OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eduardo Martinez: un Schindler vigués salvador de xudeus.þ
Recentemente lin a nova na prensa de toda Galicia e incluso aquí en Cataluña, da solicitude por parte dunha asociación cultural viguesa, de que o Concello de Vigo, o seu goberno municipal, lle dedique unha rúa ao médico vigués Eduardo Martínez Alonso. Sen dúbida, poucas rúas de Vigo terán o honor e e prestixio de alguén que como no caso de Eduardo Martínez, fixo méritos sobrados para que na súa cidade, onde el naceu, se lle honre e recoñeza cunha rúa entre as centos que o rueiro de Vigo ten. Eduardo Martínez foi o responsable da creación dunha ampla rede de axuda e de fuxida, para milleiros de xudeus que escapaban malamente do terror nazi, do Holocausto. Miles de persoas, descendentes deses xudeus que pasaron por Vigo, Ribadavia, Redondela, Tui, Guillarei, débenlle a vida a este valente médico vigués. Eu non son vigués, pero si son galego. E como galego súmome desde a diáspora con entusiasmo a esta fermosa petición que fago extensiva a todos os concellos de Galicia. Di un refrán xudeu: quen salva unha vida, salva un mundo enteiro.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 23-01-2011 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
O médico galego que salvou miles de xudeus do nazismo
En 1986, mentres desmantelaba o piso familiar do madrileño barrio de Chamberí, a antropóloga social Patricia Martínez de Vicente atopou un pequeno caderno na portada do cal aparecía o ano 1942. Tratábase do diario, escrito en inglés, do seu pai, o médico vigués Eduardo Martínez Alonso, quen traballou para a Cruz Vermella ata a data da súa morte, en 1972. "Este caderno foi o remate de todo o que eu sospeitaba", declarou onte Martínez de Vicente, quen acaba de publicar A clave Embassy (A Esfera dos Libros), unha mestura de novela histórica e ensaio onde conta a historia da súa familia, que colaborou secretamente para o servizo de intelixencia británico. Centos de xudeus perseguidos polo nazismo(polacos e checos na súa maioría) foron rescatados polo doutor vigués Martínez A­lonso, quen expediu certificados médicos falsos, creou a ruta de evacuación dende o campo de concentración franquista de Miranda de Ebro a Vigo e mesmo cedeu a súa casa en Galicia para acoller os fuxitivos na súa fuxida cara a Portugal. O feito era ignorado pola antropóloga ata os seus 40 anos, cando descubriu o diario e pasou a investigar informacións contidas nas súas páxinas. Coa axuda da súa nai e recavando documentos oficiais nos arquivos ingleses sobre a II Guerra Mundial durante nove anos, Martínez de Vicente descubriu, por exemplo, que o salón de té Embassy, un dos centros sociais máis elegantes de Madrid, tamén era o lugar de encontro de axentes e cooperantes dos servizos secretos de Gran Bretaña. "A miña nai nunca me contou nada ata que eu descubrín diario. Pero sempre me preguntei por que nacín en Londres, aínda que o meu avó, diplomático, estivese a servir en Gran-Bretaña na época", revelou Martínez Alonso, quen naceu en 1946, nunha roda de prensa no propio salón Embassy. Os seus pais fuxiron da Gestapo en 1942 a Londres, despois da súa voda, coa escusa de que ían de "lúa de mel" a Lisboa, para despois establecerse en Inglaterra, onde quedaron os anos seguintes. O salón de té (un punto estratéxico entre diversas embaixadas europeas en Madrid), a súa propietaria, a holandesa Margarida Taylor, e o pai de Martínez Alonso son os tres "protagonistas" do libro, que contén diversas fotografías e reproducións de decenas de documentos que axudan a contar a historia.
Tamén Margarida Taylor recibía "amigos" na súa casa ("sempre pola noite", detallou a autora), que estaba no edificio de Embassy, e lles axudaba a parecer "presentables", para que puidesen pasar polo salón de té sen chamar a atención de ninguén.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-01-2011 04:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0