CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


PROGRAMA DE ATENCIÓN URXENTE A PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL


Comezamos o 2014 pondo en marcha o PROGRAMA DE ATENCIÓN URXENTE A PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, no que a través de distintas actuacións damos cobertura ás necesidades básicas e sociais das persoas, acompañamos para favorecer a inclusión, ofrecemos un servizo de información...
Polo momento estamos a recoller roupa para nen@s, roupa textil como mantas, edredóns, etc.; mobiliario (preferentemente de dormitorio) e diversos accesorios para bebés.

Se queres colaborar co CDR Portas Abertas ponte en contacto con nós a través dos teléfonos 988417232 ou 988989508.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 10-01-2014 17:23
# Ligazón permanente a este artigo



O CDR PORTAS ABERTAS DESÉXAVOS UN BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!
ESPERAMOS QUE O 2014 VEÑA CARGADO DE LEDICIA, NOVAS OPORTUNIDADES E BOS MOMENTOS PARA TODOS E TODAS!

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-12-2013 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
OPEN XADREZ VERÍN
Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica dos participantes e gañadores do Open Xadrez Verín celebrado o pasado 21 de decembro entre o CDR Portas Abertas e o Concello de Verín.
Contamos coa colaboración de Supermercados DyD, a HortoVerín e a Cabreiroá.


Grazas aos participantes, aos colaboradores e ao coorganizador.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-12-2013 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
RECOLLIDA DE TAPÓNS


Seguimos a recoller tapóns, esta vez en estreita colaboración coa Fundación Seur, ca que acabamos de firmar un convenio.
Os tapóns serán para Paula, unha nena de catorce anos que necesita unha cama hospitalaria que lle permita mellor movemento.
Necesita xuntar 31,8 toneladas de tapóns para finais de Novembro.

Recicla e achega os teus tapóns polo Centro do CDR Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín ou no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-11-2013 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Identificacion de Setas


Dende o C.R.D. Portas Abertas, promovemos o consumo de setas,pero sempre con seguridade! Por iso mesmo levamos a cabo iniciativas como esta xornada de recoñecemento das mesmas.

¡Esperamos que sexa do voso interese!

Non vos esquezades que o límite de inscripción é o 25 de Outubro.
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-10-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
RURALÍZATE
Fins de semana no albergue de Vilarello da Cota, cheos de actividades de convivencia, de participación, de contacto coa natureza... nos que achegamos os mozos e mozas ao medio rural para que o coñeceran e o valoraran como un alternativa factible no que desenvolver as súas vidas.

Finaciado pola Dirección Xeral de Voluntariado e Xuventude a través da Consellería de Traballo e Benestar.


Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 10-10-2013 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS E ENSINO DE XADREZ


Retomamos os sábados de ensino e encontros de Xadrez no Centro do CDR Portas Abertas na Rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.
O primeiro e último sábado de cada mes de 16:00h a 17:30h xuntarémonos para aprender, compartir, ensinar...
Comezamos o día 5 OUTUBRO.
Se queres participar inscribete nos teléfonos 988989508 ou 988417232, rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 26-09-2013 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
SIX E CARTOGRAFÍA. BASES DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO


Onte foi toda unha honra contar coa colaboración de Rodolfo Núñez de las Cuevas no Curso de Sistemas de Información Xeográfica.
Unha distendida e amena charla sobre a historia da cartografía, chea de recordos e experiencias propias que non deixou indeferente a ninguén.
Presentounos o seu libreto de 1977 sobre Sistemas de Información Geográfica del Instituto Geográfico y Catastral.
E deunos a noraboa por realizar un curso destas características na nosa Comarca, animando a todos os participantes a loitar polos seus obxectivos.

Grazas Rodolfo!
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 25-09-2013 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE ESPAÑOL PARA INMIGRANTES


Despois das vacacións de verán, retomamos o "Curso de español para inmigrantes" no Centro do CDR Portas Abertas na rúa Mariano Carrero, 10 en Verín.
Comezamos o mércores 25 de setembro ás 16:00h ata ás 18:00h.
Todos os mércores clases de lectoescritura, de ortografía e gramática...

Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión e cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo.

Información e inscricións nos teléfonos 988417232, 988989508 ou centro do CDR en Verín.
Comentarios (0) - Categoría: SERVIZOS ASISTENCIAIS E FORMATIVOS - Publicado o 24-09-2013 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS


Despois de tres anos participando en limpezas de ríos a través do Programa de Voluntariado en ríos, esta vez sumámonos a iniciativa PROXECTO RÍOS da asociación ADEGA.
A través deste proxecto levarase a cabo unha limpeza de ríos simúltanea en toda Galicia para manter en bo estado de conservación os nosos ecosistemas fluviais.

ACHÉGATE E PARTICIPA: LIMPEZA DO RÍO TÁMEGA O DÍA 29 DE SETEMBRO ÁS 11:00H.
Para máis información e inscricións: 988417232 ou 988989508, rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (1) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 18-09-2013 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0