DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIOS CORRELINGUA 2012

O luns 16 de abril celebrouse no Instituto Rosalía de Castro de Santiago o acto de presentación do Correlingua 2012 e a entrega dos distintos premios de banda deseñada, manifesto e vídeo. Os organizadores e entidades colaboradoras presentes no acto louvaron a calidade dos traballos presentados. Queda aquí unha foto da recollida dos premios, pero hai máis na fotoblogoteca.

Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 19-04-2012 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXE A ALLARIZ DE 4º DE ESO
Como premio por teren gañado o concurso do manifesto do Correlingua, o alumnado de 4 de ESO fixo unha viaxe os días 16 e 17 de marzo a Allariz. A visita incluiu as actividades deseñadas dentro do Proxecto Terra polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O primeiro día visitamos a aldea de Santa Mariña de Augas Santas; o ecoespazo do Rexo, co seu Centro de Interpretación da Natureza e a escola silvo-pastoril; as instalacións de Radio Allariz e puidemos darnos un chapuzón na piscina municipal. O segundo día fixemos un roteiro histórico-monumental pola vila de Allariz, visitando tamén os museos do xoguete e o coiro e o muíño do Burato.
Aquí quedan unha foto da viaxe como lembranza na que aparecen algúns dos participantes cos compañeir@s da Ponte Carreira, pero tedes moitas máis na fotoblogoteca.
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 19-03-2012 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO GAÑADOR DO CORRELINGUA 2012
O grupo de 4º de ESO do CPI de Pontecesures gañou o concurso do manifesto do Correlingua deste ano. Dende a páxina oficial do Correlingua podedes consultar o texto que unha delegación de alumnos/as do noso centro lerá na carreira de Santiago do 7 de maio:

http://www.correlingua.org/plananos.aspx?ApartId=3


Moitos parabéns a todo o grupo!

Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 14-03-2012 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2011
Xa está aquí de novo unha nova edición do CORRELINGUA, este con varias novidades moi interesantes no apartado dos concursos. Animádevos a participar!

http://www.correlingua.org/main.aspx
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 28-01-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Animádevos a participar neste concurso tan divertido que nos propoñen deste o equipo de normalización lingüística do IES Colmeiro de Silleda.


http://www.eticolmeiro.com/
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 22-01-2011 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0