OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Parlamento galego conmemora o Día Internacional do Holocausto
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-02-2011 03:21
# Ligazón permanente a este artigo
Robert De Niro i la Penya
Comentarios (1) - Categoría: Mundo - Publicado o 19-02-2011 02:39
# Ligazón permanente a este artigo
O dogma neoliberal domina a Unión Europea
Intentar reducir o déficit público predominantemente a partir dos recortes no gasto público é non só erróneo, senón profundamente inxusto, pois tales medidas de redución do gasto público, incluíndo o gasto público social, afecta predominantemente ás clases populares. As medidas máis eficaces e máis equitativas para reducir o déficit público do estado son o aumento dos impostos das rendas do capital e das rendas superiores...

O liderado da Unión Europea (o Consello Europeo, o Banco Central Europeo e a Comisión Europea) subliñou unha vez máis que se penalizará con multas substanciais aos países da Eurozona que non se adhiran estritamente ao Pacto de Estabilidade. Esta medida reflicte que tal establishment europeo está plenamente mergullada no ideoloxía neoliberal que está dificultando enormemente a saída da recesión. Non hai dúbida de que estas medidas de austeridade de gasto público empeorarán a crise cunha desaceleración do xa minúsculo crecemento europeo, con aumento moi notábel do elevadísimo desemprego.

Estas teses de austeridade baséanse nunha lectura profundamente equivocada das causas da crises do euro. Asumen que a crise do euro se debe ao excesivo malgasto de gasto público nos países que chaman PIGS (Portugal, Irlanda, Grecia e Spain) que, en inglés, quere dicir porcos. Asumen -e din- que se os estados destes países se comportasen e fosen tan disciplinados como os estados dos países do centro e do norte da Eurozona, hoxe non estariamos na situación en que nos atopamos.

O que é extraordinario é que este dogma se reproduza cando é doado de ver que esta versión dos feitos non se corresponde coa realidade. Cada un destes países PIGS ten o gasto público por habitante máis baixo da Eurozona. O problema nestes países non se debe ao seu inexistente ?excesivo gasto público? e ?exuberante estado do benestar?, pois tanto o seu gasto público per cápita como o seu gasto público social per cápita están moi por baixo da media da UE-15. O problema que estes países teñen non está no sector público, senón no sector privado.

En realidade, o maior endebedamento nestes países non é o público, senón o privado, e os seus problemas débense ao moi marcado endebedamento privado que se financiou con empréstitos da banca alemá e francesa. E é dubidoso que esta débeda poida pagarse. E aí está o quid da cuestión.

O que debe preguntarse é por que están estes países tan endebedados. A resposta é a dous niveis. Un é que a masa salarial como porcentaxe da renda nacional foi descendendo en todos estes países, co cal a poboación ten cada vez menos capacidade adquisitiva. A outra resposta céntrase nas enormes desigualdades que existen na Eurozona e, moi en particular, entre Alemaña e os PIGS. A enorme plusvalía de euros da banca alemá (resultado do seu modelo económico baseado, non na demanda doméstica, senón nas exportacións) baséase nos enormes déficits de euros nos países importadores e moi en especial, nos PIGS. Nun gráfico que mostre a evolución do balance de pagamentos (Current Accounts Balances) como porcentaxe do PIB, pode verse como o aumento de divisas a Alemaña está relacionada coa diminución nos PIGS. Noutras palabras, Alemaña exporta a estes países moito máis do que importa deles. Alemaña é a China de Europa.

A resposta clásica que se dá para explicar este feito é que Alemaña é moito máis competitiva que os PIGS, o cal é só parcialmente certo, pois non se explica como se consegue a súa maior competitividade. Alemaña paga aos seus traballadores moito menos do que lles corresponde pola súa produtividade. E aí está a raíz do problema. A demanda doméstica en Alemaña é demasiado baixa. Esta política é resultado, por certo, das políticas aprobadas polos gobernos do chanceler Schröder (que determinou o colapso e rotura do maior partido socialdemócrata existente na UE) e da chanceler Merkel. A solución a esta situación é, ou subir os salarios alemáns (como pediu o que foi Ministro de Economía de Schröder, Oskar Lafontaine), e con iso aumentar a demanda interna alemá e, polo tanto, incrementar as importacións e con iso estimular a economía europea, ou baixar aínda máis os salarios dos PIGS. E isto é o que Merkel e Compañía están impondo aos segundos, o cal empeorará aínda máis a situación, pois por unha banda aumentará o endebedamento privado das familias nos PIGS, e polo outro Alemaña continuará sen estimular o mercado doméstico (que estimularía o crecemento económico de Europa, incluíndo o Estado español).

A situación no Estado español

A débeda externa do Estado español é principalmente débeda do sector privado. E máis da metade desta débeda téñena a banca alemá e francesa. Para complicar aínda máis o panorama, esta débeda é a curto, non a longo prazo, o cal quere dicir que deberá financiarse de novo e axiiña. E aí está unha das raíces do problema. Un dos maiores mitos propagados polo Banco de España é que a banca española é moi solvente. En realidade, é das menos solventes en Europa. E a súa escasa solvencia está enraizada en que a maioría de diñeiro que presta é diñeiro estranxeiro que a banca española utilizou (co visto e prace do Banco de España) nas súas aventuras especulativas inmobiliarias. As últimas medidas do goberno español van encamiñadas a ?salvar? o supostamente san sistema financeiro mediante a achega de 20.000 millóns de euros, axuda que se está realizando sen esixir contrapartidas -como garantir o crédito- ás entidades financeiras. En realidade parte do problema das caixas de aforro é debido a que se comportaron máis e máis como os bancos, especulando en labores inmobiliarios.

Unha consecuencia de que a gran maioría da débeda española é privada, non pública, é que os recortes de gasto público que a Comisión Europea está pedindo para reducir o déficit, terán pouco impacto en resolver o problema da débeda española. É máis, tal redución é contraproducente, pois dificulta enormemente o crecemento e a recuperación económica. O mellor exemplo diso é Irlanda, cun PIB que está caendo en picado, resultado de seguir as receitas da Comisión Europea e do FMI, o cal quere dicir que o desequilibrio na balanza de pagos entre Irlanda e Alemaña se disparou, empeorando moito máis a situación. Por certo, a gran acumulación de euros en Alemaña determina que o valor do euro sexa moi alto, o cal prexudica a saída da crise aos PIGS, pois encarece artificialmente as súas exportacións, forzándoo a endebedarse aínda máis.

Podemos ver, pois, que o dogma neoliberal está destruíndo a Unión Europea. Tal entidade non poderá sosterse debido a que estas desigualdades son tan grandes que están imposibilitando o funcionamento da economía europea. Segundo un estudo publicado por Michael Dauderstaed, as desigualdades entre rexións existentes dentro da UE son mesmo maiores que as existentes en China e na India (Europe?s Hidden Inequalities). O dito da tradición socialdemócrata de ?tanto mercado como se poida e tanto estado como se necesite? derivouse tanto cara ao primeiro que todo o sistema pode vir abaixo.

Acreditar en que a redución dos déficits públicos é a solución, é mostrar o poder do dogma sobre o simple sentido común. Nin que dicir ten que a perpetuación e promoción do dogma se debe a que serve a uns intereses ben definidos -entre eles o do capital financeiro-. Agora ben, este dogma foise expandindo e foi aceptado por partidos representantes dos intereses das clases populares, tales como os partidos socialdemócratas que foron converténdose en partidos socio-liberais, pasando a ser parte do problema en lugar da solución.

Unha última observación.

Intentar reducir o déficit público predominantemente a partir dos recortes no gasto público é non só erróneo, senón profundamente inxusto, pois tales medidas de redución do gasto público, incluíndo o gasto público social, afecta predominantemente ás clases populares. As medidas máis eficaces e máis equitativas para reducir o déficit público do estado son o aumento dos impostos das rendas do capital (reducindo, entre outras medidas, a fraude fiscal) e das rendas superiores, e investindo na creación de emprego para diminuír o desemprego. O feito de que o goberno español non estea considerando estas medidas mostra o grao de abandono de calquera intento de saír da crise con medidas progresistas. E así vai o Estado español.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-02-2011 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0