CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


A ESMORGA DE EDUARDO BLANCO AMOR

O club de lectura "Portas Abertas" non quería rematar o ano sen a lectura da obra da que se cumpren 50 anos da súa publicación, A Esmorga do escritor ourensán Eduardo Blanco Amor. Crónica amarga e brutal de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de 24 horas deambulan polos aredores e baixos fondos da Auria (tranfondo ficcional de Ourense). Perseguidos pola xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cibrán, o Bocas e o Milhomes encontrarán o seu desafogo no alcohol, no sexo e na violencia...


O 15 de XANEIRO ÁS 18:00H quedamos no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós para compartir a nosa lectura.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 29-12-2009 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
NOVOS PROXECTOS E CONVENIOS PARA O 2010
NOVA NA REXIÓN
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-12-2009 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
CONVENIO CON OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA
O VENRES 18 DE DECEMBRO 2009, o CDR Portas Abertas, xunto con outras entidades sociais de Galicia, asinará en Vigo un Convenio para levar a cabo o proxecto ORIENTACIÓN, FORMACIÓN E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO financiado a través da IV CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROXECTOS SOCIAIS 2009-PROXECTOS DE ATENCIÓN E EMPREGO DE PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-12-2009 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
PAULINO PEÑA RINDE HOMENAXE A LINGUA E A TERRA EN VILARDEVÓS

O pasado mércores día 9 de decembro, o club de lectura "Portas Abertas" acolleu o encontro co poeta Paulino Peña para comentar o seu poemario Rodopíos no encoro e máis presentarnos Gramática da afirmación.

En palabras do autor, a súa obra é un "HOMENAXE A LINGUA E A TERRA". Unha lingua coidada e dignificada nos seus poemas. Unha terra sentida e querida. Coa vontade de comunicación co lector.

Agradecemos a Paulino esta tarde de recordos e esperanzas.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 10-12-2009 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
PARA SAIR DA CRISE CON INICIATIVA PROPIA

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-12-2009 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DO MINISTERIO CONCÉDELLE A COCEDER-CDR PORTAS ABERTAS CURSOS CON SAÍDAS LABORAIS PARA MULLERES

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-12-2009 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS DE LIMPEZA DE RÍOS... MÓLLATE E PARTICIPA.

PARTICIPA NA LIMPEZA DOS NOSOS RÍOS.
Paseo polos ríos retirando o lixo das súas beiras.

13 DECEMBRO, RÍO ARZOÁ EN ARZOÁ.
Camiñata dende a Silva ata Arzoá e limpeza da beira do río.
Autobús dende Verín, diante do Concello ás 11:00h.
Xantar no Centro Social de Arzoá.

20 DECEMBRO, RÍO FORNOS EN VILARDECERVOS.

3 XANEIRO, REGUEIRO DA FRAGA EN ARZÁDEGOS.

10 XANEIRO, REGUEIRO DAS QUINTAS NA VEIGA DAS MEÁS.

16 XANEIRO, RÍO MOUCE EN TERROSO.
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 04-12-2009 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CO POETA PAULINO PEÑA autor de RODOPÍOS NO ENCORO


No club de lectura Portas Abertas estamos a ler Rodopíos no encoro, poemario de Paulino Peña Álvarez, Premio no X Certamen Francisco Añón de poesía, Concello de Outes, 2006.

"Encoros das augas dos ríos da vida, remuíños que remexen na memoria", con estas palabras, o autor refirese ao poemario.

O MÉRCORES 9 DE DECEMBRO,
ÁS 18:00H

ACHÉGATE POLO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO,
ENCONTRO persoal CON PAULINO PEÑA,
para intercambiar opinións, formularlle preguntas, etc. Ademáis de introducinos outro dos seus poemarios, Gramática da afirmación.


Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 01-12-2009 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
AS MENSAXES DAS NOVAS XERACIÓNS, móllanse.




Os/as alumnos/as de 1º da E.S.O do I.E.S Castro de Baroncelli participan no proxecto "Móllate polo río".
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 01-12-2009 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0