|
|
|
Festas parroquiais de Piadela, San Xoán 2008 |
|
Avanzamosvos o programa das festas parroquiais de San Xoán 2008:
Venres 20
A partir das 20:00 Gran Churrascada.
A continuación verbena amenizada pola Orquestra Alarma.
Sábado 21
Ás 13:30 Misa solemne e celebración das primeiras comunións.
A continuación sesión Vermouth a cargo da Orquestra Marbella
Á noite gran verbena amenizada pola Orquestra Marbella.
Domingo 22
Ás 13:30 Misa solemne.
A continuación sesión vermouth amenizada por un grupo musical.
Tamén queremos informarvos que xa están á venda as camisetas das festas de San Xoán 2008. Son moi chulas e ao mercalas estaredes colaborando para que as festas da parroquia se poidan levar a cabo. Grazas! |
|
|
|
Presentando Piadela ao mundo |
|
ESTA ASOCIACION SE CREO OFICIALMENTE EN EL AÑO 1981, AUNQUE YA AÑOS ANTES VARIOS VECINOS Y SIMPATIZANTES PAGABAN UNA CUOTA ANUAL PARA EL MANTENIMIENTO DE LA MISMA. SOBRE TODO SE BASABA EN EL FUTBOL, PERO TAMBIEN EN AQUELLOS AÑOS SE ENCARGO DE ARREGLAR PISTAS Y CAMINOS, ERAN OTROS TIEMPOS Y LAS AYUDAS ERAN MAS ESCASAS. AHORA UN GRUPO DE GENTE ESTAMOS DISPUESTOS A DARLE UNA NUEVO EMPUJE A LA ASOCIACION, Y CON LA AYUDA Y COOPERACION DE TODOS LOS VECINOS LO CONSEGUIREMOS.
A modo de presentación, imos comezar explicando onde está Piadela para todos os que non a coñezan.
Piadela é unha pequena parroquia, situada no Concello de Betanzos, na provincia da Coruña, en Galicia. Na actualidade, a parroquía ten aproximadamente uns 800 habitantes que se atopan distribuidos en 5 pequenos núcleos de poboación: Piadela, Guiliade, Viladesuso, Montellos e Viuxa.
Pinchando na imaxe podedes ver unha imaxe aerea da parroquia onde se indica a situación dos distintos núcleos de poboación e do polígono industrial.

Neste outro enlace, amosamosvos unha imaxe aerea na que se mostra a microtoponimia do núcleo de Piadela.
 |
|
|
|
Nace o blog dos veciños de Piadela |
|
Hoxe estamos de estrea. Presentamos este novo proxecto, creado coa intención de vos manter informados do que acontece na parroquia e das actividades que levamos a cabo desde a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa de Piadela.
Agardamos que sexa do voso agrado e o atopedes de utitilidade. Queremos que este sexa un blog feito por e para os veciños. Por iso, agardamos contar coa participación de todos os que queirades facelo e ficamos abertos ás vosas suxerencias para melloralo.
Grazas,
Os adminstradores.
|
|
|
|