CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


CEA-ENTREGA DE DIPLOMAS DE 3 CURSOS DO 2009
O VENRES 27 DE NOVEMBRO O ALUMNADO DE TRES CURSOS E O CDR PORTAS ABERTAS ORGANIZA UNHA CEA ECOLÓXICA E ENTREGA DE DIPLOMAS DE TRES CURSOS - NO MUXÍA EN VILARDEVÓS-.


OS CURSOS FORON:
- TRABALLADOR/A SECTOR FORESTAL.60 H.
- SOSTENIBILIDADE E ACTIVIDADES AGRÍCOLAS, GANDEIRAS E MEDIOAMBIENTAIS. 45H.
- COMPETITIVIDADE E MELLORA DA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA ECOLÓXICA. 46H.


O ESFORZO TEN A SÚA RECOMPENSA.


ESPERAMOS QUE ESTA FORMACIÓN SIRVA PARA A VIDA PERSOAL E PROFESIONAL DE CADA UN/UNHA.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-11-2009 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA DE PAIS/NAIS E FILLOS/AS COÑECENDO OS RIOS- AUTOBÚS O DOMINGO 29 ÁS 10.30 DIANTE DO CONCELLO DE VERÍN.

O AUTOBÚS SAIRÁ ÁS 10:30H DA PRAZA DO CONCELLO DE VERÍN


SE ESTÁ MAL TEMPO, REFUXIARÉMONOS PARA O XANTAR E AS ACTIVIDADES NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO EN VILARDEVÓS.

Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 20-11-2009 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
21 e 22 de Novembro. XORNADA DE IDENTIFICACIÓN DE ESPECIES ANIMAIS E VEXETAIS- Pomos a estancia e manutencion...TI QUE POS??

Os días 21 e 22 de novembro levaranse a cabo as Xornadas de identificación das especies animais e vexetais presentes nos nosos ríos, a través de varias actividades:
camiñadas pola beira do río,
identificación de macroinvertebrados,
obradoiro de pegadas...

Convidamos a participar a todos/as NUNHA FIN DE SEMANA NO ALBERGUE DE VILARELLO DA COTA, con aloxamento e comida gratuíta.

De ALBERGUE RURAL VILARELLO


A reserva de prazas farase por orde de inscrición.

Interesados/as: teléfono 988417232 ou no e-mail rural@cdrportasabertas.org



NOVA DO PROXECTO NA REGION
Comentarios (2) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 13-11-2009 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAMOS A MOLLARNOS......

Dende o día 2 ao 9 de novembro leváronse a cabo as charlas sobre A biodiversidade no entorno dos ríos en varias aldeas do Concello de Vilardevós e no I.E.S Castro de Baroncelli de Queizás.


Fomentouse o debate sobre o estado dos nosos ríos e a calidade das augas.

Animámosvos a seguir participando, coma os veciños e veciñas da Veiga das Meas, con eles e con vos quedamos o DOMINGO 15 EN ARZOÁ, ás 15:00 horas.

Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 09-11-2009 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Móllate... Participa... ANÁLISE DA CALIDADE DAS AUGAS
Co fin de promover a formación ambiental sobre a calidade da auga e os ecosistemas fluviais; ensinando a analizar e estudiar os distintos elementos que determinan dita calidade:

O 15 DE NOVEMBRO ÁS 15:00H ANÁLISE DA CALIDADE DAS AUGAS NO RÍO DE ARZÓA.

-Chegada ás 15:00h ao río de Arzoá.

-Percorrido pola beira do río, do que seleccionaremos unha zona onde realizar o muestreo.

-Observaremos as presións de este treito.

-Mediremos os indicadores químicos e físicoquimicos.

-Calcularemos o índice de macroinvertebrados.

PARTICIPA! Teléfono de información e inscrición: 988 417232
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 09-11-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
RULANDO DE NOVO, ANDAINA O 22 DE NOVEMBRO, Se nos deixa a choiva. SO QUEDAN 4 PRAZAS.

POLA CHOIVA CAMBIOUSE A DATA PARA O DOMINGO 22.


LEVAR CALZADO CÓMODO,
ROUPA AXEITADA PARA A MONTAÑA,
CÁMARA DE FOTOS,
E COMIDA E BEBIDA.
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 09-11-2009 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
GÚSTANOS COMA VALORAN O NOSO ENTORNO
VEÑEN DENDE A CORUÑA PERCORRER AS RUTAS DO CONTRABANDO
De VISITA DE SOCIEDADE DE MONTAÑA ARTABROS
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 05-11-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
A PELÍCULA, EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
O club de lectura Portas Abertas xuntarase para comentar a adaptación cinematográfica da novela de Jonh Boyne, El niño con el pijama de rayas do director Mark Herman.

ACHÉGATE POLO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO, EN VILARDEVÓS, O VENRES 6 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H.


Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 02-11-2009 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DA EXCURSIÓN DO 31 NA ESQUERDA EN FOTOBLOGOTECA EN CURSOS.
DESCUBRIMOS O OUTONO EN MONFORTE: ECOLOXÍA, CASTAÑAS, VIÑO E CULTURA.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-11-2009 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0