Comezamos o 2014 pondo en marcha o PROGRAMA DE ATENCIÓN URXENTE A PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, no que a través de distintas actuacións damos cobertura ás necesidades básicas e sociais das persoas, acompañamos para favorecer a inclusión, ofrecemos un servizo de información...
Polo momento estamos a recoller roupa para nen@s, roupa textil como mantas, edredóns, etc.; mobiliario (preferentemente de dormitorio) e diversos accesorios para bebés.
Se queres colaborar co CDR Portas Abertas ponte en contacto con nós a través dos teléfonos 988417232 ou 988989508.
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.