A próxima lectura do club é El Callejón de los milagros do premio nobel de literatura Naguin Mahfuz.
Unha panadeira que acosa ó seu home, un vendedor de caramelos, unha alcaiota e un dentista, un comerciante, a moza Hamida, fermosa, pobre e ambiciosa... Todos eles integran o peculiar universo do Callejón Midaq, no corazón do Cairo. Ahí atópase un café onde a radio sustituiu ós poemas e onde os homes se xuntan para a súa cotidiana ceremonia do té. A rúa, coa súa sordida miseria e as súas mil cores, é o testimonio dunha apaixoante trama que expresa as contradiccións humanas. El callejón de los milagros é unha das máis celebradas novelas sobre unha cidade de esplendoroso pasado, enigmática e cosmopolita, que reflexa fielmente os enormes cambios sufridos pola sociedad exipcia dende os anos corenta. Con estilo soberbio, Mahfuz xenera unha tensión constante fraguando una obra clave da prosa árabe e mundial.
O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas colabora ca Garda Civil na organización dunha charla para persoas maiores, sobre seguridade, que será levabada a cabo o vindeiro martes 15 de febreiro ás 17:00 na antiga escolar unitaria de Arzádegos.
Dende o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas estamos a impulsar unha aula de informática itinerante coa finalidade de achegar as novas tecnoloxías ás distintas aldeas do medio rural.
Este ano puxemos en marcha unha aula na antiga escola unitaria de Arzádegos, onde se imparten nocións básicas de informática... sendo así mesmo un lugar de encontro e intercambio.
Con motivo do 50 aniversario de Memorias dun neno labrego, o club de lectura Portas Abertas mergullarase na lectura desta obra de Xosé Neira Vilas escrita e publicada en Buenos Aires en xaneiro de 1961. Fundación Xosé Neira Vilas
"EU SON BALBINO. Un rapaz de aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre." Así comeza Memorias dun neno labrego, onde o protagonista, Balbino, ten que bater coa pobreza e as inxusticias da sociedade galega dos anos trinta.
Podedes pasar a recoller o libro o venres 11 de febreiro pola tarde.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.