OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Franco antisemita
A visión que o ditador Franco tiña dos xudeus e, especialmente, a actitude fronte a episodios tan transcendentais como o Holocausto foi obxecto dunha acalorada controversia. A máis de vinte e cinco anos da súa morte, resulta unha das cuestións que merecería unha resposta o máis obxectiva posible. Foi Franco un antisemita?
A cuestión do antisemitismo de Franco foi, como tantas cuestións relacionadas coa súa persoa, un dos campos de desputa de partidarios e adversarios. Para autores fascistas como Luís Suárez ou Ricardo da Cierva, non só non foi un antisemita senón que ademais se distinguiu na salvación de xudeus durante o Holocausto. Para a maioría dos autores omparciais, Franco foi un antisemita sen xudeus. Os antecedentes e o contexto social e ideolóxico de Franco era moi proclive ao antisemitismo. Sustentado fundamentalmente nun catolicismo que consideraba aos xudeus pérfidos na liturxia do Venres Santo e que ensinaba que a acusación de asasinato ritual correspondíase coa realidade histórica, Franco compartía unha visión moi negativa dos xudeus e non dubidou até o final dos seus días en ligalos á conspiración masónica internacional. Esa circunstancia e o feito de recibir unha gran axuda decisiva de Hitler durante o golpe e na guerra civil non eran, desde logo, o mellor contexto para escapar dun antisemitismo español sécular. Por iso, non debe estrañar que até 1943 as autoridades franquistas non dubidasen en devolver á Gestapo aos xudeus que chegaron até territorio español o que explica, por exemplo, o suicidio de Walter Benjamin na fronteira española, aterrorizado pola idea de que a policía franquista o entregase aos nazis. A mesma Falanxe elaborou listaxes de xudeus con vista a posibles deportacións a Alemaña. Tampouco debería sorprender que a España de Franco se negase a recoñecer ao estado de Israel e que aínda a inicios do setenta, a Amizade xudeo-cristiá, na que participaban católicos como o P.Vicente Serrano ou o xudeu Samuel Toledano, denunciase a existencia de multitude de textos oficiais de ensino infestados de prexuízos antisemitas.
O antisemitismo de Franco tiña unha profunda base relixiosa e non racial como o nazismo e, precisamente esa circunstancia permitiulle articular algunhas excepcións que beneficiaron aos xudeus. A partir de 1943 e cando a derrota da Alemaña nazi xa se albiscaba, Franco permitiu que algúns xudeus cruzase España fuxindo do Holocausto. Se se examina, por tanto, a documentación histórica referente ao antisemitismo de Franco hai que indicar que, en termos xerais, Franco foi un antisemita católico prototípico. Cría que os xudeus non podían ser cidadáns de pleno dereito, considerábaos sumidos no erro e mesmo os relacionaba con imaxinarias conspiracións. Cando a igrexa católica -da que se consideraba fiel fillo- foi ampliando as súas miras de cara aos xudeus, tamén o fixo Franco. Así, a liberdade de culto e a construción de sinagogas produciuse unha vez que o concilio Vaticano II avogou en favor da liberdade relixiosa. Profundamente católico, Franco recolleu na súa actitude fronte aos xudeus as peculiaridades éticas do catolicismo antisemita preconciliar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2010 02:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0