CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


ACHÉGATE Ó RÍO. PROGRAMA VOLUNTARIADO EN RÍOS

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas ven de firmar un convenio de colaboración con TRAGSATEC, para a posta en marcha do proxecto "ACHÉGATE Ó RÍO" dentro do Programa de Voluntariado en Ríos 2011, financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente a través da Confederación Hidrográfica do Douro. Este Programa ten o fin de contribuir á promoción do voluntariado na defensa, conservación e mellora dos ecosistemas fluviais.

O CDR dentro deste proxecto "Achégate ó río" levará a cabo as seguintes actividades que darán comenzo en marzo:
- ¡Limpa o teu río! Actividade a través da cal se pretende eliminar os residuos existentes no río Támega ao seu paso por Tintores e o río Pequeno a o seu paso por feces de Cima e de Abaixo.
- Análise da calidade do río Támega co C.E.I.P. Casterlo do Val e o Colexio Apostólico Mercedario de Verín.
- E agora, achegámonos ó río. Tras traballar co CRA de Monterrei pretendemos esta vez que os seus alumnos/as se acheguen aos ríos para analizar o seu estado.
- Descubre a Riberia. Xornada de pais, nais e fillos/as na que participan para coñecer os ecosistemas fluviais.
- ¿Coñécesme? A través desta actividade elaboraremos o contido necesario para a creación dun itinerario autoguiado así como paneis informativos dunha das zonas máis visistadas do Concello de Vilardevós, A Cidadella.
- Acción dende a casa. Charlas para fomentar o aforro de auga nos fogares e contribuir a defensa dos nosos ríos.

Para máis información, estará a disposición o blog do PROGRAMA DE VOLUNTARIADO EN RÍOS
ACHÉGATE Ó RÍO
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 13-02-2012 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO. J.D. SALINGER

O vindeiro venres 10 de febreiro ás 16:30h o club de lectura Portas Abertas reúnese para comentar a obra de J.D. Salinger, El guardián entre el centeno. Esta novela relata a viaxe de Holden dende o momento en que é expulsado da escola de Pency ata que chega de novo ao seu fogar psicoloxicamente moi afectado. Ao longo desta viaxe, Holden enfróntase ao mundo adulta no que pola súa idade está a punto de ingresar e sente a nostalxia pola inocencia infantil perdida.

"Moitas veces imaxínome que hai moitos nenos xogando nun campo de centeo. Miles de nenos. E están sos, quero dicir que non hai ninguén maior vixiándoos. Só eu. Estou ao borde dun precipicio e o meu traballo consiste en evitar que esos nenos caian nel. En canto empezan a corre sen mirar onde van, eu salgo de onde esté e cólloos. Eso é o que me gustaría facer todo o tempo. Vixilalos. Eu sería o gardián entre o centeo".

Novela de culto, algo que foi levado ao extremo por un dos seus máximos fans, Mark David Chapman, o home que asesinou a John Lennon en 1980. Chapman chegou a citar o libro como o lugar onde atopar a explicación a aquel acto.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 06-02-2012 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPAMOS NA GALA MUSICO-LITERARIA EN VERÍN POLA PAZ E DE CASTELAO

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-02-2012 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0