CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


Curso en Verín: DENDE A VITICULTURA Á CATA.

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" imos levar a cabo o Curso "Dende a viticultura á cata", comezando por un nivel básico de aprendizaxe sobre a seguintes temáticas:

O espazo, a vide é o home: Suelos, clima, a planta (patróns e variedades), a xeografia, o saber facer e a técnica.

A cata: Porques da cata. Principios básicos da cata, visual, olfativa, gusto, interpretación. Defectos. Cualidades. Quen cata?. Que se busca coa cata?. Fichas de cata de distintas modalidades.

Singularides e/ou especificidades: Interpretación dun viño dende o espazo de producción. A expresión dos viños.

So hai 15 prazas para persoas que estén traballando, por eso é nun horario extralaboral e dous sábados, un cunha viaxe técnica.

Expertos con gran currículum nesta área farán que o curso sexa participativo, ameno e dinámico.


___________MOSTRAS DO CURSO_________________





Comentarios (2) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 11-10-2012 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
GAITA TRADICIONAL EN VILARDEVÓS

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 05-10-2012 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
II ANDAINA VISTA PINTORESCA

No 2009 xa houbo quen descubriu a gran paisaxe que se pode ir observando dende Vilardevós ata o alto de Peña Nofre en Castrelo do Val, camiños, bosques e paisaxes que van abrindo o horizonte que nos rodea, xa se nota o arrecendo do outono (castañas, cogumelos, follas caídas...).

Nesta Andaina formalizaremos a través dun convenio a colaboración que mantemos dende hai anos na área medioambiental e deportiva coa Asociación Ruta das Augas de Verín.

Nesta ponte do Pilar que mellor que disfrutar da natureza e do noso entorno.

Infórmate e inscríbite nos teléfonos ou nas direccións do cartaz, o custe é de 3?.

Xa está preparada a II ANDAINA VISTA PINTORESCA, é realmente impactante, poderemos contemplar media provincia de Ourense, ata Portugal e Castela. E para que os camiñantes poidan participar na do Riós o domingo, e non quedarse fríos e marchar nada mais chegar ou ir xantar á casa, VAMOS A FACELA AO REVÉS, ás 8.30h o autobús levaranos a Peña Nofre e remataremos no Centro do Contrabando. VÉMONOS.



________________________________________

QUE DIA TAN BO TIVEMOS, algunhas fotos do medio centenar que nos xuntamos a disfrutar dunhas vistas impresionantes.


Comentarios (1) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 01-10-2012 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0