CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


VII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS


Participamos, por segundo ano consecutivo, na Limpeza Simultánea de ríos "Móllate polos ríos" que se celebra en toda Galicia o día 28 de setembro da man de ADEGA a través de Proxecto Ríos.
Ánimamos a todalas persoas interesadas en manter en bo estado dos nosos ecosistemas fluviais a que colaboren con nós na retirada de lixo das ribeiras e do río Támega.
Día 28 de setembro
11:00h
Olivar, Verín
Teléfono inscrición: 988417232/988989508
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 19-09-2014 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS


Despois de tres anos participando en limpezas de ríos a través do Programa de Voluntariado en ríos, esta vez sumámonos a iniciativa PROXECTO RÍOS da asociación ADEGA.
A través deste proxecto levarase a cabo unha limpeza de ríos simúltanea en toda Galicia para manter en bo estado de conservación os nosos ecosistemas fluviais.

ACHÉGATE E PARTICIPA: LIMPEZA DO RÍO TÁMEGA O DÍA 29 DE SETEMBRO ÁS 11:00H.
Para máis información e inscricións: 988417232 ou 988989508, rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (1) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 18-09-2013 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPA NAS LIMPEZAS, MÓLLATE.
PARTICIPA COMO VOLUNTARIO/A!

O vindeiro sábado 23 de xuño e o seguinte 30 de xuño levaranse a cabo limpezas do río Támega:

23 xuño ás 11:00h_dende Tintores a Castrelo.

30 de xuño ás 11:00h_dende Pazos dirección Queizás.

Estas limpezas consistirán na retirada de residuos existentes no río, na medida do posible, e nas súas beiras.

Infórmate e inscríbete no tlfn. 988417232.

LIMPEZA DO TÁMEGA POR TINTORES.


LIMPEZA DO TÁMEGA POR PAZOS.


BLOG ACHÉGATE O RÍO
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 18-06-2012 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
ACCIÓN DENDE CASA


Comeza a actividade "Acción dende casa" coa finalidade de fomentar o aforro de auga nos fogares para contribuir a defensa dos nosos ríos así como ensinar os mellores hábitos de consumo e tecnoloxías que podemos aplicar no fogar para un consumo responsable.
Coa colaboración de FEMURO concretáronse as asociación de mulleres rurais que participarán na actividad:
Martes 5 xuño- Asociación "A Esperanza" (A Salgueira)
Xoves 7 xuño- Asociación "San Salvador de Roza" (Medeiros)
Venres 8- Asociación "A Lama" (Queirugás)
Xoves 14- Asociación "O recuncho" (Tamaguelos)
Venres 15- Asociación "3 de maio" (Laza)
Martes 19- Asociación "O Toural" (Mandín)
Mércores 20- Asociación "Patio de Melo" (Ábedes) e Asociación "Fonte do Sapo" (A Rasela).
FAI CASO... COIDA A AUGA!
MAIS INFORMACIÓN NO BLOG ACHÉGATE Ó RÍO


Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 07-06-2012 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
DESCUBRE A RIBEIRA

O vindeiro sábado 26 de maio o CDR Portas Abertas invita a os nenos e nenas a participar cos seus pais na actividade "Descubre a Ribeira" do proxecto Achégate o río que esta entidade está a levar a cabo dentro do Programa de Voluntariado en ríos.

Pola mañá achegarémonos a Cidadella, coñecerémonos, realizaremos o xogo "Descubre a Ribeira, un divertido xogo de identificación das especies vexetais que se atopa na beira do río Pontón, simularemos o río con xogos de paracaídas... e moito máis.
ANÍMATE E PARTICIPA!
Infórmate no teléfono 988417232


MOSTRAS DA XORNADA DE CONVIVENCIA


Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 15-05-2012 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGATE O RÍO
Vai vendo as novas que imos desenvolver no BLOG ACHÉGATE Ó RÍO.

Xa estamos a coordinar as actividades programadas.
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 23-04-2012 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGATE Ó RÍO. PROGRAMA VOLUNTARIADO EN RÍOS

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas ven de firmar un convenio de colaboración con TRAGSATEC, para a posta en marcha do proxecto "ACHÉGATE Ó RÍO" dentro do Programa de Voluntariado en Ríos 2011, financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente a través da Confederación Hidrográfica do Douro. Este Programa ten o fin de contribuir á promoción do voluntariado na defensa, conservación e mellora dos ecosistemas fluviais.

O CDR dentro deste proxecto "Achégate ó río" levará a cabo as seguintes actividades que darán comenzo en marzo:
- ¡Limpa o teu río! Actividade a través da cal se pretende eliminar os residuos existentes no río Támega ao seu paso por Tintores e o río Pequeno a o seu paso por feces de Cima e de Abaixo.
- Análise da calidade do río Támega co C.E.I.P. Casterlo do Val e o Colexio Apostólico Mercedario de Verín.
- E agora, achegámonos ó río. Tras traballar co CRA de Monterrei pretendemos esta vez que os seus alumnos/as se acheguen aos ríos para analizar o seu estado.
- Descubre a Riberia. Xornada de pais, nais e fillos/as na que participan para coñecer os ecosistemas fluviais.
- ¿Coñécesme? A través desta actividade elaboraremos o contido necesario para a creación dun itinerario autoguiado así como paneis informativos dunha das zonas máis visistadas do Concello de Vilardevós, A Cidadella.
- Acción dende a casa. Charlas para fomentar o aforro de auga nos fogares e contribuir a defensa dos nosos ríos.

Para máis información, estará a disposición o blog do PROGRAMA DE VOLUNTARIADO EN RÍOS
ACHÉGATE Ó RÍO
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 13-02-2012 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
2º PREMIO "OBSERVA E DESCRIBE O RÍO"

A Asociación para la defensa de la calidad de las aguas ADECAGUA otorgou o 2º premio "Observa e describe o río" a unha aluma do C.E.I.P. Rodolfo Núñez de Vilardevós, Laura Barja.

O CDR Portas Abertas implicou ao colexio de Vilardevós nesta actividade a través do Proxecto que levou acabo durante o pasado ano "REmóllate polo río" dentro do Programa de Voluntariado en Ríos 2010 financiado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a través da Confederación Hidrográfica do Douro.

ADECAGUA púxose en contacto con nós para comunicarnos o premio e entregarllo: un diploma e unha mochila con agasallos.

A entrega do premio tivo lugar o luns 23 de maio no C.E.I.P. Rodolfo Núñez por parte do CDR Portas Abertas.


NORABOA LAURA!!
Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 24-05-2011 19:13
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 20-02-2011 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
INVENTARIO DO PATRIMONIO EN TORNO ÓS RÍOS

Dende o 9 ata o 17 de decembro o CDR Portas Abertas, no marco do programa de voluntariado en ríos "Remóllate polo río", fará un inventario do patrimonio histórico-cultural que hai entorno ós riós Fornos, Arzóa e regueiro da Fraga.
Convidamos a participar a todo aquel/a que esté interesado/a na actividade. Teléfono 988417232.
- O xoves día 9 de decembro visitaremos o muíño da Muimenta, acompañados da súa dona Remedios Valle.

- O venres día 10 de decembro visitaremos os muíños da Cidadella en Soutochao.
- Luns 13 de decembro, muíños en Arzoá.
- Martes 14 de decembro, abrennos o muíño restaurado de A Silva.
- Mércores 15 de decembro, visitamos o muíño de San Paio cos seus donos.
- Xoves 16 de decembro, muíños de Vilardecervos.
- Venres 17 de decembro, fonte de Arzádegos.


MOSTRAS DAS VISITAS AO PATRIMONIO DOS RIOS

Comentarios (0) - Categoría: MÓLLATE POLO RIO - Publicado o 02-12-2010 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0