 Gran parte da esquerda sofre dunha especie de Síndroma de Estocolmo, en relación ao terrorismo islámico. É por esa razón pola que acaba sempre xustificando, "comprendendo" e até defendendo as "razóns" invocadas polos grupos fundamentalistas islámicos, apesar de que esas accións (e intencións) son obxectivamente contrarias aos valores das sociedades nas que vive e polas que loita a esquerda. Sobre o conflito árabe-israelí, é común que gran parte da esquerda asuma de forma paternalista, maniqueísta e totalmente sectaria as dores dos "palestinos", seica culpables de nada e vítimas de todo, e transferir a narrativa da "culpa" e do odioso para os "sionistas" (eufemismo politicamente correcto para verbalizar o odio aos xudeus de toda a vida).
Tal vez unha ollada para algúns dos puntos da Carta Fundacional de Hamas axude a esta desnortada esquerda europea, a percibir mellor o que está verdadeiramente en xogo e de que calibre é a axenda que defenden, comprenden e xustifican
"Israel will exist and will continue to exist until Islam will obliterate it, just as it obliterated others before it."
"The Islamic Resistance Movement believes that the land of Palestine is an Islamic Waqf consecrated for future Moslem generations until Judgement Day. It, or any part of it, should not be squandered: it, or any part of it, should not be given up. "
"There is no solution for the Palestinian question except through Jihad. Initiatives, proposals and international conferences are all a waste of time and vain endeavors."
"After Palestine, the Zionists aspire to expand from the Nile to the Euphrates. When they will have digested the region they overtook, they will aspire to further expansion, and so on. Their plan is embodied in the "Protocols of the Elders of Zion", and their present conduct is the best proof of what we are saying."
Da lectura da carta (que Hamas non pensa mudar nin á forza) é xa que logo evidente que Hamas recoñece que Israel existe....até que o Islam o elimine. E percíbese tamén porque razón os "acordos" nunca resultaran... son mera perda de tempo. Dolorosa e desgrazadamente.
Claro que nin toda a esquerda fica miope, algúns que non somos especialemente dotados a análise, militamos na esquerda mais non na miopía, cando non cegueira directamente, de gran parte dos nosos compañeiros de viaxe.
Compre, é urxente que a esquerda recupere a capacidade de reflexionar con liberdade, lonxe de maniquísmos estériles que só conducen a un calexón sen saída. É absurdo defender a virxinal inocencia dos palestinos após 60 anos de conflito. |