CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


ASPECTOS LEGAIS RELACIONADOS COAS MASAS DAS AUGAS

No Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós terá lugar, o día 1 de decembro ás 17:00h, a Charla informativa acerca dos aspectos legais relacionados coas masas das augas; dentro do proxecto "REmóllate polo río" enmarcado no Programa de Voluntariado en Ríos 2010 financiado polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino a través de la Confederación Hidrográfica del Duero.
Nesta charla abordaranse temas como dominio público das augas, permisos e autorizacións para levar a cabo diversas actuacións nas marxes do río...

Información e inscrición no teléfono 988417232
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 25-11-2010 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE NATUREZA

No marco do proxecto REmóllate polo río do Programa de Voluntariado en Ríos 2010, o CDR Portas Abertas levará a cabo durante este mes de novembro un "Obradoiro de Natureza", que a través de diversas actividades pretenderá da a coñecer os ecosistemas fluviais e a súa importancia para os seres vivos, así como tamén fometar a educación ambiental entre os nenos e nenas do medio rural.


QUE BEN NOS TRATARON NA TRASTENDA DO CRA DE MONTERREI
BLOG DO CRA DE MONTERREI

MOSTRAS DOS OBRADOIROS DE NATUREZA NA CRUZ VERMELLA, CENTRO OCUPACIONAL, CRA Unitarias de Feces de Abaixo, Pazos, Vences, Villaza e Xironda, E EN VILARDEVÓS.



Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 08-11-2010 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
REGRESA O CLUB DE LECTURA PORTAS ABERTAS

Tras unhas largas vacacións, o club de lectura Portas Abertas retoma a súa andaina coa lectura de El vagón de las mujeres da escritora Anita Nair.

Akhila, unha muller de corenta e cinco anos, solteira, e de quen dependeu sempre a súa familia sente un repentino impulso de fuxir de todo. No furgón dun tren que atravesa a India en dirección ao sur, encóntrase con outras cinco viaxeiras coas que comparte confidencias.
Janaki, una nai confundida; Margaret, unha profesora de química cun marido tiránico; Prabba, unha sumisa esposa que busca a súa verdadeira identidade; Shaela, unha rapaza de catorce anos que comprende os últimos desexos da súa avoa mellor qque ninguén; Marikolanthu, que viviu máis experiencias que todas elas xuntas; e Akhila, que espera que as súas historias cambien as súas vidas. Seis personaxes que se atopan nesta cálida novela para descubrir o amor, o matrimonio, a familia, a amizade e o traballo na India e no mundo.


Podedes pasar mañá venres 5 de novembro polo Centro de Interpretación do Contrabando, en Vilardevós, a recoller o libro.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 04-11-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0