CENTRO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PORTAS ABERTAS


O CLUB DE LECTURA DE VACACIÓNS

O vindeiro xoves 11 de xullo o club de lectura vaise de vacacións, non sen antes reunirse no Centro de Interpretación do Contrabando ás 16:00h para comentar a novela de Almudena Grande, Los aires difíciles.

Nesta novela Juan Olmedo e Sara Gómez son dous estraños que se instalan na costa gaditana dispostos a reiniciar as súas vidas. Ambos arrastran un pasado ben diferente en Madrid, e, sen buscalo, intercambiarán confidencias e camaraderías. Mentras Sara sufre o estigma de quen o tivo todo e logo perdeuno, Juan Olmedo fuxe dunha traxedia familiar e un torturante amor segredo. Como nos aires difíciles que soplan bonancibles ou borrascosos na costa atlántica, as súas vidas axítanse ao ditado dun destino inhóspito, pero eles afirman a súa vontade de canalizalo ao seu favor.

VOLVEREMOS EN OUTUBRO CON NOVAS LECTURAS QUE COMPARTIR.
Se queres participar infórmate no teléfono 988417232
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 09-07-2013 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
O MISTERIO DA CRIPTA EMBRUXADA. EDUARDO MENDOZA


O vindeiro xoves 30 de maio o club de lectura Portas Abertas reúnese de novo no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós ás 16:00h para comentar a novela O misterio da cripta embruxada de Eduardo Mendoza.

O misterio da cripta embruxada é a vez unha apaixoante historia de crimes e enigmas, unha farsa burlesca e unha sátira moral e social que ten as súas raíces últimas na picaresca e no modelo cervantino. A acción relátase en estricto orden cronolóxico, dende a perspectiva dun único narrador -a persoaxe principal, detective improvidado e delirante cuxa creación é un dos máis felices achados da obra- e atópase comprimida nun marco temporla moi reducido, no seu interior precipítanse e encadéanse acontecementos, tan pronto cercanos ao esperpento como a novela gótica ou a máis desaforada parodia da serie negra. Aparentemente nivelada e lisa, a escritura de Mendoza constitúe un espléndido exemplo de investigación literaria persoal, axena a todo mimetismo, que afonda nas posibilidades de volver do revés, sin infrinxilas a primeira viesta, as posibilidades do relato tradicional, e indagar así -como un bo detective- no debuxo que se nos mostra ao dorso do tapiz da trama.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 24-05-2013 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
A CAZA DO AMOR. NANCY MITFORD


O vindeiro martes 16 de abril ás 16:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós, o club de lectura Portas Abertas volve a reunirse para comentar a obra de Nancy Mitford, A caza do Amor.
Nesta novela, Nancy Mitford emprega elementos reais da súa extravagante e famosa familia para construir o relato.

A acción ábrese no salón de Alconleigh, a casa de campo dos Radlett. Ante os nosos ollos van desfilando os distintos membros da familia: o malhumorado pai, tío Matthew, cos seus violentos e cómicos estalidos de cólera e os seus curiosos pasatempos, como organizar cacerías nas que as pezas son algún dos fillos?; a ausente e devota nai, Sadie; e os sete fillos que xunto a súa prima Fanny forman unha estrafalaria e divertidísima familia. Pero realmente é a xoven Linda Radlett e a súa permanente busca do amor o auténtico centro desta historia. A través das súas páxinas acompañarémola nas súa azarosa conquista e coñeceremos ós distintos homes nos que pensou atopalo.

O texto desprega o famoso inxenio satírico e a extraordinaria capacidade da autora para reconstruir o ambiente, a vida e as persoas nos círculos aristocráticos ingleses de entreguerras. Un libro inteligente y divertido, que, aunque pudiera gustar simplemente por lo que es: una novela vibrante y mordaz, es también un verdadero trozo de vida.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 13-04-2013 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS. PAOLO GIORDANO


O vindeiro mércores 6 de marzo ás 16:00h no Centro de Interpretación do Contrabando en Vilardevós reúnese o club de lectura Portas Abertas para compartir a ópera prima de Paolo Giordando La soledad de los números primos.

Entre os números primos hai algúns aínda máis especiais. Son aqueles que os matemáticos chaman xemelgos, pois, aínda que permanecen próximos, entre eles interponse sempre un número par. Esta verdade matemática é a fermosa metáfora que o autor escolleu para narrar a historia de Alice e Mattia, dúas persoas cuxas vidas quedaron condicionadas polas consecuencias de sendos episodios acontecidos na súa nenez. Pese a forte atracción que os une, a vida erixirá entre eles barreiras invisibles que porán a proba a solidez da súa relación.
A sutileza dos rasgos psicolóxicos das personaxes, así como a fondura e complexidade dunha historia que suscita nos lectores as reaccións máis variadas, resaltan a admirable madurez literaria deste xoven autor a hora de asomarse, nada máis e nada menos, a esencia da soidade.

La soledad de los números primos foi galardoada con numerosos premios, entre os que destacan el Campiello Opera Prima y, especialmente, o Premio Strega 2008 -o máis importante de Italia-, ademais de colleitar un éxito sen precedentes para un autor novel: máis dun millón de exemplares vendidos. En España recibiu o Premio dos Lectores 2009 da resvista Qué leer.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 04-03-2013 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA DAS BELAS DURMINTES

O mércores 23 de xaneiro ás 16:00h reúnese o club de lectura Portas Abertas no Centro de Interpretación do Contrabando (Vilardevós) para comentar a obra La casa de las bellas durmientes, unha das últimas novelas de Yasunari Kawabata.

La casa de las bellas durmientes é unha posada que se atopa as aforas de Tokio, onde acoden anciáns de boa sociedade nipona para desfrutar do pracer de dormir con fermosas mozas narcotizadas. As tres narracións que integran este volumen son un maxistral e profundo análise sobre o erotismo e a sociedade.

Esta novela inspirou a novela de Memorias de mis putas tristes de Gabriel García Márquez.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 22-01-2013 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓN INFORMATIVA COMPETENCIAS

O martes 22 de xaneiro ás 12.00h, na Casiña de Portas Abertas en Rúa Mariano Carrero 10 de Verín.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 19-01-2013 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO DE XADREZ EN CHAVES.
O grupo de Xadrez de Portas Abertas vai visitar o próximo sábado 26 de xaneiro ao club flaviense, con moitos anos de traxectoria no xadrez internacional.

Será un encontro amistoso, non competitivo.

Vexan como se entrenan os infantís e adultos.


Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 19-01-2013 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAMOS EXPRESIÓN ARTÍSTICA
Grazas á voluntaria Maritina comezamos na Casiña de Portas Abertas, no casco vello de Verín, os venres pola tarde, a actividade de EXPRESIÓN ARTÍSTICA, 11 cativos e cativas plasman as súas inquedanzas en lienzos.

Deixamos mostras de como traballan.


Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 19-01-2013 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
LOS GIRASOLES CIEGOS. ALBERTO MÉNDEZ

O mércores 12 de decembro ás 16:00h reúnese o club de lectura Portas Abertas en Vilardevós para "regresar as historias reais da posguerra que contaron en voz baixa narradores que non querían contar contos senón hablar dos seus amigos, dos seus familiares desaparecidos, de ausencias irreparables. Historias de tempos de silencio, cando daba medo que alguén supera que sabías.
Los girasoles ciegos de Alberto Méndez son catro histoiras, sutilmente engarzadas entre sí, contadas dende a mesma linguaxe pero con os estilos propios de narradores distintos que van perfilando a verdadeira protagonista desta narración: a derrota.
Un capitán de exército de Franco que, o mesmo día da Victoria, renuncia a ganar a guerra; un neno poeta que fuxe asustado coa súa compañeira nena embarazada e vive unha historia vertixinosa de madurez e morte no breve plazo duns meses; un preso no cárcere de Porlier que se nega a vivir na impostura para que se nega a vivir na impostura para que el verdugo pueda ser calificado de verdugo; por último, un diácono que enmascara a súa lascivia tras o franquismo apostólico que reclama a sangre purificadora do vencido.
Todo o que se narra neste libro é verdade, pero nada do que se conta é certo, porque a certidumbre necesita aquiesciencia e aquiesciencia necesita a estadística. Foron tantos os horrores que, ao final, todos os medos, todos os sufrimentos, todos os dramas, só teñen en común unha cousa: os mortos. Pero os mortos da nosa posguerra xa están resoltos en cifras oficiais, aínda que xa é hora de que empecemos a recordar o que sabemos.
Este é o primer axuste de contas de Alberto Méndez coa súa memoria e faino emboscando nun flagrante intento de facelo dende a literatura.



O Centro de Desenvolvemento Portas Abertas pertence a unha rede de préstamo de clubs de lectura de Galicia formado por bibliotecas, outras entidades e IES gracias ao cal dispomos de variados títulos e no que pomos a disposición: 7 exemplares de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, 12 exemplares de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, 8 exemplares de Os vellos non deben namorarse de Castelao e 20 exemplares do Lazarillo de Tormes.
Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 10-12-2012 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
REGRESA O CLUB DE LECTURA PORTAS ABERTAS

Despois das vacacións de verán, retoma a súa andaina o club de lectura Portas Abertas con novas novelas que ler, disfrutar e compartir...
A nosa próxima lectura será La Cena de Herman Koch, "¿Ata onde é capaz de chegar un pai para encubrir a un fillo que comete un delito inxustificable? ¿Debe prevalecer o instinto de protección paterna, ou a lealtade a unhas normas sociais que garantizan a coherencia e a fortaleza do grupo? Estas e outras preguntas de igual calibre xurden como dardos durante a lectura de La cena, unha novela ácida e provocadora que apunta sen miramentos a toda una clase social acomodada dos Países Baixos e, por extensión, de toda Europa, instalada nunha inercia de autosatisfacción e complacencia, e indiferente cara o devenir da xeneración que a sucederá.

¿Gustache ler? ¿Queres participar nun espazo agradable onde se dialoga sobre un libro e o seu autor?

Información e inscrición: 988417232
rural@cdrportasabertas.org

Comentarios (0) - Categoría: ABRINDO PORTAS COA LECTURA - Publicado o 12-09-2012 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
CDR PORTAS ABERTAS
Entidade social dende 1990 traballando na Comarca de Verín (ao sur da Provincia de Ourense) e integrada nunha Organización Non Gubernamental (ONG)Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)da que forman parte outros 22 Centros repartidos polo rural español.
Levamos a cabo un programa Integral de desenvolvemento do medio rural, caracterizado pola integralidade, proximidade, prevención, transversalidade e transparencia. Gozamos de plena independencia nas nosas actuacións.


relojes web gratis


Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural | 













O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

contador de visitas
contador de visitas









© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0