CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CURSO CONSELLERÍA MEDIO RURAL: Outros aproveitamentos forestais

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 24-11-2011 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
COMPETENCIAS CLAVE 2011
Dende o CDR Portas Abertas, a través do Plan de Inclusión Social da Xunta de Galicia, formouse a mulleres e homes nas Competencias Claves, básicas no desenvolvemento formativo e laboral hoxe en día.

Asistiron a clases intensivas, complicadas e divertidas, pero o esforzo mereceu a pena xa que o resultado de aprobados foi moi alto.

Noraboa ao alumnado e ao profesorado.

Neste enlace poden comprobar os resultados persoalmente.


COMPETENCIAS CLAVES PARA OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDAD


Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 21-11-2011 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONTINUAMOS FORMANDO A TODA A POBOACIÓN

Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 15-11-2011 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

Dende o club de lectura Portas Abertas, rendemos homenaxe ao centenario do nacemento do escritor Álvaro Cunqueiro (1911-1981) coa lectura da súa novela narrativa fantástica Merlín e Familia.

O vindeiro venres 18 de novembro, reunímonos para falar de Cunqueiro e da súa obra, e de Merlín e Familia. Obra publicada en 1955, un universo, único na literatura, xorde nas fascinates e engaioladoras historias que conta Felipe de Amancia, paxe ao servizo do Mago Merlín. En Cunqueiro, a arte das palabras, tinguida polo fino humor, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián. Maxia para o lector.

Invitamos tamén a acudir a ver a exposición "No niño novo do vento, cen anos con Álvaro Cunqueiro" que estará durante o mes de novembro ata xaneiro en Vigo, e coa posibilidade de percorrer o roteiro nesta mesma cidade para coñercer máis sobre a súa vida social e profesional.



CENTENARIO ÁLVARO CUNQUEIRO
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 15-11-2011 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
APOYO A LA FAMILIA DE BLANCA THIBEAUT


Desde la ONG-CENTRO DE DESARROLLO RURAL "PORTAS ABERTAS" de Vilardevós, Ourense, miembro de COCEDER (Confederación de Centros de Desarrollo Rural) queremos solidarizarnos con CARLOS y MARINA, familia muy querida en Vilardevós y padres de la cooperante Blanca Thibeaut, secuestrada en Kenia junto a su compañera Montserrat Serra al trabajar con Médicos sin Fronteras en misión humanitaria en Dadaab.

Desde el CDR Portas Abertas, con oficinas en el Centro de Interpretación del Contrabando en Vilardevós, animamos a todos los vecinos, amigos y personas sensibilizadas que pasen a plasmar con su firma su apoyo expreso pidiendo la PRONTA LIBERACIÓN, que le haremos llegar a su familia.

UN MES DE SECUESTRO, La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 13-11-2011 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
RUTAS DO CONTRABANDO POR VILARDEVÓS
MAIS INFORMACIÓN E ORGANIZACIÓN DE GRUPOS A TRAVÉS DA ASOCIACIÓN C.D.R. PORTAS ABERTAS NAS DEPENDENCIAS DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO EN VILARDEVÓS (OURENSE)
.

Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 09-11-2011 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
RESUMO DO CURSO "Novos retos da industria agroalimentaria"
No Curso "Novos retos da industria agroalimentria" celebrado no Centro Cooperativo de Pazos, dende a Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural e o CDR Portas Abertas acadáronse amplamente os obxectivos definidos no programa, tocando temas tan de actualidade en tempos de crise coma a Soberanía Alimentaria ou a Banca Ética Fiare, entre outros.

Aprendemos que a máxima de calidade, constancia e aprendizaxe continuado fan que a nosa terra agradecida poida dar viños con excelencia, ganaderías recoñecidas e un montón doutras iniciativas agroindustriais que non nos atrevemos a poñer en práctica.

A unión de productores e achegar en persoa estes productos a mercados tradicionais, ou venda directa aos veciños tamén pode mellorar os beneficios, os propios productores son os que mellor coñecen e valoran o que teñen.

Xa sabíamos que xunto con Lugo, Ourense é a provincia de maior producción de castaña de calidade a nivel península ibérica, e deuse a coñecer mais en profundidade que hai solución ao chancro. O curso serviu para que asociacións se unan e reclamen conxuntamente o tratamento.

O que menos nos gustou, pero que tamén coñecemos foi a enorme burocracia para emprender e o pouco que nos sabemos vender.

Xa foron fervendo entre o grupo de asistentes a organización de visitas didácticas a Amayuelas-Municipio ecolóxico, a Arnoia-O Ribeiro, e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro en Pontevedra.

Recollemos novas inquedanzas para o ano que ben, aiquí vos deixamos cunha mostra dos distintos momentos do curso.


Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 09-11-2011 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0