CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


A FAVOR DA INCLUSIÓN SOCIAL...Contamos todos e todas.

Convidáronnos a contar a experiencia do CDR no esforzo da Inclusión Social pola formación, información e apoio ás persoas con dificultades do medio rural.


MAIS INFORMACIÓN NA WEB DO EVENTO
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 31-10-2009 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPAMOS CON CESTERÍA E TEAR NA FEIRA DA GUDIÑA
XV FEIRA FORESTAL E AGROALIMENTARIA PROVINCIAL

Comprádelle aos cesteiros cestas para os cogomelos e castañas e as tecedeiras chales e bufandas para o inverno. Esperemos que vos gusten os seus traballos artesáns.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-10-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Móllate...participa..CHARLAS SOBRE A BIODIVERSIDADE ENTORNO AOS RÍOS

Charlas para dar a coñecer á poboación a variedade de especies animais e vexetais que se atopan entorno ao río e a necesidade de conservación e mellora dos ecosistemas fluviais para o mantemento de esta biodiversidade.

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL PRODUCCIDO POR CAIXANOVA: AUGAS VIVAS DE GALICIA. Excitante viaxe sonoro e visual, con imaxes sorprendentes que reflexan a vida que se esconde no silencioso interior dos ríos galegos.

-LUNS 2 DE NOVEMBRO ÁS 16:00H NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANO EN VILARDEVÓS.

-MÉRCORES 4 DE NOVEMBRO ÁS 10:20 NO I.E.S. CASTRO DE BARONCELLI EN QUEIZÁS.

-XOVES 5 DE NOVEMBRO ÁS 16:00H NO CENTRO SOCIAL
DA VEIGA DAS MEAS (VILARDEVÓS).


-VENRES 6 DE NOVEMBRO ÁS 16:00H NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO CONTRABANDO.

-LUNS 9 DE NOVEMBRO ÁS 16:00H NO CENTRO SOCIAL DE VILARDECERVOS (VILARDEVÓS).


XUNTAMENTE COA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO DUERO IREMOS CONCRETANDO AS DASTAS E HORAS DAS DISTINTAS ACCIÓNS QUE LEVAREMOS A CABO.

Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 28-10-2009 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
VEÑEN DENDE A CORUÑA PASEAR POLAS RUTAS DO CONTRABANDO
CON ANTERIORIDADE XA ESTIVERON OS/AS ORGANIZADORES/AS VISITANDO AS RUTAS DE VILARDEVÓS E CONCRETARON A VISITA EN COORDINACIÓN CON PORTAS ABERTAS.
BOS PASEOS E ESTANCIA. BENVIDOS/AS.


SOCIEDADE DE MONTAÑA ÁRTABROS
Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 27-10-2009 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
XA HAI FOTOS (Ver en Foblogoteca de rutas) E TEMPOS: II RURAL BIKE VILARDEVÓS
De TEMPOS DOS PARTICIPANTES NA II RURAL BIKE VILARDEVÓS

Comentarios (0) - Categoría: DE RUTAS... - Publicado o 22-10-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS, John Boyne
O CLUB DE LECTURA PORTAS ABERTAS BÓTASE ANDAR DE NOVO CA OBRA EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS DE JONH BOYNE.

As palabras do editor acerca da novela:
"Estimado lector, estimada lectora:
Aunque el uso habitual de un texto como éste es describir las características de la obra, por una vez nos tomaremos la libertad de hacer una excepción a la norma establecida. No sólo porque el libro que tienes en tus manos es muy difícil de definir, sino porque estamos convencidos de que explicar su contenido estropearía la experiencia de la lectura. Creemos que es importante empezar la novela sin saber de qué trata.
No obstante, si decides embarcarte en la aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un niño de nueve años, cuando se muda con su familia a una casa junto a una cerca. Cercas como ésa existen en muchos sitios del mundo, sólo deseamos que no te encuentre nunca con una."

O vindeiro VENRES 23 DE OUTUBRO ÁS 18:00H, xuntámonos no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós para compartir a lectura.

Comentarios (2) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 17-10-2009 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMÁTICA DE USUARIO 225 HORAS, curso da Consellería de Traballo e Benestar, para persoas desempregadas, PASAR POLO INEM DE VERÍN SOLICITANDO ESTE CURSO EN VILARDEVÓS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-10-2009 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
NÓS TAMÉN ESCRITORAS Venres 16 de outubro ás 16.00h


O vindeiro 16 de outubro as 16:00h, no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós terá lugar o Obradoiro "Nós tamén escritoras" dentro do programa Tempos de Mulleres 2009.

Obradoiro literario dirixido a formar ás mulleres que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber coma pensan os/as que escriben.
¡ACHÉGATE!


"SON TEMPOS DE MULLERES, SON...TEMPOS
PARA COMPARTIR, PARA PARTILLAR, PARA SOÑAR...
TEMPOS PARA SAÍR DA CASA, PARA FORMARNOS,
PARA VALORARNOS E VALORAR O NOSO CONTORNO...
TEMPOS PARA COÑECÉRMONOS E COÑECER O NOSO PASADO, TAMÉN PARA PLANIFICAR O NOSO FUTURO...
TEMPOS PARA PENSAR XUNTAS SOBRE NÓS MESMAS..."
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 13-10-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DO MINISTERIO DE INTERESE PARA PERSOAS ACTIVAS

O 31 en Monforte tamén iremos ao CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA


Darase compensación para o transporte a tódalas persoas asistentes, sempre e cando cumpran o mínimo de asistencia esixido.

CURSO DE 46 HORAS, PUNTUABLE, CON DIPLOMA OFICIAL DO MINISTERIO DO MEDIO RURAL, MEDIO AMBIENTE E MARINO.

AMENO E PRÁCTICO.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-10-2009 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO EN RÍOS 2009........ MÓLLATE POLO RÍO

O pasado venres 2 de outubro, o C.D.R."Portas Abertas", en Vilardevós, deu comenzo ao proxecto MÓLLATE POLO RÍO dentro do programa VOLUNTARIADO EN RÍOS 2009 xestionado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a través das Confederacións Hidrográficas.

Reuníronse a coordinadora e os/as monitores/as que desenvolverán o proxecto para concretar o plan de difusión do mesmo, así como a organización das actividades que se levarán a cabo durante os vindeiros catro meses co fin de - CONTRIBUIR Á PROMOCIÓN DO VOLUNTARIADO NA DEFENSA, CONSERVACIÓN E MELLORA DOS ECOSISTEMAS FLUIVIAIS-.


Se queres saber mais MÓLLATE...988417232.
rural@cdrportasabertas.org

Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 03-10-2009 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0