CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


PESCA SUSTENTABLE NO CENTRO COOPERATIVO DE PAZOS

Dende "Portas Abertas" e o "Grelo Verde" animamos ás persoas interesadas nunha alimentación responsable a que acudan o SÁBADO 13, ÁS 16.00H á presentación do grupo de biólogos/as O CANTO DA BALEA , no Centro de Cooperativismo de Pazos.
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 09-04-2013 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓNS DO GRELO VERDE NA CASIÑA DE PORTAS
Igual que outras asociacións e grupos O GRELO VERDE, asociación ecolóxica e de promoción do consumo responsable, reúnense en ocasións na Casiña céntrica e sita no casco vello de Verín de Portas Abertas, temos un convenio con esta asociación para promoción de actuacións relacionadas coa agricultura e alimentación ecolóxica e sostible.

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 09-04-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DO CURSO DE RECURSOS TURISTICOS EN EL TERRITORIO CHAVES-VERÍN

Alumnado e profesorado do Curso da Eurocidade "Recursos turísticos no territorio Chaves-Verín" subiron ata Vilardevós para coñecer o traballo desenvolto polo Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas" e tamén a misión dende o Centro de Interpretación do Contrabando de fomentar a dinamización do concello e das rutas da fronteira contrabandista.

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 04-04-2013 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO DE XADREZ EN VERÍN

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 23-02-2013 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPAMOS E COLABORAMOS NO CURSO "MEDIACIÓN E XESTION DE CONFLICTOS".

Aiquí vos deixamos o contido do programa para que vos animedes.

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 17-02-2013 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
CLASIFICACIÓNS DO ENCONTRO DE XADREZ EN CHAVES.
Dende o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas xa estamos a preparar o próximo Encontro en Verín, onde esperamos aos veciños/as de Chaves-Vila Real-Pedras Salgadas e demais poboacións de Tras os Montes, alá cara o 16 de marzo.

Se alguén está interesado en participar, aínda que non teña vido as clases dos sábados, pódese poñer en contacto con nos no 988989508 para inscribirse.

Aiquí deixamos as clasificacións do Encontro celebrado en Chaves a través do

BLOG DA ASOCIACIÓN DE XADREZ DE VILA REAL
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 04-02-2013 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO XADREZ EN CHAVES

Foi unha experiencia moi grata para tódolos persoas participantes.



NOVA NA VOZ DE GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 25-01-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO E CONVENIO COA ASOCIAÇAO LUMBUDUS

Aproveitando o Encontro de inverno da Asociaçao de fotografía e grabado Lumbudus de Chaves, vaise formalizar a colaboración que ambas entidades xa veñen desenvolvendo dende hai anos a través dun convenio.

O Encontro de Verán 2013 quedou xa fixado por terras fronteirizas deste lado de Galicia, e que mañá concretaremos WEB LUMBUDUS

Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 19-01-2013 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
DOCE RURAL: CRA de Monterrei e CDR Portas Abertas
O CRA DE MONTERREI, Centro Rural Agrupado xa leva anos compartindo iniciativas co Centro de Desenvolvemento Rural "Portas Abertas", nos pobos onde están as ubicadas as aulas:
Aula A Xironda.
Aula de Feces de Abaixo.
Aula de Pazos.
Aula de Vences.
Aula de Vilaza.

Dende formar a verdadeiros VIXIANTES DOS RÍOS, e plasmar en paneis a importancia de coidalos, agora pasamos a unha actividade de educación compensatoria sen mollarnos, máis do fogar, máis de organizar, de ordenar, de elaborar e degustar, agora temos no rural doces elaborados por reposteiros e reposteiras.

Que os nenos e nenas traballen de xeito didáctico e lúdico obradoiros de repostería doméstica estase reforzando que disfruten da súa familia, que se sintan útiles e importantes, que aprendan a cubrir necesidades primarias como a alimentación e sepan organizar e disfrutar do fogar no día de mañá.

Iremos descubrindo os dulces traballos que irán facendo polas distintas aulas.

Gústanos a colaboración mútua co CRA de Monterrei, coñezan o seu blog:
A TRASTENDA DO CRA DE MONTERREI


Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 19-12-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
ALEKHINE DE CHAVES E PORTAS ABERTAS
Neste sábado 3 de novembro tivemos unha clase de xadrez ben especial na Casiña de Portas Abertas pois recibimos por sorpresa a visita duns mestres neste deporte da Academia de Xadrez Alekhine de Chaves cun agasallo-galardón que xa lucimos na nosa entrada.

O Sr. J. Matos de Chaves e Oscar, o motor do noso grupo, xa foron acordando un futuro encontro amistoso en Chaves para adultos e menores cos seus pais.

Para xa irnos preparando houbo unha partida entre dous adultos, e cos mais pequenos estiveron os monitores-voluntarios realizando unha partida simultánea con tódolos nenos e nenas.

Unha vez mais Portas Abertas inicia unha nova colaboración cunha entidade doutro lado da raia, eperamos que se consolide no tempo.



Comentarios (0) - Categoría: CREANDO + REDES - Publicado o 04-11-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0