CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


HERBA MOURA DE TERESA MOURE


O club de lectura Portas Abertas está a ler Herba Moura da monfortina Teresa Moure.
Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dunha personaxe contemporánea chamada Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil e, sobre todo, coa presenza de dúas mulleres: a ráiña Christina de Suecia e Hélène Jans, una entrañabel meiga residente en Amsterdam. Botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio ou a poesía, a autora contrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo. Herba Moura é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, desde logo, mais tamén a outras paixóns deostadas como a do amor polo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a da palabra. Esta novela engailante deita unha ollada crítica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recupérandoa para elas.


Xuntámonos o luns 8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA para comentala novela, ás 17:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 25-02-2010 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
ORIENTACIÓN, FORMACIÓN E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO


O CDR Portas Abertas está a levar a cabo o proxecto "Orientación, formación e promoción do autoemprego" financiado por Obra Social Caixa Galicia, no cal estanse a desenvolver algunhas das seguintes actuacións:
-Bolsa de emprego, que conta cos seguintes servizos:
Publicación no taboleiro de anuncios de ofertas de emprego actualizadas diariamente.
Publicación de información sobre formación e becas actualizadas semanalmente.
Realización e envíos de currículos.
Orientación laboral.
Proporcionar ás empresas que así o desexen posibles candidatos/as para as vacantes que oferten.
- Preparación para as probas de competencias clave, un requisito para os novos certificados de profesionalidade.
- Alfabetización dixital de persoas adultas.
- Apoio escolar a menores, tódolos martes durante dúas horas, en Vilardevós, estase a traballar con menores en materia de reforzo escolar.


C.D.R. PORTAS ABERTAS... CLASES PARA A ESCOLA DA VIDA
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-02-2010 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
COLABORAMOS NA XORNADA "A SAÚDE DAS MULLERES", SÁBADO 6 DE FEBREIRO.
A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "ENTRE NÓS" DE VILARDEVÓS ORGANIZA UNHA XORNADA PARA O SÁBADO 6 DE FEBREIRO DE 2010, ÁS 17.00H, NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO.

A PONENTE DE PRESTIXO NESTE CAMPO É DNA. ELOINA NÚÑEZ MASID, XERENTE DO COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE CON RAÍCES EN VILARDEVÓS.

ESTA XORNADA "A SAÚDE DAS MULLERES" ESTÁ FINANCIADA POLA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR.



AO REMATE, CUNHA ASISTENCIA DE MEDIO CENTEAR DE MULLERES, DISFRUTAMOS DO DOCUMENTAL "PEGADAS DE MULLER" EDITADO POR FEMURO SOBRE MULLERES DA COMARCA DE MONTERREI E LIMÍTROFES.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-02-2010 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
O ROTEIRO DA ESMORGA


O pasado sábado 30 de xaneiro, o club de lectura Portas Abertas desprazouse ata Ourense para percorrer aquelas rúas que Eduardo Blanco Amor evoca na súa novela A Esmorga. Espazos identificados con nove placas de cerámica que sinalan as oito paradas do roterio (a nove situase na que foi casa de Blanco Amor) por onde van pasando O Bocas, O Milhomes e O Cibrán.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 03-02-2010 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS E OBRA SOCIAL LA CAIXA

LA REGIÓN
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 02-02-2010 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
CONSTRUCCIÓN E COLOCACIÓN DE CAIXAS NIÑO
O pasado venres 22 levouse a cabo un obradorio de construcción de niños cos nenos e nenas do CEIP Rodolfo Núnez de Vilardevós co fin de recolonizar as especies autóctonas e o venres 29 colocáronse os mesmos pola ribeira do río Fornos.

Con esta actividad rematamos co proxecto "Móllate polo río" do Programa de Voluntariado en Ríos 2009 que viñamos desenvolvendo dende o mes de outubro.

Gracias a tódolos/as participantes!


SEGUIREMOS A PROMOVER A PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN ACTIVA DA SOCIEDADE NA CONSERVACIÓN E MELLORA DO NOSO MEDIO AMBIENTE.




EN BREVE IMOS COLGAR mais FOTOS DAS ACTIVIDADES DESENVOLTAS.
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 01-02-2010 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0