OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Boicot á incongruencia
Anda sen entender o beneficio da proposta, anuncio que me sumo entusiásticamente ao boicot contra dos produtos israelíes solicitado pola habitual fronte de pseudoesquerda, con obxectivo de castigar o exercicio do dereito, recoñecido nas leis internacionais, que asiste a calquer estado de defenderse das agrasións. Súmome a idea de non consumir nada procedente de Israel. Agora ben, quero que sexa una medida completa. Por conseguinte, que os promotores do boicot, prescindan dos seus teléfonos móbiles (é tecnoloxía israelí); non consuman os xenéricos de máis garantía farmacéutica (seguramente provirán de laboratorios israelíes); que se desfagan dos ordenadores (rezuman invencións desenvolvidos por empresas de Israel); que se rexeiten os movementos ecoloxistas que preconizan novos xeitos de agricultura, sistemas avanzados de aproveitamento de augas, reciclaxe e tramento de lixo e desperdizos en xeral, a investigación de fontes de enerxía limpa e renovable, e cousas semellantes (todo esto apesta a xudeo); exámen de calisquer descubrimento científico que poida ser aplicado a millorar as condicións de vida da xente (seguramente que todos eles, ou unha boa parte cando menos, deben levar influenzas israelíes). Xa postos pido se faga algunha manifestación pola igualdade de xénero e polo respecto a liberdade sexual de cada quen, por exemplo, en Riad ou Teheran. Solicito dos pacifistas que vaian a Teherán a esixir o cese do programa nuclear de Irán. A boa xente honrada que mira toda sorte de transgresións contra dos dereitos humáns, que monte unha flotilla de socorro aos kurdos (representados, por certo, por un partido laico, musulmán ?non é contraditorio coa condición de laicos- e de traballadores); e un longo etcétera. Reclamo accións de apoio aos expulsados grecochipriotas. En resumo: boicot, antes que nada, a incongruencia.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 03-07-2010 01:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0