 Valoración da situación política do Comité Nacional de LAB tralas graves feitos ocorridos no aeroporto de Barajas.
Os graves feitos ocorridos no Aeroporto de Barajas en Madrid sitúannos diante da necesidade dunha reflexión profunda e serena do acontecido nestes últimos meses no denominado "proceso de paz".
En primeiro lugar, máis alá de lecturas e análises políticos, o Sindicato LAB quere mostrar a súa solidariedade con todas as persoas afectadas pola explosión de Barajas e especialmente cos familiares dos dous cidadáns ecuatorianos. A busca dunha solución democrática que sustente a paz en Euskal Herria e o Estado español, faranos sempre ser sensibles a un sufrimento que diariamente palpamos no noso contorna pola situación dos presos, familiares,... ou o inxusto e dramático estado de Iñaki de Juana; xa que logo, a nosa solidariedade con todas e todos os afectados.
Desde esta primeira consideración entendemos que é imprescindible adquirir unha distancia para valorar un feito de innegable repercusión no escenario político que se viña desenvolvendo.
A evolución de moitas variables na actuación e posicións dos Gobernos e a propia explosión de Barajas lévanos a unha constatación global que se pode resumir dicindo que NON SE PODE CONSTRUÍR UN PROCESO DE PAZ E SOLUCIÓNS POLÍTICAS SEN COMPROMISOS RECIPROCOS de todas as partes implicadas.
Para LAB, e interpretando a noso entender a opinión da gran maioría da sociedade vasca, é evidente que construír un proceso de paz e solucións políticas necesita dunha realidade de non violencia.
ETA fai nove meses declaro un alto o fogo permanente -só tres semanas despois da morte de dous presos políticos vascos nas cárceres españolas- no obxectivo de impulsar un proceso de resolución do conflito que, evidentemente, necesitaba dunhas condicións e garantías democráticas para todos os sectores políticos.
Neste sentido, manter a persecución e ilegalización de organizacións políticas e sociais, desenvolver todos os procesos xudiciais de criminalización da actividade política da esquerda abertzale, seguir coa mesma estratexia de detencións, extradicións... endurecer a presión contra presos e presas a través da "doutrina Parot" ou con sentencias como a de Iñaki de Juana, aplicar medidas vingativas contra presas e presos doentes e consolidar a dispersión... foron condicionando os compromisos mínimos que todas as partes teñen que adquirir nun proceso desta natureza.
Dixémolo en numerosas ocasions nestes últimos meses trala declaración de alto o fogo permanente de ETA. Era e é imposible CONSTRUÍR UN PROCESO PARA a PAZ E SOLUCIÓNS POLÍTICAS mantendo as mesmas medidas de agresión e condicionamiento contra unha esquerda abertzale que debe ser un suxeito político no mesmo. Resultou, neste sentido, decepcionante comprobar que o PSOE quería desenvolver un "proceso" jactándose de facer menos que o PP no 98-99. Así chegouse a unha situación insostible aparecendo os feitos de Barajas como reflexo dunha crise que tocou fondo.
Pero esta constatación, no marco dun feito grave como o de Barajas, non debe significar o renunciar á aposta por un proceso de paz e solucións políticas.
Mas alá da utilización de palabras para caracterizar onde estamos e como estamos ( proceso roto, non roto, suspendido....) LAB entende que é máis necesario que nunca establecer os mecanismos de comunicación, contraste e negociación que permitan a posta en marcha, con bases sólidas, do proceso para a paz e solucións políticas.
Desde LAB estamos convencidos que é POSIBLE, que é NECESARIO e que, ademais, esa é a vía para dar resposta ao desexo maioritario da sociedade vasca de construír un escenario que supere todas as expresións de violencia e respecte a vontade democrática da cidadanía á hora de determinar o seu status xurídico-institucional. Apostar polo contrario sería manter a confrontación, a conculcación de dereitos e o sufrimento sen perspectiva e, desde logo, sería volver a camiños xa transitados e coñecidos nas súas múltiples e desgraciadas consecuencias.
Con todo iso, LAB quere instar a todas as partes a abordar con responsabilidade e perspectiva a situación activando vontades e compromisos que realmente nos leven a consolidar bases e principios comúns, condicións democráticas para todas as opcións e posta en marcha da Mesa de diálogo e negociación. Isto é o que permitirá CANALIZAR de maneira definitiva un proceso de resolución do conflito que nos traia un escenario de paz e democracia.
Neste contexto LAB, como axente social comprometido cun proceso para a paz e solucións políticas, seguirá traballando co resto de sindicatos e organizacións sociais para activar iniciativas que sirvan para este obxectivo; pois, todos os traballadores e traballadoras en Euskal Herria, Estado Español e Francés temos moito que gañar cun proceso de dialogo e resolución e, ao contrario , moito que perder co mantemento dun escenario de confrontación e sufrimento.
Comité Nacional de LAB
Donostia, 4 de Xaneiro de 2007 |