CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


COMPETENCIAS CLAVE A EXAME.

Tras 3 meses de preparación para os exames das Competencias Clave de Nivel II, nas que as alumnas recibiron formación dos contidos de seis competencias: matemáticas, lingua galega, lingua castelán, ciencias, tecnoloxía e dixital necesarias para acceder as accións de formación dos novos certificados de profesionalidade de nivel II dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia; o pasado sábado 24 de novembro presentábanse os exames que tiñan lugar durante todo o día en Silleda.

Esperando que os resultados obtidos sexan do máis favorable, estes poderanse consultar no seguinte enlace COMPETENCIAS CLAVE


Esta actividade formativa foi financiada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento por parte do FSE do 80%.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-11-2012 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXE DIDÁCTICA AO RIBEIRO
O Curso "Dende a viticultura á cata" rematara o 12 de novembro, pero o alumnado e profesorado decidiron alongalo unha semana mais, e logo de coñecer adegas de Monterrei organizamos unha viaxe o sábado 17 ao Ribeiro.

Disfrutamos de novo de Bernardo, e a súa paixón pola terra e o traballo ben feito, coas ideas ben claras sobre o seu viño Issué, vede o seu blog A terra agradécecho.

Despois fomos visitar a maior Cooperativa vitivinícola do Ribeiro, con mais de mil socios, e unhas instalacións impresionantes, e unha gran variedade de viños con calidade.
vinoribeiro.com

E coma colofón xantamos nun paraxe de encanto, onde tradición e modernidade se funden con gran gusto Casal de Armán.

Viñémonos cun montón de boas sensacións da convivencia, deixámosvos mostras fotográficas, e tamén o enlace do blog do profesor de cata Javier
vinosdemonterrei.com onde atoparedes un montón de información.


Comentarios (1) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 19-11-2012 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
RUTA DO MARROQUÍ EN LAZA.

Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 18-11-2012 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA O CURSO DE CAIXEIRO/A

O pasado 9 de novembro rematou o curso de caixero/a iniciado en outubro dentro do noso proxecto de inclusion social.
Tras 55 horas teóricas nas que se abordaron os módulos de operatividade de caixa terminal punto de venta, a comuniación e comportamento do vendedor/a e comportamentos ligados a seguridade e hixiene e máis o curso de manipulador/a de alimentos (este último proporcionado polos equipos de inclusión socio-laboral). As alumnas realizaron 85 horas de prácticas nas Tendas D y D, tras a firma dun convenio de colaboración do CDR Portas Abertas con esta empresa de Verín, a cal mostrou o seu interés por seguir a colaborar con nós.
Por todo elo, o noso agradecemento o responsable Miguel Diéguez polo seu interese e colaboración.

Esta actividade formativa foi financiada pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento por parte do FSE do 80%.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-11-2012 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
ALEKHINE DE CHAVES E PORTAS ABERTAS
Neste sábado 3 de novembro tivemos unha clase de xadrez ben especial na Casiña de Portas Abertas pois recibimos por sorpresa a visita duns mestres neste deporte da Academia de Xadrez Alekhine de Chaves cun agasallo-galardón que xa lucimos na nosa entrada.

O Sr. J. Matos de Chaves e Oscar, o motor do noso grupo, xa foron acordando un futuro encontro amistoso en Chaves para adultos e menores cos seus pais.

Para xa irnos preparando houbo unha partida entre dous adultos, e cos mais pequenos estiveron os monitores-voluntarios realizando unha partida simultánea con tódolos nenos e nenas.

Unha vez mais Portas Abertas inicia unha nova colaboración cunha entidade doutro lado da raia, eperamos que se consolide no tempo.



Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 04-11-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0