DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ACOMODADOR, actividades de lectura e comprensión
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 11-09-2017 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
O COMENZO DA PRIMAVERA
O inverno casa co verán
para dar lugar
a un alegre abano de cores
chamado
PRIMAVERA.
Os animais espertan
do branco sono que a
NEVE
trouxo con ela
e saen á rúa ao distinguir
a colorida canción
que canta o
VENTO.
O doce sabor de
MAIO
chega ata as árbores,
que colorean alegres
Sae das augas cristalinas
o reflexo da danza da
PRIMAVERA.
Vense bailar as
BOLBORETAS
ao escoitar florecer de novo
os cánticos dos
PAXAROS.

Paula Carril Gontán
1º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 22-03-2017 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
O MODELO BURELA: UNHA INICIATIVA NORMALIZADORA
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 08-02-2017 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS
ESCOITAMOS A MARÍA LADO

https://vimeo.com/150679345



ESCOITAMOS AGORA AS PALABRAS DE BELÉN REGUEIRA

https://vimeo.com/150992686

VISIONAMOS A ENTREVISTA COMPLETA A BELÉN REGUEIRA:



LIGAZÓN SOBRE BELÉN REGUEIRA

https://gl.wikipedia.org/wiki/Bel%C3%A9n_Regueira
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 18-01-2017 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
De cara a esta data, necesaria para que nos deteñamos a revisar patróns educativos sexistas que imos asimilando dende pequenos/as, deixamos este mapa conceptual para a reflexión na aula:



Este ano, ademais, adxuntamos aquí a ligazón á obra dunha artista, Yolanda Domínguez, que nos axuda a analizar comportamentos que asumimos no día a día como normais e supostamente inocentes, mais que están detrás da desigualdade de xénero e, á súa vez, da violencia de xénero.

http://www.yolandadominguez.com/project/preludios-2012-2/

Propuxémoslle ao alumnado da ESO a realización dunha serie de fotografías cun pé valorativo sobre este tema e aquí presentamos algún dos traballos que máis nos gustaron:

Comentarios (0) - Categoría: LIBRO DE RECLAMACIÓNS - Publicado o 25-11-2016 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [61]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0