CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


OPERACIÓN KILO


Este venres e sabádo, días 21 e 22 de febreiro, voluntarios/as do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas estarán no supermercaDo Eroski de Verín para recoller alimentos donados polos consumidores para o programa de emerxencia social. Esta actuación enmarcase na "Operación Kilo" do grupo Vegalsa, ó que pertence este supermercado.
Agardamos que unha vez máis os veciños/as da Comarca colaboren coa entidade con pequenas doacións de productos de primeira necesidade.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 19-02-2014 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DE TERAPIA OCUPACIONAL

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas pon en marcha un servicio de terapia ocupacional no fogar, destinado a persoas con deterioro cognitivo e/ou psicomotriz.
A través deste servizo buscamos a mellora da calidade de vida das persoas así como dos seus coidadores.

Para máis información:
Centro de Interpretación do Contrabando na rúa Xacinto Santiago, 23, Vilardevós, 988417232.
"Casiña" na rúa Mariano Carrero, 10, Verín, 988989508.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 18-02-2014 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE GALLETAS E BISUTERÍA


Hoxe día 12 e mañá 13 de febreiro colaboramos coa ANPA do Colexio María Inmaculada de Verín na realización dun taller de galletas da man de "Dulces Regalos de Eva".
Nenos e nenas realizarán a decoración de galletas e un cupcake con motivos de San Valentín, amor e amizade... Esperamos que lles guste!

O próximo día 18 e 20 de febreiro realizarán un obradoiro de bisutería da man de Anabel.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 12-02-2014 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS


CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA FAMILIAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA

Dende o CDR Portas Abertas estamos a desenvolver un programa de axuda a familias sen recursos.
Por este motivo, estamos recollendo alimentos de primeira necesidade sen pronta caducidade como poden ser: leite, galletas, pastas, arroces, legumes, conservas, zumos, etc.
Tamén estamos a atender a familias con bebés, así que tamén recollemos: pañales, leite de bebés, mobiliario infantil, roupa, etc.

Este sábado xa recollemos alimentos na actividade de Xadrez, ¡¡grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!! Continuamos coa iniciativa para as próximas sesións...

Coa vosa axuda poderemos axudar aos vosos veciños e veciñas!! Colabora!!
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 12-02-2014 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0