DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"COMO FACER UN ASUBÍO DE LANDRA", ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN E COMPRENSIÓN ESCRITA
Xosé López González e Xosé Manuel García son dous maiores coa mesma ilusión no maxín que cando eran nenos. Manteñen unha sección fixa no Noticieiro galego denominada "Picaraxadas", que revisaremos con certa frencuencia para descubrir xoguetes que temos á altura de calquera peto, que non deixan pegada contaminante nin xeran desigualdades ou discriminacións sociais. Iso si, debemos fabricalos nós mesmos empregando o que a natureza nos ofrece en cada estación.
Comezamos o curso buscando debaixo dos carballos o froito que tiran no chan agora que remata o verán: as landras ou belotas. Con elas poderemos fabricar chifres cos que asubiar.

1. Lemos con atención o texto.

http://www.noticieirogalego.com/chifre-ou-asubio-de-landra/.

2. Procuramos nun dicionario virtual as seguintes palabras: fastío, lecer, enredar, asesoramento, mester, suplir, furabolos, matapiollos, carapucho, fenda. Intentamos explicar o significado sen copiar a defición literal que dá o dicionario. Indicamos tamén, coa axuda do dicionario se fose necesario, a categoría gramatical das palabras anteriores.

3. Respondemos ás seguintes preguntas de comprensión do texto:
a) Con que labor agropecuario asocian os autores do texto a elaboración dos chifres?
b) Con que finalidade acostumaban asubiar os rapaces?
c) Cita as tres maneiras das que se fala no texto para asubiar.

4. Na casa, intentamos seguir os pasos da elaboración do chifre. Se consegues un bo resultado, podes amosalo na clase o seguinte día.

5. Redacta un texto na casa de máis de 10 liñas no que expoñas a túa experiencia na elaboración deste xoguete natural. Debes seguir este guión e lembra que cada idea do mesmo desenvolverase nun parágrafo independente:
-Introdución: explicación resumida da actividade.
-Partes do proceso que che resultaron máis complicadas ou divertidas.
-Anécdota/s curiosa/s que sucederon durante o proceso.
-Reflexión persoal sobre esta actividade.

6. Copia no cartafol de galego do teu computador o texto, presentándoo adecuadamente:

-Comproba nun corrector ortográfico que todo estea ben e corrixe aquilo que faga falta.
-Tipo de letra: Times New Roman, cor negra.
-Tamaño: Título 18, corpo do texto 12.
-Espazo entre o título e o corpo do texto.
-Título centrado na páxina e en maiúsculas.
-Espazos entre os distintos parágrafos.
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 1º ESO - Publicado o 10-09-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
"SON D'ALDEA", UNHA ACTIVIDADE DE COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA


Que é Son d?Aldea?
Son d?Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa das persoas que se acheguen a Albá (Palas de Rei, Comarca da Ulloa) nesa xornada festiva.Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente.

Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios do rural galego a mediados do século XX; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.

Esta xornada acompáñase dunha Mostra de Artesanía Alimentária e outra de Oficios Artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea. Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna.

O poeta Carlos Negro reflexiona neste artigo de opinión sobre a importancia deste evento:

http://www.sermosgaliza.gal/opinion/carlos-negro/santiago-alba/20160906135906050795.html

Despois de leres o artigo, responde a esta cuestión:

1. Explica por que ás distintas actividades do festival "Son d'aldea" lles acaen estas características:
"recreación etnográfica"
"dignificación cultural"
"manifestación lúdica"
"carácter reivindicativo"
"carácter divulgativo"

2. Pon ao lado de cada característica a actividade do festival que mellor lle acae.

3. Indica cales son as medidas que se sinalan no vídeo para revitalizar o medio rural en Galicia.

4. Redacta un texto no que expliques cales cres ti que son as vantaxes e desvantaxes de desenvolver a vida profesional no medio rural na actualidade. Reflexiona tamén sobre as medidas políticas que se deberían adoptar para que aumente a poboación nas aldeas e, finalmente, explica un proxecto profesional que che parecería interesante para levar a cabo nelas. Lembra que o teu texto debe ter tres parágrafos.

Se queres coñecer máis sobre este evento visita esta páxina web:
https://sondaldea.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 10-09-2019 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE A VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA PARA 2º DE ESO
http://www.museo.depo.gal/coleccion/idade.media/ga.03030000.html
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 21-05-2019 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
ANTÓN FRAGUAS, LETRAS GALEGAS 2019
UNIDADE DIDÁCTICA DO MUSEO DO POBO GALEGO SOBRE ANTÓN FRAGUAS

http://www.museodopobo.gal/web/uploads/files/Antonio%20Fraguas.pdf

ACTIVIDADES PARA A VISITA NO MUSEO DO POBO GALEGO

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=3873&mailbox=SU5CT1g&uniq=1554888639222
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 10-04-2019 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
MICROTOPONIMIA E CAMBIOS NA PAISAXE DO MONTE DE CONDIDE-GROBAS
PROPOSTA DE TRABALLO DE LINGUA GALEGA PARA 4º DE ESO NO PLAN PROXECTA DE PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

1. OBXECTIVOS.-

Intentaremos coñecer cales foron os cambios que houbo dende a segunda metade do século XX ata a actualidade na paisaxe do monte comunal das aldeas cesureñas de Grobas e Fenteira. Para isto, partiremos da análise de distintos documentos que incluímos a continuación: un texto expositivo-argumentativo que analiza estes cambios en xeral en Galicia, as fotos aéreas de distintos anos desta zona,
artigos xornalísticos sobre os incendios ocorridos en 2006 neste lugar e os microtopónimos que aínda nomean distintas zonas dese monte.

2. PROCESO.-

2.1. Partiremos do visionado das fotos aéreas do monte de Grobas de distintos momentos dende a segunda metade do século XX ata a actualidade:


https://mapas.xunta.gal/visores/basico/


2.2. Leremos e responderemos a unha serie de actividades sobre o seguinte texto:


http://adega.gal/media/documentos/C19-P27-30-_LUMES_PAISAXE_E_POLITICA_FORESTAL_NA_GALIZA.pdf

ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN E RESUMO DO TEXTO:

1. Realiza un mapa conceptual que resuma o apartado 4.1.
2. Define: MATOGUEIRA e ESTIVADA.
3. Elabora un breve esquema que recolla os dous tipos de matogueiras dos que se fala no apartado 4.2.
4. Con outro esquema, resume os plans de repoboación forestal que houbo a partir do século XIX, seguindo o apartado 4.3.
5. Indica brevemente con ideas separadas por guións cales foron as consecuencias medioambientais e socioeconómicas das repoboacións forestais.
6. Que actuacións critica o autor da política de prevención de incendios en Galicia nos últimos anos?

ARTIGOS SOBRE OS INCENDIOS DE 2006

https://www.scribd.com/document/398945967/INCENDIOS-NO-MONTE-DE-GROBAS-2006


MICROTOPONIMIA DO MONTE DE CONDIDE-GROBAS

http://visorgis.cmati.xunta.es/toponimia/exportadores/exportadortxt_kml.php?data=1549366220448&cad_nome=&order=NOMBRE&prov=PONTEVEDRA&muni=PONTECESURES&parro=-1&tipos=0,1,2,3,4,5,6&optxt=conten&tildes=no&espazos=no&fonte=-1

ACTIVIDADES:

Elabora unha listaxe cos microtopónimos da zona que estudamos e procura unha clasificación do significado deles


3. ACTIVIDADE FINAL.

A actividade final consistirá na gravación dun documental que recolla eses cambios nos usos e na paisaxe no monte comunal de Grobas-Fenteira.
Para iso, seguiremos estes pasos:

PREPARACIÓN DA VISITA A GROBAS-FENTEIRA E A ENTREVISTA Á SR. ROSA, UNHA VECIÑA DA ALDEA DE QUE SE PRESTOU A COLABORAR NESTA ACTIVIDADE.

1. Elabora a listaxe de preguntas que lle faremos á Sr. Rosa.

2. Elabora unha proposta de guión, que recolla toda a información que fomos extraendo dos textos que analizamos.

SAÍDA A GROBAS.

1. 1. Entrevistaremos primeiro a Sr. Rosa e logo, acompañados do profesor de TICS, que dirixirá a rodaxe do documental e que se encargará co seu alumnado da edición do vídeo, realizaremos un percorrido polo monte comunal de Grobas-Fenteira, onde gravaremos distintas escenas que se incluirán nel.

RESULTADO FINAL:



Foise co fento from Enrique Villanueva on Vimeo.



Comentarios (0) - Categoría: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE - Publicado o 17-01-2019 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0