCEDER RECOMENDA BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS.
BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-03-2012 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
CALZADOS LOLA. SUSO DE TORO
O club de lectura Portas Abertas volve a reunirse, esta vez, para comentar a lectura da novela de Suso de Toro, Calzados Lola.

"Unha novela para entreter", así a define o seu autor, na que nos conta como Manuel decidiu deixalo todo e fuxir a Madrid. Afortunadamente, lonxe do tedio, do pobo, dos secretos e da familia. Pero con el leva tamén unha ausencia, un vacío que non é capaz de identificar. E que buscará a cegas para porlle nome a súa propia identidade. Ata que regresa a Finisterre en busca do perdido. Sen embargo, xa nada será igual. Na casa que un día abandonou síntese aínda máis axeno. Ata que un día, entre o rumor das olas, unha chamada da súa nai faralle descubrir quen é verdadeiramente, pero non sen antes enfrentarse á morte, unha morte que lle da unha segunda oportunidade nunha Galicia onde o arcaico e o moderno abrázanse. Unha novela iniciática, de busca dun mesmo, de redescubrimiento dos seus pais e de pertenza a unha comunidade, pero na que todo o que sucede o redor marcará tamén a construcción da identidade de Manuel. E non deixan de suceder cousas: un oscuro pasado familiar que sae á luz, o desfalco dunha empresa, fantasmas con aínda unha palabra por dicir, o desmoronamento do rural, o silencio dos secretos, retazos de picaresca, idealización do urbano, odio e amor. Duas novelas paralelas. Unha repleta de intriga, de investigación, de épica contemporánea. Outra, íntima e persoal, sensible e lúcida.

O venres 16 de marzo, ás 16:00h no Centro de Interpretación do Contrabando, Vilardevós.




Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 12-03-2012 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0