CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS!


Dende o CRD Portas Abertas encantaríanos que compartises con nós novas ideas.
Se tedes algo de tempo libre e algunha habilidade, ou simplemente che gustaría colaborar con nós... Animádevos!
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-09-2013 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA

Curso online de 50h de duración do 27 de setembro ao 31 de outubro de 2013.
Dirixido a persoas ocupadas: traballadores/as e/ou propietarios de industrias do sector e agroalimentario.

Abordaranse os seguintes módulos formativos: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo (10h), Riscos xerais e a súa prevención (25h), Riscos específicos e a súa prevención no sector agroalimentario (5h), Elementos básicos de xestión da prevención de riscos (5h) e Primeiros Auxilios (5h).
Este programa formativo é financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Para máis información e inscricións: 988417232, 988989508 ou rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 03-09-2013 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
SIX E CARTOGRAFÍA. BASES DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O vindeiro 24 de setembro ás 19:30h terá lugar a charla "SIX e cartografía. Bases do desenvolvemento económico" impartida polo ilustre Rodolfo Núñez de las Cuevas.
A súa experiencia vai dende cargos como enxeñerio do Instituto Geográfico Nacional (IGN) na área de cartografía, Instituto do que despois sería director; Investigador principal en proxectos realizados coa Nasa e pioneiro na aplicación e desenvolvemento da teledetección espacial con fins cartográficos.
Durante o seu mandato como director xeral do IGN, entre outras actuacións relevantes, cabe sinalar o inicio da formación e publicación do Mapa Topográfico Nacional 1:25.000; rematáronse os mapas provinciais a 1:200.000; encetouse a formación de ortoimaxes con fins catastrais; comezouse o Sistema Nacional de Información Geográfica... e un sinfín máis de traballos, creación de instalacións, investigacións, docencia...

Esta charla está incluida dentro do "Curso de SIX", pero estará aberta a tódalas persoas interesadas tanto no tema como en coñecer a persoa de Rodolfo Núñez de las Cuevas. Non é necesario ser alumno/a do curso.
Para inscribirse: teléfonos 988417232 ou 988989508 ou ben no correo rural@cdrportasabertas.org

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 03-09-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
CLASE SOBRE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

Xosé Ramón López, director do Grupo de Música Tradicional Galega CANDAIRA (Castrelo do Val), achegouse polo centro do CDR Portas Abertas en Verín para dar a coñecer aos nenos e nenas que participan nas actividades do Verán Aberto instrumentos e ritmos da nosa música tradicional: a gaita, a pandereta, o pandeiro, a sartén, a lata, o birimbao...



Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 28-08-2013 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
COMPETENCIAS CLAVE

O CDR Portas Abertas comeza de novo, no mes de setembro, coa preparación das competencias clave de nivel II.

Para máis información e matrícula: 988989508, 988417232 ou rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 22-08-2013 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE PINTURA


Clases de pintura a partir de setembro para nenos e nenas a partir de 4 anos no Centro do CDR Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.
Horarios a convir ca profesora.

Información e matrícula no propio Centro, nos teléfonos 988989508 e 988417232 ou rural@cdrportasabertas
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 20-08-2013 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE INICIACIÓN AO PORTUGUÉS


CURSO DE INICIACIÓN AL PORTUGUÉS
Impartido por unha licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, cunha duración de 12 horas e coa posibilidade de realizar unha excursión de fin de curso a Oporto.

Información nos teléfonos 988417232, 988989508 ou rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 20-08-2013 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
RECUPERACIÓN DE OFICIOS ARTESANAIS


O pasado 4 de agosto o CDR Portas Abertas participou na XVI Feira do Pemento de Oimbra coa recuperación do oficio artesanal da cestería.

Comentarios (0) - Categoría: OBRADOIROS TEAR E CESTERÍA - Publicado o 12-08-2013 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE MONITOR DE OCIO E TEMPO LIBRE

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas ten a posibilidade de impartir o Curso de monitor de ocio e tempo libre en Verín. Curso a través do cal adquirir as competencias necesarias para realizar actividades específicas con nenos, xóvenes e maiores.

Se che interesa esta curso, infórmate e inscríbete no Centro do CDR Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín ou nos teléfonos 988989508/988417232, rural@cdrportasabertas.org

Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 02-08-2013 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
INNOVACIÓN NA XESTIÓN EMPRESARIAL DE PEQUENAS INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS NO MEDIO RURAL


Curso dirixido a persoas en activo do sector agroalimentario no que se aboradarán temas como: a innovación na xestión, o control contable, a xestión fiscal, as novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas a empresa, os novos procesos de comercialización, as novas fontes de financiación...
O curso impartirase no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós (beca de desprazamento) durante os meses de setembro e outubro en horario de tarde, cunha duración de 36 horas.
Financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Social Europeo

Inscricións e matrículas no teléfono 988417232 ou no 988989508 ou ben en rural@cdrportasabertas.org.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 29-07-2013 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0