O Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" acaba de asinar un convenio de colaboración coa OBRA SOCIAL LA CAIXA tras ser aprobado por esta entidade o proxecto RECURSOS PARA A INTEGRACIÓN NA COMARCA DE VERÍN coa finalidade de axudar aos colectivos mais desfavorecidos do medio rural e integrarse social e laboralmente a través de diferentes actuacións que atenúen as carencias, desenvolvan capacidades e habilidades e en definitiva propicien a consecución de emprego.
Este proxecto foi aprobado por La Caixa na Convocatoria 2011 de Loita contra a pobreza e a exclusión social, dentro do programa "Promoción da participación e a inserción social".
Está dirixido a persoas con limitacións importantes para poder cubrir aspectos básicos da vida cotiá. O Director D.José Luis Francisco da oficina La Caixa de Verín e o Presidente do CDR Portas Abertas D. José Paz Paz formalizaron o convenio coa sinatura de ambos.
O vindeiro venres 14 de outubro, ás 16:00h reúnese o club de lectura Portas Abertas para comentar a obra de Alessandro Baricco, Seda.
Baricco presenta a edición italiana da obra con estas palabras: "Esta non é unha novela. Nin sequera é un conto. Esta é unha historia. Comeza cun home que atravesa o mundo, e acaba cun algo que permanece inmóbil, nunha xornada de vento. O home chamábase Hervé Joncour. O lago, non se sabe. Poderíase dicir que é unha historia de amor. Pero si soamente fora iso, non valería a pena contala. Nela están mesturados desexos, e dores, que se sabe moi ben o que son, pero que non teñen un nome exacto que os designe. E, en todo caso, ese nome non é amor. (Isto é algo moi antiguo. Cando non se ten un nome para dicir as cousas, entón utilízanse historias. Así funciona. Dende fai séculos.)
Todas as historias teñen unha música propia. Esta ten unha música branca. É importante dicilo porque a música branca é unha música estraña, a veces desconcértache: execútase suavemente e bailase lentamente. Cando a executan ben é como oír o silencio e a os que a bailan estupendamente míraselles e parecen inmóbiles. A música branca é algo rematadamente difícil.
Non hai moito máis que engadir. Quizais o mellor sexa aclarar que se trata dunha historia decimonónica: o xusto para que ninguén se espere avións, lavadoras ou psicoanalistas. Non os hai. Quizais noutra ocasión."
Esta obra foi adaptada ao cine da man do director François Girard no ano 2007.
Pasamos unha fin de semana entrañable, ao comezar outubro, cun grupo de 37 persoas de Santiago (encantadoras, alegres e agradecidas) que visitaron as Rutas do Contrabando e tamén as Rutas gastronómicas de Chaves e Vilardevós.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.