CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


EXPRESIÓN ARTÍSTICA INFANTIL

Co apoio dunha voluntaria vamos a comezar en xaneiro, á volta do cole, a iniciativa de EXPRESIÓN ARTÍSTICA INFANTIL onde se traballará cos nenos e nenas artes plásticas e artísticas.
Podedes ir apuntándovos xa na Casiña de Portas Abertas 988989508, hai prazas limitadas e será os venres pola tarde.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 26-12-2012 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
ACCIÓNS SOCIAIS SUBVENCIONADAS POLA DEPUTACIÓN DE OURENSE
En Outubro foinos concedida unha subvención da Deputación de Ourense coa que levamos a cabo algunhas accións que xa viñamos desenvolvendo con poboación inmigrante, poboación escolar con necesidades de reforzo, etc. Traballamos coas persoas con mais necesidades sociais tratando que adquirisen habilidades sociais para desenvolverse mellor no día a día e tamén clases de informática básica para tratar de romper a fenda dixital.

Carteis das accións desenvoltas.

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 26-12-2012 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
XADREZ 2013, traspasaremos fronteiras.
Despois dunha tempada intensa de Sábados de xadrez agora ven o tempo de xogar no fogar, de ensinar aos nosos irmáns ou irmás, pais e nais, avós e avoas ou amigos e amigas.

Foron un sábados onde fomos descubrindo novos voluntarios, que baixo a dirección de Óscar fan que o grupo de rapaces e rapazas da Comarca de Monterrei participe activamente nesta iniciativa, e que persoas adultas tamén se vaian achegando.

Deixámosvos aiquí mostras das últimas clases e vémonos o SÁBADO 12 de xaneiro de 2013 ás 11.30h na Casiña de Portas Abertas.

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 20-12-2012 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
DOCE RURAL: CRA de Monterrei e CDR Portas Abertas
O CRA DE MONTERREI, Centro Rural Agrupado xa leva anos compartindo iniciativas co Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas", nos pobos onde están as ubicadas as aulas:
Aula A Xironda.
Aula de Feces de Abaixo.
Aula de Pazos.
Aula de Vences.
Aula de Vilaza.

Dende formar a verdadeiros VIXIANTES DOS RÍOS, e plasmar en paneis a importancia de coidalos, agora pasamos a unha actividade de educación compensatoria sen mollarnos, máis do fogar, máis de organizar, de ordenar, de elaborar e degustar, agora temos no rural doces elaborados por reposteiros e reposteiras.

Que os nenos e nenas traballen de xeito didáctico e lúdico obradoiros de repostería doméstica estase reforzando que disfruten da súa familia, que se sintan útiles e importantes, que aprendan a cubrir necesidades primarias como a alimentación e sepan organizar e disfrutar do fogar no día de mañá.

Iremos descubrindo os dulces traballos que irán facendo polas distintas aulas.

Gústanos a colaboración mútua co CRA de Monterrei, coñezan o seu blog:
A TRASTENDA DO CRA DE MONTERREI


Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 19-12-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIROS DE NADAL

Durante as vacacións de nadal o CDR Portas Abertas pon en marcha uns obradoiros de nadal dirixidos a nenas e nenos nos que a través de diversas actividades desenvolvan a súa creatividade e imaxinación.
Os días 26 e 27 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro polas mañás, en horario de 11:00h a 13:00h, na casiña de Portas Abertas, Rúa Mariano Carrero 10 Verín. Información e inscrición no teléfono 988989508.


Mantemos as actividades extraescolares polas tardes.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-12-2012 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
LOS GIRASOLES CIEGOS. ALBERTO MÉNDEZ

O mércores 12 de decembro ás 16:00h reúnese o club de lectura Portas Abertas en Vilardevós para "regresar as historias reais da posguerra que contaron en voz baixa narradores que non querían contar contos senón hablar dos seus amigos, dos seus familiares desaparecidos, de ausencias irreparables. Historias de tempos de silencio, cando daba medo que alguén supera que sabías.
Los girasoles ciegos de Alberto Méndez son catro histoiras, sutilmente engarzadas entre sí, contadas dende a mesma linguaxe pero con os estilos propios de narradores distintos que van perfilando a verdadeira protagonista desta narración: a derrota.
Un capitán de exército de Franco que, o mesmo día da Victoria, renuncia a ganar a guerra; un neno poeta que fuxe asustado coa súa compañeira nena embarazada e vive unha historia vertixinosa de madurez e morte no breve plazo duns meses; un preso no cárcere de Porlier que se nega a vivir na impostura para que se nega a vivir na impostura para que el verdugo pueda ser calificado de verdugo; por último, un diácono que enmascara a súa lascivia tras o franquismo apostólico que reclama a sangre purificadora do vencido.
Todo o que se narra neste libro é verdade, pero nada do que se conta é certo, porque a certidumbre necesita aquiesciencia e aquiesciencia necesita a estadística. Foron tantos os horrores que, ao final, todos os medos, todos os sufrimentos, todos os dramas, só teñen en común unha cousa: os mortos. Pero os mortos da nosa posguerra xa están resoltos en cifras oficiais, aínda que xa é hora de que empecemos a recordar o que sabemos.
Este é o primer axuste de contas de Alberto Méndez coa súa memoria e faino emboscando nun flagrante intento de facelo dende a literatura.



O Centro de Desenvolvemento Portas Abertas pertence a unha rede de préstamo de clubs de lectura de Galicia formado por bibliotecas, outras entidades e IES gracias ao cal dispomos de variados títulos e no que pomos a disposición: 7 exemplares de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, 12 exemplares de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, 8 exemplares de Os vellos non deben namorarse de Castelao e 20 exemplares do Lazarillo de Tormes.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 10-12-2012 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Ao sair de clase...xuntámonos
Xa levamos así todo o curso escolar 2012/2013 Ao saír de clase... xuntámonos, de luns a xoves en horario de 17.30h a 19:00h con grupos de nenos e nenas que disfrutan das actividades extraescolares, levadas a cabo na Casiña de encontro de Portas Abertas na Rúa Mariano Carrero, 10 en Verín, no casco vello.

Os luns deixamos voar a nosa imaxinación para crear coas nosas mans xoguetes, adornos...

Os martes practicamos con outras linguas: Hello! What´s your name?...

Os mércores reforzamos esas materias nas que patinamos un pouco ou un moito.

E os xoves achegámonos as novas tecnoloxías, dende a mecanografía ao uso razonable de internet.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-12-2012 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0